Blogia
Crónicas Tamaganas

Chopos do campo de fútbol

Chopos do campo de fútbol Tivo que ir á revisión. Ó chegar preto do Hospital non daba crédito ó que estaba a ollar. Desapareceran as árbores frente do campo de fútbol.
A señora María botou man dun taxi para chegar ata alí, pois a súa filla a esas horas tiña traballo e o seu xeonllo non resistiría sen doer tanta distancia.
¡Desolador quedou o lugar!. Gastáronse máis de vinte millóns das antigas pesetas en adecentar o lugar e agora transformouse aquel sitio nun inhóspito e desabrigado recinto onda non hai para acurrucarse baixo unha árbore en días de calor.
A señora María, pensa en alto e di que a racionalización non existe na programación de obras a realizar. O impacto ambiental creado é provocador.
Hai outras maneiras de subsanar problemas deste tipo. A pelusilla que soltan as árbores pode ser causa da tala, pero pódese programar de tal xeito que non rompa o ambiente creado dunha maneira tan brusca.
Seguramente recaudaron uns poucos euros, pero unha administración pública non pode medir as obras desde o punto de vista económico. Chegaba con ir alternando a tala, replantando outras especies e podar as restantes. Así, ó longo duns poucos anos, sustituiríanse os actuais sen que o impacto fose tan esaxerado.
Don Feliciano Sola, coñecido como “Tainas”, foi o concelleiro que tivo a boa idea de plantar eses chopos que acaban de mandar ó aserradeiro, aló polos anos oitenta. ¡En paz estén!
Tomouse a decisión de eliminar o ben público en perxuizo da comunidade, a señora María pregúntase onde andan aqueles que tanto defendían as árbores do Concello, facendo manifestacións onde tivo que actuar a forza pública, ¡cando aqueles árbores foron trasladados e qué floridos están na veiga de Vilela e na veiga de Tintores!.
Estes tiveron outro fin. Esperemos que non sigan deixandónos sen zonas onde poder disfrutar dunha sombra perante a época estival.
¡Canto tempo para facer outra criatura!

2 comentarios

Anónimo -

gracias denis está bien que pienses así

Denis -

Creo que por cada arbore que se serra hai que plantar outra para manteñer o ecosistema da zona dañada.