Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2012.

Inauguracións......

 

Verín- CRONICAS TAMAGANAS-Inauguracións.....

 

 

Miña crara señora María: -Por fin os políticos toman a crise en serio. Mire se a toman con seriedade que hai que dicir como se as argucian para poder saír nas novas, tanto xornalísticas como televisivas, e sexan recoñecidos.

 -Hai un programa na Consellería de Educación, que se recoñece co nome de PLAMBE. Este programa está orientado cara os centros educativos co fin de que dispoñan dunha biblioteca adecuada aos tempos nos que nos encontramos. Pero este programa nunca chegou ao colexio público “Princesa de España”, ubicado na vila de Verín.

  Os profesionais da educación do centro vendo o que estaba a suceder  ocurríuselle dirixirse ás altas instancias educativas, aló nos santiagos, e conseguiron, a pesar de que non había partida orzamentada, unha “axudiña”. Pero cunha condición: -“Había que darlle publicidade e facer unha inauguración coa presencia dos “politiquiños” de turno”. -Bendito meu feito-. Asi aconteceu.

 -A casta política cae tan baixa, que lles vale calquera cousa, aínda que sexa unha biblioteca, que é condición “sine qua non” en calquera colexio, para saír nos medios “mediatizados”, por eles, despois de negarlle con anterioridade a súa correspondencia no programa. –Todo estará programado?.

 Hai que resaltar que foron tan cativiños na cuantía, que a responsable da biblioteca desprazouse á Coruña, co seu marido, para comprar en Ikea. Logo, o seu marido tamén participou na montaxe das estanterías. –Pero non saíu nos medios de comunicación-.

 Isto non queda así. A “Carrada do viño” deste ano foi sondeada para que participase na programación da eurocidade Verínchaves. –Sempre buscando na sociedade civil para aproveitarse dela. A resposta foi a esperada: -“os políticos acaban con todo”.

 A bisbarra anda a deriva sobre todo dende que anunciaron o peche do Parador de Monterrei. Quince familias que se suman ao paro e que se suman a inactividade. Triste pero estes tempos recollen o que se sementou peranteo oss outros. Aquí recoléctase o sementado. Pero os votantes errre con erre, mantéñenos na poltrona.

 -Acaban coa xoia da coroa. -Os paradores foron o emblema do turismo hispano e polo tanto do galaico. Obra do fundador do partido popular  señor Fraga. Se levantase a cabeza e vise quen son os que os desmantelan pronunciaría a súa frase: -“os paradores son meus”. Os socialistas non lle tocaron e veñen os peperos a finiquitalos.

 Xa que estamos co turismo vexamos as tertulias tabernarias: -“O goberno

“fode” o turismo.

 

 Realízase unha chamada telefónica dende a institución local ao empresario que se fixo coa adxudicación da lonxa agropecuaria: -está el señor?,  –de parte de quien?, le contestan. – del señor alcalde. –Un momento, por favor.

-Ponse ao teléfono o empresario e pronuncia: dime.- Ao outro lado da línea telefónica:– Herminio, como me fixeches isto?. Eu non che merecía todo isto que acabas de facer. –Explícate, eu non che fixen nada?. –Como que non, lo..., non contrataches aos do Bloque para traballar na lonxa?.

 -Síntoo moito, o Eloi é moi amigo meu dende fai moitos anos e o que me pida, cúmplollo.

  A vós, meus lectores, deséxovos o mellor para estas festas do nadal e que o aninovo, polo menos que sexa coma este. Unha aperta.

 

                      Verín, 16 de decembro do 2012.-

 

                         Adolfo Rolán.

 

Sábado, 22 de Diciembre de 2012 22:38 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris