Blogia
Crónicas Tamaganas

A Roma dos triunviratos

A Roma dos triunviratos O tío Colás vive no recuncho de arriba. O home, entrado en anos, non desperdicia ningún resquicio para darlle humor a súa vida. De feito, na súa cara, o sorriso, non se oculta. Aquel rostro irradia luz e dá a impresión de que non se esgota nunca.
Anda mal das pernas, aínda que o doutor mándao camiñar, pero só da unhas voltas no barrio e pasa días sen conectar co resto do pobo, polo que, se o desexan ver, hai que ir ata alí.
A xente entrada en anos, gusta das visitas e dalle pereza descubrir os seus encantos da xunventude, pero teñen moitas ansias de comunicarse e contar cousas que lle din os veciños, que de cando en vez, van facerlle unha visita.
As veces fala e fala e non hai maneira de que cale, debe ser que os viciños olvidáronse del e seguramente, leva días sen ver a ninguén, por eso, aproveita calquera momento da visita para parolar, como se estivese só ou pensando en alto.
Non se lle escapa nada e dicía que vai facer un ano que Verín ten tres alcaldes, como se esto fora posible, pero como llo din os visitantes, transmite o que escoita fielmente, e insiste manifestando que un dos tres ten que mandar máis, xa que non entende moi ben eso de tres alcaldes. ¡Nin que Verín fora a Roma dos triunviratos!
Non entende como foi ou é posible o entendemento entre os tres alcaldes, sobre todo, despois de criticar tanto ós independentes.
Enterouse tamén do acoso a que foi sometido un edil para que non firmara a moción de censura. Ceas en Maceda. Visitas por Allariz. No Campismo en Chaves e tendo que ocultarse perante unha semana nunha vila para que non souberan del. Estas declaracións, di que llas escoitaron pola radio. Remata dicindo que sempre o "ladrón pensa que todos son da súa condición".
Aínda que foi un ano tranquilo, sosegouse a vida política, a pesar dos andares pola xustiza, pero Verín ten que ser fiel e non pode deixar de ser un Concello con personalidade moi definida, con carácter.
O home está ó día das cousas do Concello. Ten sorte pois por alí pasan case tódolos veciños, e cada un conta da feira como lle vai, por eso déixase levar e só fai comentarios vagos e sen profundizar.
¡Hai que seguir gobernando con tres!

0 comentarios