Blogia
Crónicas Tamaganas

Votos do máis alá

Votos do máis alá Miña cara Luisa: “ata os mortos votan”. Seguramente que túa tía recibirá a propaganda de tódolos partidos políticos. Descansando como está na cidade eterna e que rompan a tranquilidade do seu sono, con estas misivas demostran a pouca sensibilidade que teñen ao solicitar o seu voto ou, como neste caso, felicitándolle as festas navideñas.

Saberás, miña cara Luisa, que tanto no teu concello coma nos outros, daquela era unha norma o inflar os censos con todo tipo de nomes, porque segundo o número de habitantes reciben os correspondentes cartos do estado.
Agora, ademais diso, necesítanos para conseguir máis votos e así máis concelleiros. É dicir, para gobernar, para mandar, en definitiva, para tomar o poder municipal. Para manterse na poltrona, non para servir aos concidadáns.

Tamén pode ocorrer que non se revisara o censo, pero neste caso son moitos anos de soterrada os da túa tía. Polo tanto, algo tivo que suceder para que se manteña na listaxe do censo do teu concello.

Claro que a señora Dolores Flora non irá votar, pero recibirá as papeletas de tódolos partidos que se presenten nas próximas eleccións municipais.
Ti serás a que recollas as papeletas, pero terás un problema, xa que non poderás emitir ese voto. A non ser que ocorra como contaba miña tía, emigrada, aló nun pais sudamericano que podían pasar a votar as veces que desexaran, porque non había control naquel consulado.

Iso chámase eficacia censal. Ou chámase trampa censal, pero o que si está claro é que todos xogan co mesmo.

Chama moito a atención de que os axentes censais non cubriran ben os folletos correspondentes, pero o que si está claro é que a túa tía fai máis de seis anos que está no camposanto, e recibiu a felicitación polo nadal. Serán as meigas as culpables de todo.

Xa sabes que isto de inflar as listaxes do censo é practica dos partidos cos afiliados, botando por terra o que din os estatutos:

- son só afiliados os que están ó corrente da cuota anual.

Así acuden máis representantes ós congresos e poden inclinar a votación cara o candidato que máis prebendas concede.

¡Bendita a señora Dolores Flora que recibe misivas de calquera partido, cando os verdadeiros afiliados mándanos ó ostracismo!

Como a finada señora Dolores Flora non ten culpa disto, nin nunca pensou ser protagonista desta narración, rogamos a Deus que siga téndoa ó seu carón e nós pregoamos para que así sexa.

0 comentarios