Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Pelegrinatio

20060206143258-pelegrinatio.jpg

“Pelegrinatio” é o título dun libro da autora Matilde Asensi, que trata dun pelegrín que percorre o camiño de Santiago, por obrigación do seu pai, para purgar toda a súa vida chea de praceres, que viviu na corte de Barcelona.
O seu pai pono baixo as ordes dun templario, que lle indica a rota e cada un dos rituais a realizar en cada etapa percorrida.
Despois de chegar a Santiago convertiuse en xentilhome e adalide da Sabiduría e o Coñecemento, pois a maxia e o simbolismo do camiño fixérano apto para tal fin.

A señora Pilar tamén pelegrinou ó Santuario dos Remedios. Cumpre co novenario e remata sempre cunha esmola no peto da santiña.
Desta vez encontrouse cun problema. Por moitas voltas que daba o redor do santuario, cada vez vía máis difícil cumprir coa promesa.
Aquel corpo erguido, dereito e esbelto para unha persoa da súa idade, púñase compunxido, pois non había razón para non satisfacer a súa santa, porque faltaba a hucha.
Voltou para o pobo. De súpeto chaman á porta do patio. Era de noite. Pegou un berrido para recibir contestación e poder abrir con confianza.
Non recoñecera a voz. Abríu a porta e fixo entrar á visitante.

- Mire, ten que perdoar por non avisala a tempo, pero a esmola tena que botar en Verín, porque o “peto”encóntrase na rúa Luis Espada, pois así os devotos non tiñan que subir ata os Remedios. Debe apurar para que as súas promesas sexan tidas en conta polos dalá .

- Non te preocupes, miña queridiña. ¿Cánto hai que abonar?

- De momento son doce euros. Logo veremos se hai que engadir algo máis. Como non temos o poder, cadaquén paga o seu. Deu media volta. Mirouna de enriba a baixo e contestoulle: - Sempre paguei o meu.

- Non se despiste, pois isto remata pronto. Imos mal de tempo. Porque, olvídanse de vostede e, xa sabe, hai que facer algo por esas netas.

A señora Pilar, coma sempre, pensando no futuro das netiñas baixou a Verín e botou a súa esmola no “peto” de sempre.
Claro que o “peto” non tiña santiña, tiña santurrón.

Domingo, 29 de Enero de 2006 10:37 A. Rolán Enlaza este artigo. Verín

Comentarios » Ir a formulario

verin

Autor: jacobo garcia novoa

lino todo , e usted o que sale na foto colo

Fecha: 02/02/2006 17:41.


Autor: plata

le doy las felicidades por su pagina 10+0=10

Fecha: 05/02/2006 13:53.


Autor: plata

para que sepa que tengo calculo
10+0=10
5+3=8
7+9=16
4+6=10
3+x=3 3-3=0 x=0
NO ME SUSPENDA MATES SE LO RUEGO

Fecha: 05/02/2006 13:56.


gravatar.comAutor: plata and morais

felices carnavales para usted apruebame el examen

Fecha: 24/02/2006 16:09.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris