Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004.



Nadal

nadal.jpg

Remata o ano. A señora María, coma de costume, vai estar rodeada de tódala familia. Dende Cataluña e outros lugares veñen a estar coa súa nai.
Peor foi a señora Adelaida. A súa filla botou dúas semanas para convencela e levala fóra do pobo. Cansada de tanto roular de aquí para acolá, pois foi dona dun membro do Corpo e a pelegrinación era a súa vida, sempre coa casa a costas. A estas edades non gosta de abandoar o seu recuncho polo que tivo que vir seu xenro, traer o coche, e a través do engano, escapar con ela. Non desexaba ir, polo que montou unha algarabía, no medio do pobo, en presencia dos viciños, que, ¡pobre muller¡, daba pena. Para estas situacións, coido que os servicios sociais dun Concello, deben estar preparados e dar solucións, polo que, como daquela, tivo que emigrar, ata polo Nadal.
A señora Pilar, espero que esté ben arroupada, polos fillos e netos. Seguramente lle ten aquelas cousiñas, que tanto gardan as aboas, e que logo ofrecen con tanto cariño.
O Xerardo, xa sei, segue igual, pero xurdiulle un problema. Non só a el, tamén ó Alex e a algún máis, pero sobre todo á María Xosé. Pechou o Cubano, polo que non teñen que ir “rezar” a San Lázaro. Xa non será tema de conversa o coche enriba da bairarrúa, ó redor da mediodía, de cor verde.
María Xosé si tivo sorte, porque o proxecto da ponte recollía unhas beirarrúas de metacrilato, polo que os miróns disimularían a pescar baixo a ponte e botar unha ollada cada vez que unha dona pasase por alí. Pode ir tranquila visitar á Virxen das Dores a pesar do peche do Cubano.
O Quin segue a facer o mesmo. Empolicado no taburete. A partida continúa.
Só se recordan Plenos coa exclusiva para un concelleiro e os da oposición coa teima da Comisión de investigación. A Moción de Censura pasou a segundo plano, pois a vida municipal sosegouse, aínda que os de Pazos se alborotan polo da empacadora. A pesar de que dunha exclusiva pasouse a tres e da comisión deixouse de falar. Non deberían ser temas moi importantes ou agora que se está no poder as cousas vense doutro xeito.

Felices festas e próspero aninovo a tódolos oíntes.

Jueves, 23 de Diciembre de 2004 20:19 Enlaza este artigo. sin tema Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris