Blogia
Crónicas Tamaganas

EL PARTIDO......

 

      Verín. CRONICAS TAMAGANAS. El Partido.....

 Se nun partido se permite que haxa reinos de taifas, estase xerando corrupción.

As contas xerais dos partidos, seguro que están en perfecto estado. Se se analizan as contas nunca se encontrarán irregularidades, polo que os inspectores, chámaselle Tribunal de Contas ou auditores só poden contabilizar o que teñen de diante de seus ollos e non encontrarán nada fora dos papeis.

O roubo non está nos papeis. -Serían parvos!. O roubo está no nivel de vida dos individuos e no patrimonio.

Se nun partido se permiten circunscripcións cativas,"taifas", estase a permiten que non haxa control orzamentario. Os gastos destas taifas non aparecen nas contas xerais dos grandes partidos. Polo tanto estase a permitir que haxa corrupción.

Pero os gastos das campañas son os mesmos nas taifas que nas cidades. So varía a cantidade de publicidade e o número de invitados as ceas. En algunha taifa o gasto aínda pode ser maior que en algunha cidade. E que non se fale do programa electoral, que en algunha é de case dúas centas follas con fotografías, a todo cor, e nun número de tres mil libros.

A corrupción non está só arriba, tamén está abaixo. E non só isto,senón que os taifas, chuléanse de ter boas relacións coas altas esfera políticas. E teñen razón, porque de pronto aparecen nos xornais co nomeamento dun cargo.

Móvense mellor que o peixe na auga. Sábenas todas e responden todos  cos mesmos comportamentos: negalo todo. Aínda que estés presente, en calquera acto ilícito, negan e deixan descolocado a calquera. A capacidade de mentir e non recoñecer o acto supera a calquera persoa normal. Por iso aparecen tantas declaracións contradictorias nos medios de comunicación.

Teñen unha táctica que ata de agora funcionoulles ben. Levan diñeiro e déixanse ver. Axudan a causa. Deste modo están ben vistos polas altas esferas políticas,. Ademais de acarrearlle votos, acarrean cartos. Contrólanlle a taifa, non molestan, ata que aparece una "pedriña" e descúbrese un bárcenas.

 Algunha das argucias que empregan é a de corresponder no pago. Pagan un gasto cun pagaré que corresponda entre o emisor e o recibidor. O emisor é unha empresa agradecida que emite un pagaré para pagar unha deuda do agraciado, que ten un gasto na empresa recibidora, pero entre a empresa agraciada e a recibora correspóndense no material que empregan na súa actividade comercial, polo que é difícil encontrar a terceira persoa, o agraciado.

 As contas bancarias destas taifas non superan os dous millóns das antigas pesetas, polo que non teñen control de Facenda e os ingresos individuais ou colectivos tampouco superan as cincocentas mil, polo que o control non existe. Son contas para o disimulo.

 As veces, non aparecen en nome dos partidos, senón que os titulares destas contas son persoas con cargos políticos nas taifas. Tampouco teñen NIF e se o teñen responde ao de algunha persoa titular.

 Hai unha persoa, -psiquiatra- que participa nunha televisón, que definiu a estes "bárcenas", como persoas necesarias nos partidos. Isto é triste, porque os partidos políticos son a base dunha democracia. -Pero ten moita razón.

 Se vos dades de conta necesítanse moitos anos para dar con eles, porque están arroupados, baixo as siglas dos partidos e só cando asoman un pelo é cando se tira do fío aparecen os caso de corrupción.

Parécense a Pulgarcito, cando ía deixando as pedras para encontrar o camiño de regreso, pero estes, que acumularon con sobornos ou chantaxes, chegado o tempo, a acumulación fixo que a madeixa sexa desorbitada e por iso aparecen esas cantidades inxentes de millóns en contas suizas ou en paraísos fiscais.

-Estes personaxes responden a comportamentos infantís.

Responden a arquetipos soberbios e acomplexados. Sen eles os pobos non funcionan, non crecen, sen percatarse de que son eles os arruinadores da colectividade a cambio de medrar persoalmente. -A miña finquiña...

Estes taifas están a marxe dos partidos. Usan os partidos, como amparo, para conseguir os seus obxectivos.

Todas estas "pedriñas" son comentadas en cada bar ou recuncho nas taifas, polos veciños, como se fose o máis normal do mundo.

 Isto demostra o grado de aceptación por parte dos contribuíntes ante este tipo de personaxes, que roubándoos diante do seu nariz, non teñen resposta no momento de exercer o seu voto. E non se fale doutras vías.

Evidencia todo isto que se debe cambiar a lei. Todo individuo que cometa calquera acto ilegal, na súa andaina política, debe responder ante a xustiza en calquera momento. Non debe haber prescripción para este tipo de delitos.

 

                                Verín 23 de marzo do 2013.

 

                                  Adolfo Rolán..

 

 

 

0 comentarios