Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2012.

Verinchaves

  Verín-CRONICAS TAMAGANAS. Verinchaves...

 

Miña cara señora María: Curioso o que ocorre con isto da eurocidade Verinchaves.

 Os da vila sempre miraron aos do outro lado da raia coa mesma mirada. O taifiñas non o dimsimula nada e de vez en cando da a nota.

 O señor Presidente da Cámara de Chaves despois de participar na inaguración da “excelente  sé” fixo unha invitación ás autoridades españolas, dígase galegas, para que fixeran acto de presencia nunha ampliación dunha empresa no cercano polígono industrial de Outeiro Seco. Os galaicos coma se non oiran, fixeron oídos sordos e disculpáronse, facendo ostentación de que tiñan que visitar un futuro viñedo, produto dun banco de terras, aló en Vilardevós.

 O que non contan os galaicos é que lle daba vergoña participar en algo que se lle escapou das mans o rexedor verinés, por incompetente político.

 O industrial fartouse de buscar terreo para a súa implantación en  Parques Empresariais da bisbarra de Monterrei. Teñen unha nave en Oimbra pero como non puideron aumentar esperaron a ver se nos futuribles parque de Verín podían cumprir a súa idea, pero só os lusos foron capaces de por a súa disposición e no tempo adecuado as naves para a súa ampliación, polo que o señor Presidente da Cámara Flaviense estaba na situación adecuada para inagurar e ademais todo se englobaba na eurocidade.

 Isto demostra a fe na eurocidade que sinten os políticos verineses, ningunha, porque ningunha é a simpatía que lle teñen aos raiotos dende a política local. Servirse deles si, pero só paea seus intereses. Prestarse apoio, ningún, e menos se son eles os que quedan ben.

 Da participación do señor Feixoo hai que dicir que non se debe estar en algo que é un estorbo, nesta época de crise. Porque crear gastos administrativos e nada de ingresos e ir en contra da súa forma de gobernar,  porque  iso é o que lle vende e fai sufrir aos galegos. Se se reducen gastos en áreas imprescindibles, como educación e sanidade, non se pode gastar, non só en algo que non xenera riqueza, senón que vai ser gastador, porque agora hai que abrila e colocar algúns “enchufadiños” para ocupar aquelas dependencias.- Non van estar baleiras de persoal!.

 Tampouco dixo nada sobre as referencias que ambos mandatarios locais fixeron sobre que ambos estados teñen que lexislar para que este tipo de institucións teñan máis competencias, cando se está nun momento en que calquera institución pública pasa por momentos de pouca ou ningunha solvencia e credibilidade. Demostra pouca actitude crítica sobre pronunciamentos poucos serios por parte dos taifiñas de ambos lados da fronteira.

 Tampouco é isto serio, cando se deixa fora desta organización ao resto dos concellos de ambos lados da fronteira. Queren mamar iles sós desta vaquiña que xa está esquelética de tanto tirarlle dos tetos, que se chama Europa.

 Diante do concello exhíbese a “cartao” da eurocidade como se fose a solucionadora de todos os males dos raiotos. Os eurocidadáns teñen que solicitar esa identificación para que poidan beneficiarse de todo o que hai a ambos lados da fronteira. –Non haberá problemas porque os identificados non porán obxecións a algo que non lle corresponda, polo que deberán comprender cales son os lugares onde a deben presentar. Seguro que non, cando se senten a comer o bacallau.

 Entón para que serve? . -Para dicir que son eurocidadáns raiotos. Iso xa están fartos de sabelo. Para iso non lles fai falta, porque cheos de “cartaos” están ata o nariz. O que necesitan é menos control e menos identificacións, porque chegará o momento en que non distinguirán a súa verdadeira nacionalidade.

 Xa está ben de organismos controladores. O que necesitan os raianos é que os deixen seguir facendo o de sempre. Chégalles con ir ao mercado os mércores pola mañá, para comprar, naquela praza, produtos da terra e tomar un cafeciño sical a sesenta céntimos, que menos non se consegue con ese “cartao”.

 Dar unha volta polos xardíns e espacios de ocio e lecer a ambas ribeiras do río Támega. Ver como teñen todo coma unha postal. Rubir, baixar por rúas que envolven a quen transita por elas enchéndoo de historia, que por algo son flavienses.  Bebendo da auga das termas a calquera hora do día, porque é necasaria para calquera doencia, sabendo que Chaves ten o que neste lado non se ten, nin se consegue e menos con “cenadores” , que non ve o que calquera ve. -Copiar deles. Que non haxa vergoña!.

 Canto deben aprender, pero para aprender é necesario ter e querer para saber coller o que os outros fan para polo ao servizo dos cidadáns sen pregoalo por doquier, porque  no silencio está a bondade de facer.

    -Teñan coidado ca “cartao” a ver se lle dan unha falsa!.

 

                                        Verín, 24 de abril do 2012.-

 

                                  Adolfo Rolán.-

Sábado, 05 de Mayo de 2012 23:57 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema Hay 1 comentario.

300.000 euros....

Miña cara señora María: -“Favor con favor se paga”.

 “Si á “biempagá” a coloco aló enriba, logo recibo algo a cambio”. -Isto debeu pensar, porque a nova do xornal de Prisa do día 2 de maio, na edición de Galicia seu titular era: “Ourense gasta 300.000 euros en un plan turístico fantasma. Como subtitular pon:” los alcaldes beneficiados aseguran no haber visto las inversiones facturadas”.

 O xornal “BARRIOS”, Verín e Comarca, páxina dúas di: “Para lograr unha boa execución do Plan de Competividade constituíuse unha Comisión de Seguimento sen personalidade xurídica, que se encarga.....”.

 Isto cheira a noxo fedento de algo que os cidadáns están saturados de escoitar nos medios de comunicación. Xa está ben! -Época de crise e malgastando cartos sen que se poidan controlar. Un ente sen personalidade xurídica. Pero se calquera Asociación ten que ter todo a documentación necesaria, co seu NIF, para poder xestionar os cartos no fin para que foi creada. –Ista non!.

 No xornal de Prisa, renglóns máis abaixo segue dicindo:-“El presidente de la comisión es el alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, del PP y figura como vocal su exteniente alcalde y en la actualidade secretaria generl de  Turismo de la Xunta, Carmen Pardo”. –Isto é unha vendeta!. Esquéceullese dicir que tamén é “senador”, non electo por sufraxio.

 Todo isto foi para colocar ao “mandatario verinés” nun posto que anule ao resto de alcaldes da bisbarra, porque, simple e llanamente non preside a Mancomunidade. E para iso inventan unha sociedade sen personalidade xurídica e reciben cartos da Xunta, da Deputación e a parte correspondente dos concellos. –Por certo o de aquí non aportaría nada. -Neso é un malabarista.

 Rolda de prensa para contestar a nova do xornal madrileño. –So exparexer para dicir que noutros lugares gastaron máis. Nada de levar ao xulgado ao medio de comunicación.

 Outas manifestación dicían que se os alcaldes non queren o programa que se leva para outos lugares.

 -Os alcaldes o que queren é transparencia. Non que lle marchen co programa. E tamén queren ver o produto que se pagou.

 -Alguén comentaba que se chegou a tempo, porque isto xa cheiraba a un futuro e suposto “Gurtel”, porque iso de non ter personalidade xurídica, hai que ter morro.

 Para xustificar todo isto están un interventor e unha secretaria que controlan todas as facturas, comentario que cae pola súa base, porque só reciben as facturas e non van a ver o producto , que é do que se queixan os alcaldes.

 -Aínda non dimitiu ninguén!. E logo pídenlle sacrificio aos de sempre. Os paganini, os parias, que son os que se fan cargo de todos estes desaguisados dos poilíticos.

 -A corrupción campea por doquier. Ninguén fai nada. So anuncian normas contra o fraude, pero non  se ven por doquier. Deben ser só verbas. –O pobo paga!.

 Algún día o contibuínte cansarase e veremos o que pasa. O pobo necesita exemplos, que os palpe coas súas mans e seu ollos que os vexan, aínda que sexa no veciño de o lado. Porque así pode confiar no político, pola contra a desconfianza vai a máis.

 Fixo falta crear este “ente” para xestionar un Plan, cando existe unha Mancomunidade, unha eurocidade, unha Deputación e ata unha Xunta, onde se podían sacar a concurso todo o programa con todas as da lei.

-Non, houbo que crear este “ente” por antoxo, e ampliando a Conso Frieiras, porque así , desimulábase, aumentando a superficiie territorial, porque se necesita dun territorio “virtual” que xustifique as grandes inversións. –Todo é resultado dunha cantidade!.

 A incompatibilidade coa maioría dos alcaldes desta bisbarra e a falta de amizade co novo Presidente da Deputación fai que non aparezca en “cenáculos” aos que antes era o convidado por excelencia, por iso recurre a todos os medios que chega para colocarse en postos que salga asiduamente nos xornais e destaque, porque necesita alimentar seu ego, aquel do que falou Antón Feito, na Voz de Galicia.

 É unha contradición, na xestión da crise actual, que se estén privatizando empresas públicas e aquí se inventen “entes” para xestionar cartos públicos. De feito e, ao parecer,  a fortaleza de Monterrei vai estar vixiada e controlada por unha empresa, que manterá aberto o recinto amurallado os sete días da semana. -Anuncio da Secretaria para o Turismo da Xunta de Galicia.

 Unha curiosidade. Un veciño de Mixós, a menos de dous kilómetros de Verín, non ten dereito ao “cartao” para os descontos na vila e un veciño de Chaves, si. O de Mixós está en Verín as “vinte e catro” horas do día, gastando, e o de Chaves, cando o traen.

 

                                         Verín 17 de maio do 2012.-

 

                                          Adolfo Rolán.-

Jueves, 17 de Mayo de 2012 13:09 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris