Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2012.

Sentencia

 

 

    Verín-CRONICAS TAMAGANAS...SENTENCIA....

 

 Miña cara señora María: Voltamos, aínda con tardanza, pero.....voltamos.

 

A nova que se adiantou como unha fuxida dun funcionario do concello, para outro de maior calado fustrouse. Nunha palabra, non tivo agallas de facer o escrito solicitando a súa excedencia. Agora quere dar un sen fin de explicacións, pero todo se reduce ao mesmo: -nunha palabra, dificilisimo de desenterse do taifinas, polo que poida suceder. –O medo, e iso que é funcionario. Polo de agora só se pode dicir que houbo e hai dous funcionarios, que a pesar dos pesares, si se enfrentaron e están aí.

 Como o taifiñas foi un dos persoeiros políticos que máis abandonos sufriu, por parte de compañeiros non ía permitir que tamén llo fixeran funcionarios de carreira e sobre todo sendo na mesma provincia, porque o cambio era de Verín para Ourense capital.

  Se vostede lera a sentencia sobre o baluarte da muralla de Verín entendería tanta cousas, que botaría por terra tanta mentira e falsedade que sería difícil comprender actitudes deste tipo en persoas que se consideran normais.

 Se vostede lera, ou, por favor entre na páxina do concello de Verín e busque no pleno do 31 de xuño, no que se aproba o PXOM e analice as contestacións sobre o tema e verán que aparece outro culpable da ocultación da muralla: o arquitecto de patrimonio. Alí dise que o arquitecto de patrimonio non  lle diu importancia a aquelas pedras.

 -Hai que ser cínico, pero, se negou sempre que aló houbera uns restos de muralla e agora que, o arquitecto pasou do tema. Eran simples perdiñas.

 -Debo recordar que, según as novas que se escoitaban na vila, por parte de compañeiros políticos, alí facíanse ceas ás que era invitado, polo que ou tiña de frente ao baluarte ou se recostaba contra el.

 -É un contrasentido porque a sentencia recolle,data a data, os requerimentos feitos desde Patrimonio para que se incluíse tal baluarte no PXOM do 1998.

 Agora ten sentido aquela chamada que ocurriu, cando no percorrido polo casco vello co señor Delegado de Patrimonio, o señor arquitecto e o equipo redactor do PXOM, recibiu na Praza do Rei, para que fora ao concello, e botou man, coma sempre, mandádome a min. Agora entendo, podía descubrir ou comentar que aqueles eran restos dunha muralla e non interesaba.

 Aquilo respondeu a que alguén, que existe, presentara unha alegación, por unha propiedade alí ao lado e a única solución que encontraron foi aniquilar o baluarte co resto das edificacións da zona, botándoos fora do casco vello.

 Pero seguindo coa sentencia faise raro que a tivera escondida no caixón da mesa municipal e que tiveran que ser os da oposición municipal os que deran a nova, xa que a sentencia demostra que se se recurrise o concello non tería que indennizar con tantos cartos ao denunciante.

 É moi equilibrante o redactor do texto e chega a tal conclusión que aconsella que se non hai acordo por ambas partes a xustiza poría un  técnico para que fixese de arbitraxe. Que máis podía ter o concello!

 Canto máis se le máis miga se lle encontra. Pódese pensar de todo. A maxín pode dar voltas e voltas pero sempre recunca cara unha...... que vai ser.....ao fin son os contribuintes os que terán que facer frente a eses gastos.

 Pero os contribuíntes cando se converten en votantes esquécense de que lle esquilmen os cartos do bosillo...-Unha pena..

 

                                           Verín 12 de outubro do 2012.-

Viernes, 12 de Octubre de 2012 16:44 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Mítines.-

 

          Verín. CRONICAS TAMAGANAS.  Mítines....

 

 

Miña cara señora María: Coincidencia plena, na hora e no día, para celebrar os mítines os dous grandes partidos da política española.

 Nos lles chega vaciar os bolsillos dos contribuíntes, senón que ata para prometer coinciden.

 O candidato popular debería chegar á vila e ver o que se está a facer coas empresas e cos comercios e demais negocios e ser capaz de tomar algunha decisión, tratando de que non pechen e non larguen ós empleados ao paro. Exemplos que están a suceder no casco vello.

   Debería tomar cartas na  eurocidade Chavesverín e en Puertas de Galicia, facendo que estes organismos tomaran corpo de sepultura, desaparecendo, porque responden máis a “caprichos” políticos que beneficios para a bisbarra e plantexarse que onde debe inxectar cartos é no castelo de Monterrei, facendo da acrópole, o reclamo que tanto necesita esta zona e tamén nos parques empresariais, porque, se non hai empresas, tampouco haberá postos de traballo para a xente descolocada e a nova. Que miren para os lusos da raia!. Como medra o parque empresarial de Outeriro Seco e con empresas españolas!. –Algún día falaremos da famosa e tan anunciada Loxa do Peixe, por parte de polítiquiños, agora na Xunta.

 

 Non se trata de chamar, vía telefónica ou vía correo electrónico, -habería que ver quen paga estes gastos!.- á xente para encher o pavillón e contentar aos xefes de Santiago ao veren canto “coitadiño” estaban sentados para escoitar unhas verbas que nunca se fan realidade. –Cando o código penal recollerá como delito estas promesas!.

 Tirar cos cartos, según comentarios dos xornais, falando de facturas sen as mercadurías e máis cousas, vendo que, tanto a acrópole como o parque empresarial están para alimentar a fauna e non hai vergoña ao presentarse na bisbarra, para dicir sempre o mesmo.

 Señora María, a xente non se cansa de escoitar todos os días as mesmas tonterías, ou, só ven a facer bulto e quedar ben co cacique de turno?. -Renego a que isto sexa así. De todas as formas algo debe haber, porque un correlixionario bloqueiro, cambiado de chaqueta, aplaudía con tanta intensidade, que foi comentario da rúa.

 É difícil de explicar, asimesmo, a presencia do señor Blanco no outro mitin. –Cando unha persoa está baixo sospeitas, polo ben do partido, debe quedar nun segundo plano, ata resolver eses problemas.

 Hai que decir que votar é algo máis que emitir un voto ou meter un sobre dentro dunha furna, porque pódese estar axudando a que a corrupción campee por doquier.

 Frase lapidaria destas eleccións foi a de Beiras: “hai que varrelos cunha basoira de xestas, coma daquela”. –Meu pai tamén as facía de cudeso.

 Pero a anécdota do domingo estivo na igrexa da Mercé. Coma de costume chego un pouco tarde e recunco na entrada. Sempre están as mesmas persoas e sentímonos coma veciños. Nembargantes cambiei de sitio e púxenme ao lado dunha persoa, que si sempre ocupa o mesmo lugar, nas cadeiras da entrada. Chegado o momento comenta que da ringleira de persoas que van a comulgar a gran maioría delas, non irían si se tiveran que confesar. –Respóndolle que a igrexa católica cambiou moito. Insiste, apuntando, que vai o alcalde. –Non me fixara, porque acude sempre á misa das doce e media. Levanto a vista e véxeo vir de comulgar. _Como comprenderá ten vostede toda a razón, porque comulgar debe ser ou é o acto máis sagrado da cerimonia relixiosa.

 Para este tipo de individuos non hai deus nin deusa que se apiaden deles. –Moito teñen que purgar!.

 

                                                 Verín, 22 de outono de 2012.-

 

                                                   Adolfo Rolán.

Lunes, 22 de Octubre de 2012 20:17 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris