Blogia
Crónicas Tamaganas

O centenario

Miña cara señora María: coma cada ano, celebrouse na vila a festividade da Nosa Señora da Mercé. Os romeiros acudiron a cumprir coa santa porque lles concedeu a graza que lle rogaron, perante o ano.

A igrexa da Mercé está no corazón da vila, polo que os desprazamentos son curtos e así a señora María non ten que abusar da filla ou da veciña, para que a acompañen, ata o convento mercedario.

Non lle importa que haxa cadeiras polas beirarrúas, porque ten localizados, ao longo do percorrido, todos os escaparates que lle permiten  acougar un bocadiño no seu peitoril.

De todaos os xeitos, camiña máis erguida e parece que pronto abandonará a muleta. Seguramente que a virxe da Mercé acordouse dela.

O que non lle gustou foi que o Concello programara a semana do centenario de D. Xesús Taboada Chivite nas mesmas datas, porque quería escoitar aos relatores e sobre todo a  intervención dos participantes, porque tiña noticia de que intervirían o seu sobriño e D. Xaquín González, como representantes dos antigos alumnos.

Anécdotas hóuboas para todos. O máis salientable foi a calidade humana do autor, da que falaron todos os presentes. Faltou analizar o tipo de pedagoxía pola que se rexeu a desaparecida academia verinés. Faltaron intervencións moi interesantes de persoas que presenciaron os actos.

As persoas políticas locais que participaron no centenario deberon preparar mellor a súa intervención, en cada acto, xa que Verín debe ser modelo en calquera acontecemento cultural.

Os munícipes preocupáronse máis por enlearse que de se houbo ou non invitación a outros estamentos e de facerse a foto, antes que de facer acto de presenza, para dar exemplo aos veciños, como representantes públicos que aman a cultura.

Preocupoulles máis falar dun futuro auditorio, que de dar apoio aos familiares e ver que aínda houbo cadeiras baleiras.

Fáltalle a este rexedor orgullo de estirpe, porque sempre está a chorar, para que outros lle fagan o que non foi capaz de realizar, despois de levar na política local case un cuarto de século.

Por falta de oportunidades non foi, porque tivo compromisos de concelleiros da Xunta de Galicia, con partidas orzamentarias, como foron o finado D. Xosé Cuíña Crespo e D. Xesús Pérez Varela. Os verineses deberían preguntar de quen foi a culpa...

A veciña contestoulle dicindo que é moi normal que dende a institución local fagan destas cousas, o concello colaborou na peregrinación nocturna ao santuario dos Milagres. A isto chámaselle defender os intereses dos negocios da vila, que por certo, pagan os seus impostos cada ano.

Verín ten tres parroquias, que celebraron a festividade da virxe dos Remedios: Vilamaior, Tamaguelos e Feces de Cima, e non tiveron a mesma participación institucional, para facilitar o desenvolvemento adecuado en cada unha delas.

No santuario dos Remedios a falta de colaboración para ordenar o tráfico e a ausencia de Protección Civil para casos urxentes, ante tantos devotos, foi a guinda que colmou o vaso da colaboración institucional.

Sen embargo vai gañando puntos na festividade da Virxe da Mercé.

1 comentario

Xoán -

Sr.Rolán,totalmente da acordo co seu escrito.Estos rexidores sóo miran por os seus intreses.Eu tamén pido un pouquiño"dapoio"nas festas da Santa-Cristina de Tintores.Un Pobo,que relixiosamente benera con tanto fervor a Sua Patrona,e ó concello nonlle pon nin unha triste charanga.¿pregunto onde van a parar ós meus impostos,que dende Barcelona pago,para conservar a casiña dos nosos PAIS-QED.,e unha vez o ano ir a Festiña.
Os politicos-locais,que cuiden máis os seus contribuientes.
Os contruduientes(o millor teñen o que iles buscaron).
Unha aperta.Xoán