Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


carnaval 2012.-

Verín- CRONICAS TAMAGANAS.—Carnaval 2012.

 

 Miña cara señora María: O carnaval da vila é o máis longo da xeografía galaica, pero non respetando os días sinalados polos eruditos, senón en canto  a días festeiros sen traballo, todos seguidos. Non quere dicir que aquí se viva  sen dar golpe, pero pérdense moitas horas de xornal é iso non é rentable para ningunha empresa, que, con esto da crise, van quedando pucas ou están a mínimos.

  Prográmase para beneficio individual e consíntese, sen darse de conta, que tantos días sen producir non é rentable para ninguén. Así hai veciños que aproveitan esta xuntanza de días para largarse fora. É dicir, á vila veñen foráneos e os nados van fora. Outra maneira de vivir. Polo que ,dentro de pouco, este carnaval perderá a súa ideosincrasia, porque os da fora non o sinten, nin o viven, como os de aquí . -Que llo pregunten ao Fanfán. – Sacou ao vello da casa para dar unha volta por onde quere. –E que non o leve!.

 A pesar das ameazas dos cigarróns-peliqueiros o carnaval mantívose ben. Apareceron, despois de catro anos, os X`Anganos, deslumbrando coas súas carrozas de animais desproporcionados. –Por certo, destacaron e chamaron a atención, a pesar de que eran repetitivas. –Catro anos sen desfilar son catro anos e a xente esquece pronto.

 Moitos visitantes e espectadores o domingo e moitos menos o martes, pero no conxunto, todo resultou agradable e beneficioso.

O que nunca se acerta é coa colocación dos participantes e moito menos cos cigarróns-peliqueiros. É curioso e pouco agradable observar a queixa dos cativos, que lles resbala o carnaval dos grandes ou polo menos o desfile pola súa incomodidade na participación militarizada que lle queren imprimir e nada gostosa para eses futuros entroideiros. Un desfile encorsetado como é este, no que tanto o traxe como os seus elementos de axuste ao corpo, faino moi incómodo para estas futuras  persoas entroideiras. Unha posible frustración de pais é o que se vislumbra neste tipo de actuacións, que por certo non axudan ao desfile, coas súas interferencias no reclamo dos seus retoños.

 -Orquestras si, orquertras non fan que o carnaval provoque discusións que fan olvidar outros temas de máis categoría, polo que son entreteñementos que facilitan o disfrute e manteñen una conversa en cada bar. Deberían experimentar con outras programacións e con outro tipo de música, para ir perfilando algo, que resulte tan atractivo e menos costoso, porque a crise chama a isto. O que si deberían facer é non covertir o carnaval nunha festa calquera, porque non o é.

 Haberá que evolucionar cos tempos e haberá que reprogramar os días entroideiros adaptándoos os novos tempos, porque hai novas necesidades.

 Poderíase pensar en pasar o xoves de comadres ao venres e o mércores de cinza laborable, como noutros lugares, porque dá a impresión de que aparecemos coma os “vagos “ do sur da provincia, con tantos días festeiros. –De xoves a xoves festas-descanso. –Non hai país que o soporte.

 A financiación debeu ser excelente a pesar das cuitas que se escoitaban ou lanzaban intencionadamente, porque orquestras houbo a esgallla. – Asi é máis doado subvencionalas. -A isto chámaselle preparar o terreo.

 Deberían copiar de Laza, no que o concello non aporta nin un céntimo. A explicación é moi sinxela. Se os cartos son públicos están facendo participar  a todas as parroquias nunha festa que só se benefician os de Laza, polo que non hai subvención. –Así de simple a explicación. Os bares de Laza chegan a pagar ata seiscentos euros uns e outros, os da periferia, uns trescentos. O resto os veciños ou botan man do que recaudan do monte.

 Na vila o que máis aporta a esta festa está ao redor duns trescentos. Tamén hai máis negocios, pero o concello debería facer como en Laza, porque senón está perxudicando ás parroquias, porque a cuantía aportada, para a súa festa patronal, é mínima ou encúbrese con mandar a banda de gaitas para contentar  ao persoal.

 Así e todo o carnaval continúa seu curso, pero non se debería convertir en “botellón”, como se está a facer, ano tras ano, dende un tempo a esta parte.

 

                                             Verín, 27 de febreiro do 2012.

 

                                                   Adolfo Rolán

 

Lunes, 27 de Febrero de 2012 11:07 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

verin

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris