Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


"....encargo...cargo.."

Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS-  “……encargo….cargo…..”

 

 Miña cara señora María: -Daquela había dous tipos de encargos, os da vila e os da capital. Enténdese por vila, Verín, e por capital, Ourense.

 Os da vila facíanos as Leiteiras. En Tintores, as leiteiras eran a Julia Rianxeira e a tía Julia do Francisco Ladral. En Vilamaior, respondía ao nome da Cabrera.

 Nunha liorta, na conquista polos clientes da vila, houbo un enfrontamento de palabras, que non chegaron ás mans, entre as de Tintores e a de Vilamaoir. -Sabe, señora María, como resolveron o caso, -cansadas de discutir nas Portas de Madrid- a Cabrera respostoulle: -“ mirande, o leite véndeo calquera o caso é vender a auga”-.

- As de Tintores  foran acusadas de malas prácticas co leite, polo que non soportaron tales acusacións e víronse as caras, pero sen chegar o sangue ao Támega. O caso foi que a Cabrera espetoulles aquela resposta deixándoas coa linga na boca, zanxando a discusión, para continuar exercitando o mal costume, que xa se convertera nun hábito.

 As Leiteiras tiñan que ir tódolos días do ano, chovera ou nevase, á vila, a levar o leite, porque o cliente esixía ese compromiso, para ter o alimento asegurado, nos almorzos da familia. –A compra e venda de leite era unha forma de vivir ou base dunha economía de subsistencia-.

 Como ían tódolos días á vila eran as dos ENCARGOS dos veciños. Podía ocorrer que, se un veciño non se levaba ben con algunha, recorría a outro veciño para intermediar coa leiteira.

 Daquela non era fácil desprazarse á vila. Había que prepararse, é dicir, ter roupa adecuada e logo os camiños ou carrouchos eran as vías de conexión, onde podía pasar de todo. O tránsito facíase nas burras. Poñíanselle as albardas e logo colocábanse as canadas do leite en por enriba sentábase a señora leiteira.

 Por estes ENCARGOS estas señora emprendedoras non COBRABAN, porque a necesidade do veciño era máis caridade,  moitas veces, que un favor.

 Os ENCARGOS da capital facíanos os REVISORES do coche de Línea. As veces había que botar man de algún coñecido ou amigo do revisor  para encargarlle algo. -Facían encargos para toda a contorna-. –Coñecían as necesidades da xente, porque sabían cómo se vivía daquela-.

 -Tampouco cobraban. Xente xenerosa, servicial, atenta con toda a persoa que solicitaba o seu servicio-.

 Na vila había que botar man da Fonda Juanita, na estrada de Portugal, beirarrúa dereita. Lugar do despacho de billetes que se realizaba, tanto para lusos, coma para os de acá, onde tiña a parada o coche de línea.

 O Juanito criouse na fonda, polo que viviu nun ambiente típico de calquera estación ou parada de tránsito, polo que lle xogou unha mala pasada.  O seu inconsciente levouno a clasificar un honorable exercicio de representación, aínda que fose a dedo, como un “encargo”, deixando a quen o propuxo polo chan.

 -Non se pode pedir máis, señora María, debería ler a Alexander Lowen para encontrar solucións a tódalas queixas da sociedade moderna onde furga na infancia das persoas para dar co remedio ás enfermidades do maxín. Por iso o refrán di: -“a árbore enderéitase de cativo”-.

 - Non se debe tildar de “encargo” un posto que leva un soldo de máis de seis mil euros ao mes, acompañado de privilexios.

- O “encargo” máis caro da vila de Verín foi o do exaparellador municipal, cando usando os servizos do coche de línea foi capaz de  anunciar  “ unhas obras de teatro”, nun carnaval de principios dos oitenta, con “actores” da vila, no xornal LA REGIÓN. –Xa hoveu!. - Pero non lle chega á base do zapato a este soldo mensual.

 

 Aqueles, se que eran ENCARGOS, porque había causa xustificada, aínda que tivera que ir a LEITIERA  ou o REVISOR ao outro extremo da vila ou da capital.

 -Que sigan tendo todos vostedes unhas ferias do seu agrado-.

                                        Verín, 25 de xullo do 2016.-

                                                                               Adolfo Rolán.-

Lunes, 25 de Julio de 2016 12:55 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris