Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


..Paremias...?

Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS-.-……Paremia..?

 

 Miña cara señora María: - Xa vin que estivo rodeada de todos os seus. Non faltou ninguén. Estivo, outra vez, a Mirian e o  seu pai. O único foi que o tempo non  axudou para que a pasearan pola beirarrúa, pero o ir e vir, no portal, non paraba polo que sempre estaba rodeada dos seus. Que bonito ver unha nai así e iso que non probou o licor de café que lle regalou a Conchita.

-Os refráns son o mellor exemplo dunha lingua para expresar, nítida e concretamente, algo que comprenden todas as persoas. Pódese dicir que son as expresións máis económicas da linguaxe-.

 -Despois de estar, día si e día tamén, colgado nas ondas, denunciando as facturas que presenta a persoa que lle encargan, dende o Concello, programas,  tanto no eido da cultura como de outros eventos, ao longo do ano, conseguindo facer de Verín un referente, ata de agora esquecido, e competindo en promocións dos produtos endóxenos, que fan da bisbarra lugar de visita, como indican os datos das persoas que pasaron polo Claustro-.

 Tenlle que dicir, señora María, que hai un refrán que di: -“pola boca morre o peixe” e non meter cizaña para que cobren polo uso do espazo do museo do viño, pondo como base as facturas que presenta no Concello á persoa que lle encargan estes eventos, cando, é de supor, que este autónomo ten un caché e por el ten que cobrar. Falar do soldo da persoa que está ao coidado da exposición é levar moi lonxe a cizaña, - non hai remedio!-, pois é un posto eventual e cobrará segundo os contratos municipais.

 O día sete de xaneiro, do presente ano, na páxina L3 do xornal Rexional, nas follas referentes a Ourense, lese o traballo que fai o “distinguido señor criticador”. -Só unha única firma, nunha iniciativa conxunta para solicitar un acta dunha reunión sobre os Gal-, polo que, señora María, debe recordarlle cal é o seu traballo e a ver se cobra dos cidadáns para  botar esas sestas, que de vez en cando publican os xornais, tanto en papel como en internet, pois outra cousa  parece non debe facer.

 Que pronto, señora María, as cousas colocan a cadanseu no seu lugar, polo que débelle aconsellar que Verín necesita de persoas que arrimen o ombro, porque lle debería dar vergoña que lle están comendo o terreo e deixándoo cos pés descalzos. Simplemente unhas cousiñas: activación cultural, arrombar o Balneario de Caldeliñas, as plantación de árbores, atención aos maiores, a ponte sobre o río Támega e, como non?, os innumerables aparcadoiros que facilitan á cidadanía unha visita a Verín para facer as compras e ao mesmo tempo tomar, nunha terraza, calquera consumición.

 Debe dicirlle, que se andara, por onde , en algún tempo, ía todos os días, sabería o que tiña que criticar, porque vería o levantamento das presas no río, en Tintores e Vilela, cando cumprían dúas misións moi desexadas e solicitadas:  -a de bañarse e a de encher a capa freática para  ben das leiras e prados-. –Non se entera, ou…….hai para máis?.

 -Bo aninovo-.

 

                                                       Verín, 13 de xaneiro do 2018.-

                                                     Adolfo Rolán.-

 

Domingo, 14 de Enero de 2018 23:14 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris