Blogia
Crónicas Tamaganas

corruptio......roubo...?

 

 

 

Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS. Corruptio......roubo....?....

 

Miña cara señora María: -Corría o ano de mil novecentos setenta e seis e presentouse  a primeira manifestación dun acto de corruptela.

 A Institución gozaba dun Programa  de Emprego para os soldados faltos del e faltos, tamén, de perspectivas de futuro, polo que baixo as siglas PPE, executábase dito programa.

O programa correspondíase co que na vida civil se cahamaba PPO.

 Na vila o PPO tiña os seus barracóns na Alameda. Alí ían os mozolos que desexaban aprender un oficio e buscarse a vida. Pódese afirmar que bastantes industrias desta bisbarra surdiron destes programas e así no resto da xeografía. –Nembargantes non se pode afirmar o mesmo dos “Obradoiros” expallados por todos os Concellos que, polo de agora, estase por demostrar se algunha persoa,  se establecese pola súa conta e rexente o seu negocio.

 Esquecinme!. Voltemos ao cursiño do PPE. –Naquel programa aos soldados participantes dábaselles unhas boas viandas acopañadas coa súa bebida correspondente. Nos descansos que había para lambiscar era todo moi amigable. Cadaquén falaba das súas cousas e,  as veces, participaba o responsable ou responsables da marcha e organización do cursiño. Nun descanso un mando fixo o seguinte comentario: -“..Que cando estaba de xefe ou responsable da cociña compraba a carne, sempre na mesma tenda,   para todo o persoal do cuartel e como era moita cantidade, o propietario dáballe unha gratificación. Un cursillista, sen pelos na lingua, respostoulle de inmediato: -“ vostede recibe esa gratificación pola cantidade que compra, polo que iso debe ser para os soldados, ben , vía gratificación, ben mellorando a súa comida”. –Hai que afirmar que non pasou nada e todo quedou nesa boa camaradería militar.

 Ano de mil novecentos setenta e sete, o feito acontecía nunha libraría. Unha funcionaria estatal ía a abonar unha factura de material, empregado no seu traballo, e requeríalle ao propietario que lle anotase unha cantidade superior. –A sorpresa estivo en que a cantidade era cativa. A maxín pensou que en tan pouco se mancha a xente!.

  Ano de mil novecentos setenta e seis. Estaban tres persoas e unha delas dille a un empresario: -“teslle que alugar un piso na zona de Sanxenxo ou en Baiona”. –O empresario asentíu coa a cabeza e non fixo ningún comentario. Pasado o verán daquel ano, en setembro, unha mesma referencia sobre o aluguer tivo lugar, case no mesmo no sitio. –O disfrutador das vacacións non estivera presente en ningunha das insinuacións. Era un alto funcionario.

 A corrupción empeza xa na mesma lei, que permite ou favorece que se poidan anotar gastos superfluos en facturas infladas ou falsas. Facturas a nome dunha empresa ou persoa que non ten conta de gasto, nesa industria, pero si relación co material, polo tanto é fácil roubar.

  As compras e pagos de calquera Institución deberían estar baixo a tutela dun funcionario que estivese sempre presente, no momento de comprar e pagar. Este funcionario debería pertenecer aos corpos de Funcionarios do Estado, baixo a inspección correspondente de Facenda.

  A lei debería recoller unha condena da máis altas para estas funcións e ata chegar á expulsión do corpo.

 

 

                                   Verín, 24 de febreiro do 2012.-

 

                                       Adolfo Rolán.-

1 comentario

Paulino Alvarez González -

Dende a Herradura (Granada) unha forte aperta,do teu amigo Paulino Alvarez González. Muy vos artigos.