Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Carlos..

   Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS- Carlos…

 

 Miña cara señora María:  -O Carlos foi un rapaz do derradeiro curso da ESO. Estudou nos “Frailes”  Mercedarios, como se di normalmente, na bisbarra ou na parte sur da provincia ourensá.

 A vida, señora María, coloca sempre a cada un no seu sitio. As coincidencias deste rapaz co mestre, que escribe, non se repetirán nunca máis.

  O seu curso foi o último en que din clase de tódalas materias nas que estaba habilitado, polo tanto, a xornada era completa. Logo, ao solicitar  unha redución de xornada e quedarme con sete horas á semana só podía ter clase en segundo curso, polo que o contacto foi menos intenso, pero o seu saúdo, en horas de recreo, seguiuno mantendo e corría a darme a súa man.

 O ano 2017 tamén marcará o remate, para el, no colexio e, para min, o acollerme definitivamente á xubilación, polo tanto, ambos deixarémonos de ver no Convento dos Padres Mercedarios de Verín. –Espero que non!-.

 Neste curso, 2016-2017, a Comunidade Mercedaria tivo a ben celebrar unha misa na miña despedida e facer a proposta ao señor Provincial de Castela, da Orden da Mercé, Redención de Cautivos, para que se me torgara: “CARTA DE HERMANDAD DA ORDEN”.

 

 Pero o que non esperaba é que fose convocado de novo á festa fin de curso dos alumnos de cuarto. Polo que a miña sorpresa foi moi grande cando Carlos Martíns se dirixe aos presentes co seguinte escrito:

 -“ Boas tardes a todos. Para finalizar a nosa intervención, non queremos marchar sen unhas palabras de agradecemento e unha mención especial a unha persoa que estivo trinta e oito anos neste Colexio Mercedario e neste curso 2016/17 tamén se despide, é o que ten a xubilación.

 Esa persoa é o noso benquerido D: Adolfo . ¡Quen non coñece a D.Adolfo!, un mestre que nos regalou fermosos momentos, compartindo a súa sabedoría, o seu agarimo, a súa paciencia e dedicación.

 Queremos agradecerlle infinitamente cada minuto do seu tempo e a paciencia que tivo con nós para sementar o seu saber e os seus valores que quedarán sempre no noso corazón. Non só foi un bo profesor, senón que tamén foi unha magnífica persoa.

Neste tempo que pasamos con vostede podemos comprobar como é en realidade: simpático, alegre, dinámico, áxil, intelixente, humilde, bromista, constante, esixente, culto, traballador…..son algúns dos adxectivos cos que o podemos definir.

 Pero sen dúbida, o que máis levaremos no recordo é a súa función e vocación de guía turístico, como nos demostrou nas excursións a París e Roma, que nos explicaba con detalle cada recuncho que divisaban os seus ollos.

 Ou tamén recordaremos, a xa mítica fila na que  competiamos, motivabámonos, riamos e con tanto “Baje un puesto”, “suba dos puestos”…APRENDIAMOS.

 Tamén serán recordadas as súas expresións e frases como: -Oiga¡ !Oiga!, “ A educación mámase”, “Oiga chico, estudie”, “Póngase a la cola”…..entre outras.

 Gracias D. Adolfo por ensinarnos tanto, pero sobre todo por ensinarnos onde queda TINTORES.

 E antes de pedirlle de que se achegue aquí, quixera pedirvos un forte aplauso para este “mestre”.

 E agora si, D. Adolfo, se fose tan amable, pode achegarse e dicir unhas palabriñas”.

- Non fun capaz de dicir nada porque Carlos deixoume abraiado-.

 P.D. –Na intervención de Carlos, dicindo: -“¡Quen non coñece a D. Adolfo!..,- o seu irmán pequeno, -como unha frecha di: -“ yo..yo.”. O Padre Lisardo cólleo e dille: -“valo coñecer agora”. E achegouno ata min.  

- Isto é a vida señora María, nunca se sabe o que pode ocorrer-. Que todos  teñades unhas boas vacacións.

                                    Verín, 29 de xuño, do 2017.-

                          Adolfo Rolán.-

Jueves, 29 de Junio de 2017 23:22 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris