Blogia
Crónicas Tamaganas

Mítines.-

 

          Verín. CRONICAS TAMAGANAS.  Mítines....

 

 

Miña cara señora María: Coincidencia plena, na hora e no día, para celebrar os mítines os dous grandes partidos da política española.

 Nos lles chega vaciar os bolsillos dos contribuíntes, senón que ata para prometer coinciden.

 O candidato popular debería chegar á vila e ver o que se está a facer coas empresas e cos comercios e demais negocios e ser capaz de tomar algunha decisión, tratando de que non pechen e non larguen ós empleados ao paro. Exemplos que están a suceder no casco vello.

   Debería tomar cartas na  eurocidade Chavesverín e en Puertas de Galicia, facendo que estes organismos tomaran corpo de sepultura, desaparecendo, porque responden máis a “caprichos” políticos que beneficios para a bisbarra e plantexarse que onde debe inxectar cartos é no castelo de Monterrei, facendo da acrópole, o reclamo que tanto necesita esta zona e tamén nos parques empresariais, porque, se non hai empresas, tampouco haberá postos de traballo para a xente descolocada e a nova. Que miren para os lusos da raia!. Como medra o parque empresarial de Outeriro Seco e con empresas españolas!. –Algún día falaremos da famosa e tan anunciada Loxa do Peixe, por parte de polítiquiños, agora na Xunta.

 

 Non se trata de chamar, vía telefónica ou vía correo electrónico, -habería que ver quen paga estes gastos!.- á xente para encher o pavillón e contentar aos xefes de Santiago ao veren canto “coitadiño” estaban sentados para escoitar unhas verbas que nunca se fan realidade. –Cando o código penal recollerá como delito estas promesas!.

 Tirar cos cartos, según comentarios dos xornais, falando de facturas sen as mercadurías e máis cousas, vendo que, tanto a acrópole como o parque empresarial están para alimentar a fauna e non hai vergoña ao presentarse na bisbarra, para dicir sempre o mesmo.

 Señora María, a xente non se cansa de escoitar todos os días as mesmas tonterías, ou, só ven a facer bulto e quedar ben co cacique de turno?. -Renego a que isto sexa así. De todas as formas algo debe haber, porque un correlixionario bloqueiro, cambiado de chaqueta, aplaudía con tanta intensidade, que foi comentario da rúa.

 É difícil de explicar, asimesmo, a presencia do señor Blanco no outro mitin. –Cando unha persoa está baixo sospeitas, polo ben do partido, debe quedar nun segundo plano, ata resolver eses problemas.

 Hai que decir que votar é algo máis que emitir un voto ou meter un sobre dentro dunha furna, porque pódese estar axudando a que a corrupción campee por doquier.

 Frase lapidaria destas eleccións foi a de Beiras: “hai que varrelos cunha basoira de xestas, coma daquela”. –Meu pai tamén as facía de cudeso.

 Pero a anécdota do domingo estivo na igrexa da Mercé. Coma de costume chego un pouco tarde e recunco na entrada. Sempre están as mesmas persoas e sentímonos coma veciños. Nembargantes cambiei de sitio e púxenme ao lado dunha persoa, que si sempre ocupa o mesmo lugar, nas cadeiras da entrada. Chegado o momento comenta que da ringleira de persoas que van a comulgar a gran maioría delas, non irían si se tiveran que confesar. –Respóndolle que a igrexa católica cambiou moito. Insiste, apuntando, que vai o alcalde. –Non me fixara, porque acude sempre á misa das doce e media. Levanto a vista e véxeo vir de comulgar. _Como comprenderá ten vostede toda a razón, porque comulgar debe ser ou é o acto máis sagrado da cerimonia relixiosa.

 Para este tipo de individuos non hai deus nin deusa que se apiaden deles. –Moito teñen que purgar!.

 

                                                 Verín, 22 de outono de 2012.-

 

                                                   Adolfo Rolán.

0 comentarios