Blogia
Crónicas Tamaganas

morte....


 Miña cara señora María: -Bisbarra de Monterrei e van dúas mortes!.
 Ao parecer a vida das persoas conta moi pouco para a administración.
 -Chegaron, deixáronse ver, dixeron as verbas que quixeron e borrón e conta nova. –Así de sinxelo!.
 Nesto consistiu a cerimonia. Ninguén se preguntou o porque da morte. –Unha neglixencia!. Chega con acompañar aos familiares no sepelio. É un máis. Estase a convertir isto en Euskadi, non na cantidade pero sí na actuación de algúns políticos. O que se leva é a foto e verbas rimbombantes, que gosten, que caigan ben, aínda que algúns pensen o contrario, pero “a min” deixáronme convencido de que actuei ben.
-Que lles importa aos familiares os autores do lume se quedaron sen seu ser querido?. –Este tipo de discurso está ben para saír do caso, nunha resposta parlamentaria, pero non diante do cadaleito.
 Non hai políticos que respondan ás necesidades dos votantes, hai individuos que se colocan e perduran para convertirse en casta. Só van o deles e se fai falla xogan cos sentimentos das persoas, aínda que sexa neste tipo de actos. –Querer quedar ben para chegar á casta.
 -Non buscan, nin hai responsabilidades políticas nin técnicas. Palabras para embobar.
 O que sí está claro  é que houbo un accidente e como consecuencia unha morte. –Chama moito a atención que pronto se deixaron escoitar frases como: -“Levaba moitos anos de brigadista”, e tamén que se debeu despistar, insinuando que non era novato polo que xa entendía de lumes, polo que lle puido pasar a calquera, tratando de eludir responsabilidades dos mandos. –Nunha palabra, tratando de botar balóns fóra.
 -“Ningún brigadista vai a seu aire”. -Terán que ter un responsable que dá as ordes para ocupar os lugares correspondentes. Ou os brigadistas da Xunta son a cova de Alí Babá?. –Haberá que ser  serios e non se debe xogar coa morte de ningunha persoa.
 -Seguro que non vai pasar nada. Seguro que ninguén mandou nada. Seguro todo queda reducido ao que un dos compañeiros manifestou nos medios de comunicación. E así remátase unha morte. Que pouco valor se lle dá á vida!.
 Danse moitas causalidades, pero o que importa é vender  a imaxe, o fondo, as causas, apártanse ou desvirtúanse para salvarse e a vida ten que  continuar. Non se debe perder o tempo en análises sinxelos, cando a crise é profunda, pero a vida....?.,-“ a miña continúa, politicamente falando, saín nos xornais e como? .-ben,- respóndenme. A primeira hora de cada mañá póñenme cada xornal, cheos de coloríns, remarcando cada foto, cada frase, facéndome ver que estiven á altura das circunstancias e procurando darme xabón a cambio, xa sabes de que?. –As verbas que pronuncie escoiteinas ben. –Iso parece, porque o atestiguan os xornalistas. –Vou ben. Isto funciona. –A morte?. Ah!. Pero estiven nun enterro?.- Moitas grazas.
 Hai que dicir que sae unha noticia na que se di que estarán presentes certos políticos, que por certo é normal, pero o que non é normal é que primeiro vaia un e logo aparezca outro. –Como apareceu o señor Secretario Xeral do PSG-PSOE, porque o Concello do lugar do accidente, rexéntao un alcalde socialista, houbo que contrarrestar este efecto coa presencia do señor Presidente da Xunta.
     –Ata coa morte dun brigadista se fai política!.

                                        Verín, 30 de marzo do 2012.-

                                         Adolfo Rolán.-
 

0 comentarios