Blogia
Crónicas Tamaganas

mentiras.

Verín. CRÓNICAS TAMAGANAS. Mentiras….!

 

  Miña cara señora María:  Se vostede mergullase nas hemerotecas, seguramente estaría abraiada das novas coas que se encontraría.

 Se vostede chegara a ler as fotocopias dos xornais que un funcionario colocaba enriba da “mesa” tódolos días do ano, seguro que pouco aprendería, cando lese os “pensamentos” que sairon desa maxín.

 Se as fotocopias volveran ao lugar ao que pertencen e foran motivo de análise, de expertos, para que desen un diagnóstico axeitado, sería máis que suficiente para que os votantes tiveran criterio á hora de votar. -Aínda que esto dubido de que acontecera.

 Se lera o xornal provincial do día 7 de xuño na páxina 20 encontraríase con “pensamentos” como: -“EL NO TENER PLAN DE URBANISMO, A LO MEJOR NOS SALVÓ DE ESTAR EMPEÑADOS”. –Empeñados de que e quen?. –Os inversores saben o que fan. Non necesitan que ninguén lles diga onde invertir e nunca na vila se construiron grandes urbanizacións, a maior parte son edificacións individuais Pola contra quen deixou de ingresar as tasas correspondentes foi o concello, polo que é mellor un mal Plan, que non ter ningún, ademais esta situación préstase a todo tipo de chanchullos.

  O titular pon de manifesto unha nova faceta, se se toma o pé da letra, que debe ser a de constructor na propia vila. –Interesante!. - O que si expón o título é a ineficacia e a inoperancia supina para cumplirr coa promesa electoral de que en tres ou seis meses estaba finiquitado o PXOM. –“Para longo mo  fiais”!.

 A incompetencia desta longa vida política, na vila, para xestionar “algo” que poida crear algún posto de traballo é constante e aínda maís é que segue e segue.... -Un gran defensor dos postos de traballo na bisbarra. -Non lle importa, porque vive ben, polo que os veciños teñen parte de culpa, porque...., -vótano!.

 Calquera que lera a nova do día 15, do mesmo mes, pensará que as obras neste concello aparecen feitas por arte de birlebirloque e que todo se fai como aquí sobraran os cartos. –A frase é: “.........y adecentamos las fachadas y el firme de las calles”. –Que firme  de rúas?. –Se levan remodeladas un par de lexislaturas. –Que fachadas?. Se a única que se adecentou foi a casa dos calzados Salgados, que antigamente tiña un corredor sobre a Praza,  que por certo non se recuperou, e pagouna o propietario, como debe ser, pero non o concello. Noutros tempos, neste edificio, estiveron as dependencias municipais, que por certo coroan a fachada da rúa Maior dos escudos.

  O interesante é falar aínda que un se repita e diga desatinos coma estes.  Hai que  saír nos xornais, ainda que sexa contando o de fai un mes, porque así mantén en vilo aos veciños e lectores. O problema plantéxase cando o veciño está lendo e dase conta co que le non concorda coa realidade porque el vive no lugar mencionado.- Entón?. Alguén dixo, fai tempo, que non conta unha verdade nin a súa propia sombra. -Excelente definición. –Isto chámase coñecer ben ao personaxe.

 A loita cos comerciante da parte vella da vila acarreou problemas. Un día, con premeditación e alevosía, apareceu, vestido de chandal, dirixindo e mandando ubicar cada banco e cada maceta no lugar que sinalaba. Un dos bancos xa foi retirado catro veces por un industrial, porque lle impide descagar a mercadoría, pero outro intentou algo máis pero a presencia das “Forzas” impediron que levara a cabo a súa intención.  -Algún comentou que iso é provocar. - Ía lucir o chandal, porque traballar, traballar non sabe. Rememorando os tempos de cando apareceu pintando as raias amarelas, para que os conductores aparcaran no novo parquin, como se comentou , daquela.

 -Coméntase que os afectados por estas medidas teñen preparada unha denuncia, a ver se son capaces e prospera.

  Hai novas que non repercuten nas persoas, pero hainas que demostran o tipo de individuo que se é, en pouco tempo vai suceder  algunha, que vai demostrar o que outros xa demostraron coa súa fuxida. E non vai ser un político, senón unha persoa, que daquela fardou de que  o fichara, polo que esta “héxira”, aínda é máis significativa .

 Esta nova non é un presentimento, nin futurismo son verbas saídas da boca do interesado.

  Todo se andará. As cousas están no sitio adecuado só falta empuxalas un pouquiño.

 Que todos os meus lectores disfrutedes dunhas estupendas ferias. Unha aperta.

 

                                               Verín 5 de xuño do 2012.-

 

                           Adolfo Rolán.

0 comentarios