Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


chantaxe....?

    Verín- CRONICAS TAMAGANAS.  Chantaxe?

  Miña cara señora María:  -E agora que?.

 Toda a vila está pendente da catalogación no PXOM  das fincas números 24 e 25 do polígono 105 do catastro de rústica, da zona de Infistela de Verín, que o xornal de Prisa diu, como noticia, o día 30 de novembro do 2011, da compra, por parte do rexedor verinés.

  Aquí está o dilema: Expor ao público o PXOM ou tratar de ocultalo o maior tempo posible?. –A resposta está no maxín de todos: -hai que cumprir coa lei. –Hai que falar co “promotor”, que pasiño a pasiño, vai vendo o que quere, porque bota man dos artigos que o amparan e non se achica ante o personaxe, coma outros, porque goza dunha boa asesoría. – Nunha palabra, non se arruga.

 Esta clasificación das fincas venlle como auga de maio a todos aqueles que se sintan perxudicados na redacción do plan de ordenación urbana do Concello, porque pode empregarse como unha posible chantaxe para subsanar as súas deficiencias “intencionadas”.

 -E agora que? –Esta pregunta estase facendo dende hai un tempo. Canta  metedura de pata!.- E a  insitencia na clasificación en rústica?. –Iso de ir deixando “pedriñas”, como o Pulgarciño, para saír do bosque está ben, pero aquí poden arrastrar ata a miseria política ao interesado. –Non hai que ter pena por quen está deixando a vila no baúl dos recordos, case morta.

 Corría o día  17 de decembro do 2005 e o xornal da Coruña, La Voz de Galicia, facíase eco da seguinte noticia: -“Al menos un promotor verinense está recibiendo, supuestamente, información privilegiada de las zonas que serán recalificadas en Verín con la reforma de Plan urbanístico”. –Continúa o xornal: “tengan cuidado  con las ofertas de compra de terreno que reciben por parte de los de siempre”.....” y si reciben esa oferta es que el terreno va a ser recalificado y el ofertante tiene información privilegiada”. –“Preguntamos al resto de arquitectos si les habían citado a todos y se nos dijo que no “.

 -Todo isto continúa o xornal, refírese aos terreos do perímetro rural que circundan á vila.

 -“Pola boca morre o peixe”. As únicas fincas do “rural” que teñen dúas informacións dadas dende o concello son as que saíron no xornal do País –Galicia, con data 30 de novembro do 2011. As compradas por el. –Que por certo, como o propietario éralle “amigo” baixoulle o prezo, según o mesmo xornal.

 Ao parecer o promotor, comprador e de suposta información privilexiada debe ser o “taifiñas”, porque, de momento, para ben ou para a ruína, dirixe o concello verinés.

  Hai que ter pouca categoría de persoa para  empregar as novas, denunciando unha suposta manobra dos anteriores rexedores para cos seus amigo, cando a única persoa que tivo toda a información de calquera plan de Verín foi el. Sobre todo nunha vila onde se coñecen todos os veciños.

 -Tiraba pedras sobre o seu propio tellado, para desorientar e botándolle, coma sempre, a culpa aos outros. Ise é o personaxe que rixe, coma no Renacimento, os destinos do concello verinés. Saírse coa del, ainda que sexa como sexa.

 -Maquiavelo, na súa obra, quedou curto ao lado de individuos, que aproveitándose, da dictadura partidista, medran baixo as siglas da correspondente organización. -“O fin xustifica os medios”,  afirmaba. Neste concello a obra está en plena efervescencia. Flulle como auga do Támega, pero limpa, non como fai uns días que chegaba toldada ás viviendas, que pagan relixiosa e claudicadamente, sen o menor ruído, as subas da contribución urbana e o imposto de circulación.

 E non só isto, senón que para ter dereito á audiencia en defensa propia, como pode ser solicitar auxilio ante posibles algaradas ou ruídos , na rúa ou na vivenda do lado, hai que por unha fianza de trescentos euros como aval. –Non chega co que contribúes, senón que ademáis ter que pagar o servizo. Que servizo prestan , entón, os concellos , aos seus concidadáns?.- Indefensión total das persoas ante todas estas tropelías dos gobernantes correspondentes.

 O portavoz daquela denuncia xornalista e o rexedor actual son a mesma persoa.

 

                                            Verín 3 de xuño do 2012.-

 

                                            Adolfo Rolán.-

Domingo, 03 de Junio de 2012 10:32 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris