Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2019.

Denuncias

Verín- CRÓNICAS TAMAGANAS.- Denuncias.

 Miña cara señora María: Agora que vostede está no “ castelo” mellor para otear todo o que sucede na bisbarra xa se esquecera dos sucesos, dos anos oitenta, do século pasado.

 Tivo que ser o seu cuñado o que lle recordou aos contertulios do cruce de Sousas aquelas trifulcas entre Alianza Popular (AP) e a Unión de Centro Democrático (UCD), coas que non saían do xulgado.

 O ano 2019 entrou co anuncio de denuncias por parte do portavoz do Partido Popular contra o señor alcalde don Xerardo Seoane.

  As novas terapias ou técnicas para atallar enfermidades, que sofren  as persoas, buscan posibles solucións na vida infantil de cada paciente. Hainas que cando se ven reflexados na súa infancia cóstalles entrar e deixarse levar polo terapeuta e abandonan, porque consideran que eles non teñen que recordar o que viviron naqueles anos.

  No Concello está a suceder case unha copia daquela década dos oitenta, porque a infancia política do portavoz pepero está no seu subconsciente e non soubo destetarse, para crecer e madurar.  –Hai que aprender o positivo e non quedarse co negativo daquela época. Verín era titular “xudicial” dos xornais, día si e día tamén-.

 Entre acusacións e contestacións expresan argumentos que deixan aos lectores desconcertados. ¿Como é posible que se denuncie un feito ou feitos que foron empregados anteriormente no Concello?. Algo ten que haber para que os técnicos municipais -antes si e agora non-, que deixa moito por desexar.

  Da a impresión, señora María, que as respostas de don Xerardo Seoane son claras, pero levan frases que confirman que o “pepero” está fora das casiñas e espétalle definicións que o colocan no seu sitio. – Non importa porque ao non ser consciente do que solta está demostrando do que el fixo durante toda esa vida na casa Consistorial. -Canto debe sufrir por non poder ter aos veciños ao seu servizo!-. – Só quere escravos-.-Eu son o mellor porque controlo todo o que sucede no Concello, dentro e fora-.

Non se da conta de que a maioría dos veciños non pisan a casa Consistorial en todo o ano, porque ao ter domiciliado todos os impostos e taxas non fai falla ir aló.

  O que si queren os veciños e ver e ser atendidos bis a bis e a mesma altura, non con “desnivel” de trato. –E sobre todo pararse con eles-.

 Despois de levar dende o 1983 metido no Concello e sendo o máximo representante, un montón de anos, ata o 2015, a culpa da crise municipal bótalla ao actual alcalde. -Hai que ter narices!-.

 -Quen deu as licencias aos grandes supermercados, no centro de Verín, que ían ser os responsables do peche de pequenos comercios?. – Quen tiña chalé antes de ser alcalde da vila?-.

 Os contribuíntes locais están fartos de escoitar todas as semanas as denuncias na emisora local do “pepero”, pero os munícipes verineses ven o que está a suceder nas parroquias e no casco urbano verinés e darán o castigo correspondente no mes de maio.

                                Verín, 22 de xaneiro do 2019.-

                                     Adolfo Rolán.

Jueves, 07 de Febrero de 2019 11:48 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris