Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2016.

Peineta

Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS- “  Peineta”

 

 Miña cara señora María: - “…. Falaba e falaba e falaba…”-. O novo rexedor municipal só mostraba o seu dedo central.

 Ninguén se percataba do asunto, porque a forma de ler e o contido parecían non corresponder co tema a tratar no Pleno Municipal. 

 Isto foi así, porque non houbo réplica. Daquela, nas lexislaturas dos anos 1995 ata o 2003, acontecía que o que presidía os Plenos temblaba, cando o portavoz do BNG, tomaba a palabra, ofrecendo a súa opinión sobre os temas a tratar e de cando en vez era interrumpido, polo que reclamaba e houbo que aconsellar que o deixara falar e ao rematar anunciar a votación correspondente, sen entrar en réplicas. -Gustou da estratexia e logo empregábaa a cotío-. Nesta ocasión non fixo falta dar un chivatazo, porque Don Xerardo Seoane ten as tablas suficientes para saber o que ten que facer. –E como daquela,anunciou a  votación do asunto. -Todo zanxado-.

 - Os estudosos da obra “Las Nubes” de Aristófanes contan que o personaxe que empregaba para ridiculizar a Sócrates escoitou a palabra dáctilos de boca do actor principal e interrumpiuno, mostrándolle o dedo corazón, para  preguntarlle: - “é este, tal vez?”-. -Dende aquela, este xesto propagouse como sinónimo de “zafiedade”-.

 A rúa Lisa, rúa Blanco Rajoy ou rúa do Perú vai ter que cambiar de nome porque a súa alineación é discutida sen reservas. Poucas persoas da vila tiñan ou teñen coñecemento dos dous nomes anteriores. Agora, haberalle que colocar unha placa co nome  do persoeiro que tanto fixo por ela e sobre todo quere que non se amplíe retrocedendo á alineación coas construcións existentes.

 Non estaría mal bautizala como rúa “Peineta”, por ser o xesto que o novo alcalde mostraba no punto da orde do día, que trataba de por remedio, a esta aberración urbanística, no centro da vila. Ou, cómo non, porlle  rúa dos Atrancos, rúa da Berruga ou do Callo.

 O que lle son as cousas señora María, en tan pouco tempo, mire, que aberracións promovidas polo “individuo” poden acontecer e aconteceron na rúa Lisa.

-Para crear “atrancos” non emitiu licenza urbanística, no seu momento, do edificio recén feito, polo que, despois de ter aos propietarios aburridos, tivo que  firmar o permiso, botando man doutra norma, saíndo beneficiados, a pesar do seu pesar.

 Prefire, que a rúa quede co atranco, antes que buscar negociación. -Se o propietario solicita licenza, neste espazo de tempo, e a consegue, ten que edificar coa alineación  actual, deixando para sempre un esperpento de alineación.

 Débelle recordar, señora María, que na década dos oitenta, aló polo 1983 ou 1984, era concelleiro do equipo de goberno e tivo que votar a primeira decisión para o ensanchamento da Rúa Lisa. No PXOM aprobado no ano 1998, presidindo o pleno correspondente, votou a favor da alineación, que negocia o Señor Alcalde, na actualidade. No PXOM do 2012 volve a recoller as alineacións anteriores, quedando o novo edificio coa alineación das Normas do ano 1986, -cando o individuo participou no ensanchamento-. -Xa choveu!-, señora María, pero aínda máis atrancos a cargo dunha propietaria que debeu ser recomendada ou avisada para embarrar o tema, reclamando que non toquen na súa medianeira.

 Cando tódolos veciños desexan ter a súa vila, a súa casa pública, hai quen se dedica a por zancadilllas.-Isto  chámase “amar” ao teus, a túa casa, a túa vila, aos que te auparon a estar onde estás. Pero…, sobre todo, desagradecido.

                                    Verín, 28 de novembro do 2016.

                                 Adolfo Rolán .-

Martes, 29 de Noviembre de 2016 20:34 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris