Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Idus.......Pxom

Verín-CRONICAS TAMAGANAS- Idus......PXOM....

Miña cara señora María: -Debeu pasar unhas vacacións moi agradables. A súa familia veuna ver e arroupouna perante estes días de Semana Santa. As súas meixelas reflexaban e relucían alegría en cada momento do día. Os netos e fillos pendentes de vostede en cada recuncho do barrio, levándoa de aquí para acolá, sen darlle sosego a cadeira que a transporta.

- Vostede sentíase feliz e iso que no cumpleanos non foron capaces de xuntar tantas velas como anos cumpriu. -Non lle importou, o importante foi ver a familia preparando a festa para dar satisfación a súa nai, sobre todo, cando os anos se botan enriba.

 Quen non debeu disfrutar destes días de descanso foi o "taifiñas". A nova dos xornais facéndose eco do derribo de parte do PLAN XERAL DE ORDENAMENTO MUNICIPAL tivo que ser algo moi forte e digo forte, porque é o segundo PXOM que os tribunais lle botan embaixo.

 A vila debe ter algo cos "idus de marzo" porque as novas ocorren como os acontecimentos romanos, aló na historia de Roma, entre César e Bruto: -"tamén ti, fillo meu". Debe desterrar este tipo de novas, cambiando aos seus mandatarios nas próximas eleccións, para deixar de seguir este rito que ven marcando os aconteceres negativos na vida dos cidadáns. Este estigma que está na política local debe ser eliminado de raíz e como ninguén dimite, como neste caso, teñen que ser as furnas quen os aparten de vivir a costa dos contribuíntes locais.

As catrocentas vivendas asinadas a esta parte do PXOM foron e son causantes de disminuír o número de predios no resto da vila, polo tanto hai propietarios que foron penalizados con este desprazamento para estas áreas urbanísticas.

 Arreglar isto trae empezar de novo, polo tanto o tempo bótase enriba e ante a dúbida de poder construír na actualidade os donos esperarán a ver se veñen tempos mellores. Parón na vila e logo 600 postos....!

 A situación provocada por esta asinación de catrocentas vivendas a esta zona de Cabreiroa recorda o balneario de Fontenova. Fontenova foi tragada pola construcción co consentimento municipal. O seu perímetro de protección encheuse de vivendas que provocou unhas negociacións onde os propietarios o único que lle interesaba era volumen de construcción en toda a súa propiedade. -Isto sucedeu ao longo da redacción do PXOM do 1998.

Fontenova, que diu de comer a tantas persoas da vila e da bisbarra, está agonizando e non hai ninguén que sexa capaz de ver isto e trasladado a Cabreiroa, para non seguir o mesmo camiño. Pode que todo isto descubra que o do hotel-spa fose un caramelo para tapar bocas, pero no fondo da cuestión estaban as catrocentas viviendas. É dicir, especulación por especulación, pero co consentimento dos organismos públicos que deron informes favorables.

 Co fácil que é botarlle a culpa a persoas que se poñen en contra do "progreso" dun concello resulta que veñen os tribunais e son os que indican por onde debe seguir o planeamento urbanístico de acordo coa lexislación vixente.

Hai que porse no lugar dos propietarios actuais que compraron cumprindo uns requisitos porque querían vivir nese lugar e agora énchenlle aquilo de vivendas sociais, que poden romper con todo aquilo que añoraron e decidiron establecer aló a súa vida cotián.

 Hai que ver como se urbaniza unha vila que se publicita con propaganda de balnearia, termal, "rota da auga e das termas" e resulta  que o futuro que se lle presenta é un campo cheo de paralelepípedos no extraurbano.

                                                         Verín 11 de abril do 2015.-

 

                                                       Adolfo Rolán.

Sábado, 11 de Abril de 2015 09:33 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris