Crónicas Tamaganas
D. Rodolfo
VERIN-CRONICAS TAMAGANAS- D.Rodolfo.-
Miña cara señora María: A bisbarra gozou sempre de persoas importantes no mundo cultural e científico. Pero a bisbarra non soubo, moitas veces, recoñecer a súa valía.
O pouco que se fae queda reducido aos premios Taboada Chivite,  Carlos Caneiro e Antonio Fernández.
O concello de Vilardevós foi berce de persoas destacadas en materias diversas como poden ser en filosofía, música e como non en xeodesia.
De cando en vez hai algún concerto para recordar a Anxel Barxa, natural de Terroso, e autor de partituras escoitadas polo mundo.
Grazas a estes autores os tamaganos temos onde recrearnos culturalmente, aínda que teñamos que rebuscar súas obras espalladas por distintas bibliotecas.
Señora María o outro día recibín a mellor clase de cartografía,  na casa de D. Rodolfo Núñez de las Cuevas. Que sorte temos algúns!
Saberá que dirixiíu o Instituto Xeográfico Nacional, perante unha década,  o que permitiu modernizar a cartografía hispana, introducindo os métodos de cartografía  asistida por ordenador. Colaborou coa Nasa, polo que estamos ante unha persoa moi especializada. Deberíamos aproveitar máis seu maxisterio, porque está sempre disposto a exercelo.
Como resultado dese tempo formou unha biblioteca, que ten na súa casa paterna, aló no medio do pobo de Vilardevós.
Home entusiasta de seu traballo diu conferencias por moitos recunchos do mundo, polo que foi formando equipos e amigos, que deixaron nas súas mans libros, que sabian que ían  ser ben conservados, polo que resultou unha colección digna de conservar nesta bisbarra.
Trasladou dende Madrid todos os seus libros ata o querido pobo, porque ama esta terra e como cumprimento dunha idea de súa dona, que quixo ser soterrada, neste camposanto, ao pé da serra de Penas Libres.
Súa primeira intención foi donar seus libros a seu pobo, polo que fixo as xestións necesarias para que quedaran, pero a desidia ou falta de compromiso dun técnico fixo que non houbera vontade política para conseguir seu anhelo, polo que se lle brindou  outra saída, que aínda que non responde a súa primitiva idea, si ten algo de interés, porque será levada á Cidade  da Cultura, aló nos Santiagos de Compostela.
Apareceron os políticos de Santiago e puxeron mans a obra para rematar o que vai ser a primerira parte do edificio en inagurar, que será a biblioteca, ofrecéndose en colocar aló todos os libros.
Con esta proposta surxen dous problemas. O primeiro é que o D. Rodolfo veña menos tempo por Vilardevós, polo que o señor crego, D. Baltasar, e máis os amigos non disfrutaremos de súa compaña e de súas explicacións sobre os mapas ou deixe de explicarnos o da busca da cidade soterrada baixo a lagoa de Antela,  ou nos narre o da batalla de Osoño, co mapa napoléonico de Galicia.- Que Deus non o queira!.
Non pode faltar a visita a Teresiña, que sabe do que gostan, tanto D. Rodolfo como D. Batasar, preto da igrexa.
O segundo é que así non quedan reclamos nos pobos, para atraer estudosos do tema e por outra que non se contribúe ao asentamento de poboación no rural.
De todas as formas, na bisbarra, señora María, é a segunda biblioteca que emigra para o centralismo de Galicia. Primeiro Taboada Chivite, agora Rodolfo Núñez de las Cuevas.
Verín, 23 de outubro do 2009.-
Adolfo Rolán.-
Río Támega
Miña cara señora María:
Gran coñecedor do lugar, porque naceu preto do Támega, e a súa nenez pasouna no regato, que hoxe chaman rúa Otero Pedraio. Unha maneira, moi sui generis, de conservar o Concello de Verín a súa toponimia local!
Comezamos a nosa andaina ao longo do río e dixo que estaba correndo perigo por tratar de cambiar os peixes das charcas sen osíxeno para outras de máis auga. Cousa que deberían facer os de Medio Ambiente e non chegar, como fan sempre, fóra de tempo.
Días atrás, río enriba, envelenaron varias pozas e despois corrían para sacar os peixes mortos. Debeu ser para que non os viran os veciños.
Pódese decir que a desidia das autoridades ante este problema é de mirar cara outro lado e deixar que estes furtivos esquilmen o río Támega, sabendo que esta zona é un lugar de recría para todo el.
O mesmo que a existencia de visóns. Dende a terraza do bar do Zurria viron como un destes animais se desprazou tranquilamente, cara abaixo da pasarela, e enguliu a troita que levaba na boca.
Para este tipo de individuos, Medio Ambiente debería empregar caixas-trampa selectivas, para capturalos e devolvelos ao seu dono, posto que elimina todo tipo de fauna específica do río. Asi non se ven patos, pitas de auga, ánade real e despraza ás londras.
O Concello debería atender estes problemas e debe poñer máis empeño en conservar limpos estes lugares, o mesmo que  colocar carteleiras co nome específico dos lugares do río.
Dende a Ponte do Melo, que por certo, aínda está sen recuperar, frente ao cuartel da Garda Civil, os lugares de baño que había antigamente son os seguintes:
Río enriba pasamos polo pozo dos Americanos, antigo Matadoiro, actual pasarela cara o barrio do Olivar. O pozo do Bazal, os Pasadais, que non existen, nin o concello fai nada por recuperar as típicas poldras, para que os verineses, de agora, saiban o que son e o para que servían. Estarían á altura da depuradora de auga potable. O Trerranas, o Pozo Negro, aínda conserva o amieiro tumbado, que os rapaces empregaban para chapucearse.
Continuamos pola Preguiza, pasando polo Pontillón, ata chegar ó Paquita, o pozo máis fondo, que daquela tragou a dúas persoas e máis aló o Mefa, onde o Tarzán, que en paz esté, facía unha presa de bidóns de aceite, enchéndoos de area e atándoos ós amieiros. Logo o Señoritas, a lagoa do prado do Miñambres e a presa dos muíños dos Peláez, na Pedreira, e dos Tresguerras, ambos en San Lázaro.
Como verá, señora María, debemos recuperar as nosas cousiñas.
Só se recupera cara Infistela. Debe haber problemas coa columna e iso que hai unha asociación que o intenta, pero os políticos locais marcháronlle coa subvención que pediran.
Tainas
Miña cara señora María:
Tainas, don Feliciano Sola do hotel Aurora, deixounos. Cansouse de estar con nós. Quixo dar un paso máis na súa pelegrinación vital.
Seguro que aló non cambiará. Non debe cambiar. Deus quéreo así.
Todos os que o apreciabamos, quedamos orfos. Un gran oco, que será moi difícil de encher, arredor de calquera mesa ocupada de viandas, sobre todo no país veciño.
Quedara con el, para facer un pasarrúas, explicándome a orixe e historia de cada casa de Verín, pero non tiven esa oportunidade, porque a morte adiántouseme. Foi máis rápida, mellor dito, chegou antes que o aparello que mercara por internet, polo que non tiven a sorte de pasar unhas tardes a seu lado. Necesitaba escoitalo e que me contara as súas viviencias en cada recuncho de Verín.
Tiña algo que facía pasar o tempo sen enterarte, porque a súa maneira de expresarse era natural e moi amena. Falaba e falaba, sempre con algunha historieta que facía que o momento fora  divertido. A seu lado non había penurias.
Poucas persoas hai tan elegantes, tan coidadosas cos demáis, e cunha sutileza que era capaz de convertir calquera trastada nunha peremne amizade.
Seguro que estará presente en todas as mesas onde se senten os seus amigos, Fanfán e Sánchez, sobre todo nos restaurantes do país veciño, que frecuentaban asiduamente.
Un bo detalle por parte dos propietarios que acudiron á cita con ramos de flores.
Haberá sempre unha cadeira valeira ao redor dunhas boas viandas, como era normal, porque así pensarán que está presente.
Que Deus te coloque ao seu carón, porque é o que todos desexamos.
Seguro que estarás presente ao longo da nosa vida, porque a túa ausencia será unha presenza en cada unha das nosas xuntanzas.
Será difícil  sentarse sen ti e será duro romper o xeo das primeiras verbas, para comezar a conversa, porque as bágoas asomaranse polas meixelas dos contertulios, que ven difícil emprender a charla ao redor da mesa, porque algo lles falta.
As Portas de Madrid deixáronte pasar. Non che puxeron freno, nin che cobraron o fielato para que non esperaras e chegaras tarde ao máis aló.
Non foi nada fácil chegar ata elas e iso que na parroquia entonaron cánticos que purgaron as túas culpas.
Baixo a súa mirada pasaches os seus umbrais, porque tiñas necesidade de chegar, para alcanzar a eternidade.
Se Deus che regalara un pouco de vida seguro que farías o mesmo. Cruzarías a fronteira co Fanfán e o Sánchez e iríandes ao Km 10.
Non debes abusar da confianza se non eres capaz de chegar e invitar a todos. Pódeche pasar o mesmo que cando entraches na cafetería  Oasis e dixécheslle ao camareiro que invitabas a  todos. Botaches man da carteira e non tiñas un centavo, polo que dirixicheste ao dono dicíndolle que non se preocupara que ao día seguinte irías a pagarlle. Ata hoxe, non apareciches. Pero... iso eras ti.
Que Deus te teña onda el!
Mandín
Meu caro Marcelino:
Non foi nada raro, porque dende que preside a corporación este taifiñas, as decisións sobre as obras a realizar en calquera recuncho municipal, sempre se comunicaronn despois de feito o proxecto, do que ademais se encargaba el.
Ti, meu caro Marcelino, que traballaches a reo en facer un campo de fútbol, daquela houbérache gustado que acondicionaran un terreo, aproveitando a concentración parcelaria, porque te sintes con forzas para dirixir aos cativos da túa parroquia.
Porque o teu foi o fútbol, a pesar de que non se vía unha das porterías cando estabas na outra. Por iso disfrutarías con ver un campo chairo e cunhas dimensións adecuadas para practicar o teu deporte rei.
Aquel campo, no Toural, con dimensións reducidas, era o lugar onde tomabas o teu descanso despois de gañar uns cartiños, viaxando cara a vila, cargado de mercaduría, no soporte da bicicleta. Bicicleta que tanto coidabas e que che axudaba a burlarte da vixianza oficial ou dos gardiñas da fronteira.
Non volverás a poder aparcar teu coche, porque o bordillo quedará  máis alto ca rúa. Terás problemas o día que decidas ir á misa e non poidas achegarte ti só, tendo que depender de alguén que te acerque e logo fuxe de aló, porque non deixaron sitio para colocar un aparcadoiro de servizo do lugar e dos oficios relixiosos.
Nin pensaron no señor crego, sabendo que ten máis misas noutras parroquias, para deixarlle onde aparcar o seu vehículo.
Ningúnha árbore máis leva o proxecto, polo que a calor seguirá pegando, perante o verán, coma sempre. Para iso gastan tantos euros!
A fonte e o labadoiro seguirán no mesmo estado, cando se prestaban a facer algo diferente, na praza. Iso demostra como se fan proxectos de costas aos veciños, que deberían ser os máis informados e preguntados, porque son potencialmente os beneficiados.
Pero contigo ninguén falou, meu caro Marcelino, porque ti proxectarías outra obra, que polo menos, sería de seguridade vial para os veciños, que paseandes polas pistas de concentración parcelaria e pola estrada que vai dende o Terrón.
Ti dirías que a obra máis importante, que necesita túa parroquia, é a construcción de beirarrúas dende o Terrón ata Mandín.
Deste modo tamén se ensancharía a estrada facéndoa máis axeitada para circular os coches e os veciños terían máis seguridade. Porque ti xa tiveches algún percance, cando das o teu paseo, por esta estrada.
Como verás, no concello non pensaron nin en ti, nin nos veciños.
Inquisidor
Miña cara señora María: Os historiadores deben estar errados cando só colocan no termo municipal de Verín dúas casas da Inquisición. Unha está no lugar da Granxiña, na parroquia de Tamagos, e a outra na parroquia de Vilamaior, preto da igrexa.
Esquecéronse da máis importante, que está nestes intres, na casa concello de Verín.
Dende alí trátase de exercer todo o control sobre todo o que se move en todo o concello. Hai que levar á  fogueira a todo aquel que non comulga co inquisidor politiquiño.
Cóntolle, señora María, en que pasa o tempo o mandamáis da vila. En vez de preocuparse de cumprir coas promesas electorais que lle fixo ao pobo, perde o tempo en dar orde de eliminar da páxina web do concello a fotografía e a páxina web do que neste momentos se está dirixindo a vostede.
Na anterior lexislatura e co goberno tripartito, a estas CrónicasTamaganas podíase acceder a través da páxina do concello. Era un enlace máis, pero iso non lle daba máis categoría, senón que o único é que aparecía nela.
Todo estaba tranquilo. Todo pasaba desapercibido. Ninguén se percataba do asunto ata que chega  o torquemada verinés e decide  xulgar o feito  e condena a esta persoa ao ostracismo da páxina municipal.
Podo dicir que a esta páxina web das Crónicas Tamaganas acceden estudantes de Verín espallados por toda España. Emigrantes que comentan que grazas a esta páxina teñen noticias da súa terra.
Pero o que máis me gusta é recibir a noraboa das persoas que escoitan a COPE, e polo tanto as miñas Crónicas Tamaganas, cando vou pola rúa.
Non gustaba da anterior páxina, e reformando a actual, preocúpase máis de borrar da páxina a quen lles fala, que a ver se o novo contido recolle cousas e temas importantes de Verín.
Para este personaxe o tema importante é controlar e ter a xente como súbditos, máis que como persoas.
A culpa de todo tena vostede, señora María. Siga a votar para que siga medrando, e vostede busca que te busca un posto para súa netiña querida. Darase conta de que este pobo só medra en Infistela. Os demais teremos que pasar por Cáritas.
Aproveite a ocasión, que hai sete prazas para a Eurocidade. Algunha pode conseguila se sabe onde tocar a gaita, pero non a galega, senón a que da o posto de traballo.
Señora María, estou moi contento e motivado porque a partir de agora son importante. As miñas Crónicas Tamaganas fan o que teñen que facer, para iso as escribo e a través da Blogia lenas en moitas partes.
Narran aconteceres, historias e as miñas experiencias neses anos de política local, que non teño nada que ocultar, porque sempre din a cara, o mesmo que fago agora.
O que ocurre, señora María, é que a verdade manca!
Se se preocupara de colocar a baldosa, que un veciño cuidadoso arrimou á parede do edificio dos Peláez, que leva máis dunha semana alí. E logo di que anda pola rúa. Será en coche do trinque.
Víctor
Meu caro Víctor: quedaches abraiado da noticia que estabas a escoitar na COPE!
Nunca quere a culpa. Con este rexedor sempre quedará solteira.
Foi o mandamais que máis prazas de policía local ofertou, e logo d, que non manda neles.
Tampouco arregla a beirarrúa que está na parada de taxis da Prazuela, porque hai uns días unha persoa tropezou no marco da tapadeira e deu co nariz no chan.
Por sorte, ti que viches o accidente apresurácheste a botarlle unha man e levala a curar, recolléndolle primeiro os lentes.
As reclamacións continuas que fai o voso presidente non fan efecto, nin as debe ler, para que tome unha decisión sobre a ocupación do vosos postos de traballo, por parte de persoas, que infrinxen a normativa sobre aparcadoiros.
Por iso sae dicindo que non manda na policía local. Pois o pobo elixiuno para que faga cumprir as ordenanzas municipais. Pola contra, que dimita.
Haberalle que recordar, meu caro Víctor, as raias amarelas, na meirande parte das rúas de Verín, que logo mandárono a ocupar os asentos da oposición.
O del non é ocuparse da vila. O del é romper o protocolo, saíndo nos xornais, ao pé da escaleira que o rubía xunto o actual Presidente da Xunta de Galicia. Tiña que ser o primeiro!
Logo chega á vila e anuncia que  non hai cartos para o futuro Parque Empresarial de Tamagos. Pero se leva máis de vinte anos no concello e sempre está cos mesmos temas. A oposición saíulle en tromba, para recordarlle en que partidas están os cartos e hai unha valla publicitaria no lugar na que reza iso de fondos europeos. Quere dicir que dese proxecto teñen coñecemento en Bruxelas.
Seguro que do que menos falaron foi do Parque, porque na súa carteira ía un tema moito máis importante para el, como é o de manterse como membro do consello de Radio Televisión de Galicia, que están a punto de nomealos.
E ti preocupado de que dea orden á policía local para que manteñan desocupadas as vosas prazas. Dáste conta que iso son migallas?. En Santiago son cento vinte e catro mil euros ao ano. Quen chos dera! Iso si que é un soldo, e non ti, que tes que esperar a que suba un ocupante ao taxi, para que logo che pase coma o outro día, que ademais de non pagarche aínda te accidentaches.
Non lle importa, porque sempre lle saen os votos. Non viches que nestas eleccións o PP subiu uns cincocentos. Este número de persoas non lle dan o voto nas eleccións municipais, pero sonlle respaldo para colocarse ben en Santiago, porque os xefes do partido non entran nesas análises.
Debes esperar máis noticias e estate atento ás serpes do verán, porque verás como se sae coa del, a pesar de que ten moitos rexedores en contra.
A cobra está lonxe. Anda polos santiagos. Quere vir apadriñada para ocupar o olimpo pepero provinciano.
Lete
Meu caro Lete: todo se acaba. Ti non remataches, obrigáronte a que tomaras un tempo de descanso, no momento en que te sentías no cénit da túa vida.
A lei que te xubilou non quere terte de cicerone na acrópole; non quere que pases á historia como a única persoa, que deches a cara, contra todos os que fixeron do Castelo a súa experiencia con teorías e materiais modernos.
Nunca fuches cómodo coa administración, porque chamabas e chamabas, para que se presentaran e viran os estragos producidos polos que frecuentaban, pola noite, o recinto amurallado. A pesar de todo, nunca decidiron pór vixilancia nocturna.
Deches a cara, cando algún malvado rubía coa moto, por enriba das murallas, facéndolle de pista de cross.
Sempre estiveches nese estilo crítico, que te caracteriza, con todas as inversións públicas, que viñan dirixidas dende Santiago, porque ti vivías os problemas do Castelo cada segundo, cada minuto, cada hora, cada día.
Vinte e catro anos parlamentando e dando explicacións a todas as persoas que te visitaban, porque a túa conversa sempre foi amena, pero con acento crítico, para cos políticos responsables directos de non buscar unha alternativa a ese espazo monumental, que preside todo o val do río Támega.
Se parece que foi onte cando retornaches de Francia e conseguiches ese posto na administración,  e a lei che impón que tes que dar paso a outra persoa.
Pero quen se non ti, para continuar recibindo aos visitantes, que ruben ata o cumio da Torre de D. Sancho ou do Homenaxe, para ver como todo o val se estende cara Portugal, porque ti es da Pousa, lugar que depende directamente da parroquia de Monterrei.
Naciches, creciches e viviches entre as pedras que conforman todo o recinto que da forma a esa Fortaleza da que nos sentimos orgullosos todos os tamaganos.
Ti, que non entras nas liortas de que se estes ou aqueles son os responsables de manter nese estado de desaproveitamento todo o conxunto arquitectónico, porque o abandono de todos os políticos, con responsabilidade directa no Castelo, foi e é manifesta en todo o que se ve, cando se visita a fortaleza.
O que máis me gustaba de ti, meu caro Lete, era cando contabas as túas peripecias. Ao rematar a escola, o teu pai  tróuxote para xunto del, aquí embaixo, para traballar na chocolatería da rúa Maior e ti só aguantaches dúas ou tres semanas, porque no teu fondo, non te sentías realizado. Eras, xa daquela, un inconformista, porque emigraches, tratando de buscar algo mellor para ti.
Agora quedamos sen ti. Teremos que visitarte na túa casa porque as túas verbas non se escoitarán máis na acrópole. Non saben as novas xeracións visitadoras do Castelo o que se perden. Pero gañámoste os que te apreciamos.
A túa teoría sobre a muralla de Verín deberíana escoitar historiadores para que vexan que na sabedoría intuitiva popular está a explicación de moitas cousas.
Terás moito tempo para gozar dese deporte que tanto practicas cos teus amigos, e que tantas historias esconden.
Dende aquí, dende a COPE, unha aperta e que goces moitos anos cos teus que tamén te necesitan. Quero verte con algún netiño, aínda que sexa na Pousa, ao lado do río.
Mimi
O mesmo que tomaches posesión do cargo de concelleira municipal, tamén te debiches despedir no mesmo salón e non mandar a renuncia por escrito. Demostraches pouca categoría.
Grazas a estes votos estás onde estás. Os plenos municipais poden ser convocados de varias maneiras, polo que puideron buscar unha data axeitada para ti. Todo o mundo tiña moita présa!. Non se sabe moi ben se para que te  quedaras ou para que te fóras...
Pola contra deches a entender que te sentías mal en Verín. Aquí non se desenvolvían as túas pretensións. Sentíaste incómoda. Estabas atafegada. Nunha palabra: Verín quedábache pequeno.
A oposición cumpría coa súa función, pero ti non aceptabas as súas críticas. Ata tal punto, que renunciaches a última paga do mes, porque non querías ser pasto da oposición, porque non dabas demostrado que si estaban ben invertidos eses tres mil euros que recibías dos veciños verineses.
Que ben che saíu a xogada do verán. Reuníronse os altos mandos do partido para convencerte de que non abandonaras ao taifiñas verinés como fixeran outros concelleiros. Que órdago!.
Colocáronte nas listas para o Parlamento de Galicia e por envexas partidistas situácheste como primeira.
Daquela estabas afianzada co teu voto en calquera votación, tanto no concello como agora no Parlamento, pero a túa inexperiencia política fixo que renunciaras aos cargos electos, para colocarte como Secretaria Xeral de Turismo, conseguindo afastarte do teu salvoconduto, dos teus votantes, da túa terra, aínda que non te viu nacer.
Ten coidado, porque o dedo que te nomeou, tamén te pode destituír, xa que agora estás indefensa, sen voto co que asegurar a túa permanencia. Ofrecéronche un carameliño e picaches. Cousas da vida, diría o noso caro Castelao.
Nun Parlamento o importante é que non falle un voto, sobre todo, estando tan xusta a votación, nin haxa sobresaltos nos parlamentarios.
Serás a responsable das futuras grandes obras do Concello. A primeira encomenda será ese famoso Hotel-balneario-spá-escola que tanto bulo ten na vila, pero que non da tomado corpo. Vendéstelo na campaña das municipais, pero pasa o tempo e non hai indicios dos comezos da obra.
Debes ter coidado e que non che pase como coa famosa Lonxa Agropecuaria, que custou preto de trescentos millóns das antigas pesetas e está morta de risa.
Como pertences á Concellería de Cultura e Turismo tamén terás que buscar cartos para facer a outra tan manida obra chamada Auditorio, que por certo, a que xoga teu padriño político, por unha banda sinala os terreos no PXOM e por outra apetécelle ó cine Buenos Aires.
Non se entende nada. A culpa tena quen se deixa enganar.
Laza
Miña cara señora María: Debemos falar con Xosé Anxo para que coide con esmero os costumes do seu pobo. Tres aspectos están a faltar nas cerimonias que se celebran nos primeiros de maio para conmemorar as actividades agrarias.
A contaminación non debe chegar ao lugar, que se pode considerar, como a Ítaca tamagana.
Todos os rueiros de Entroido levan a Laza, aínda que sexan tortuosos e complicados, por iso hai que coidar todas as raigames que manteñen a pureza dos actos.
Un deles será difícil, porque a despoboación camiña a marchas forzadas e non hai quen a pare, sobre todo, nestes recunchos da xeografía galaica.
Os mozos fallaron, porque agora é máis doado de facerse coa árbore máis alta por ser máis fácil de cargar e trasladar. Os novos instrumentos de labranza son máis moderno e facilitan o traslado. Nunha palabra, hai que facer menos esforzos. Só hai que poñerlle ganas.
O lugar de ubicación sempre foi na Picota. Praza mítica para os peliqueiros que teñen nela a demostración de que están ben fisicamente. O que non a rube é a vergoña dos veciños.
Trasladaron o buraco para o campo do Lili, desprazando de lugar a árbore que representa a entrada da primavera como sinal de fertilidade e riqueza.
Foi un fallo acondicionar a praza por non deixar un buraco cunha tapadeira. Os novos tempos non deben ser culpables  de erradicar costumes que dan carácter a este pobo do alto Támega.
Tampouco se debe cambiar por conservar limpa a rehabilitada Picota, porque non só son praza e árbore e veciños, senón todo o conxunto, os que lle dan sentido a todas as cerimonias que acontecen nela. Na Praza estás, ao campo do Lili tes que ir, aínda que están pretos.
Aspecto difícil de mantelo, a non ser que abran a elección a todo o municipio ou a toda a bisbarra de Monterrei.
Hai que dar tempo ás comisións para que vaian artellando solucións que non desfiguren estas festas primaverais, que fan de Laza lugar de reencontro coa natureza e de xente que acode a ver vivencias arcaicas, buscando outras maneira de vivir na súa terra.
Laza repite cada ano cerimonias que fan dela un lugar de peregrinación, dando vida a este pobo, que non lle fai falta gastar en promoción, porque seus costumes son a mellor garantía de visitantes.
Expediente
Miña cara señora María: os acontecementos na vila suceden tan acotío que non hai tempo para a reflexión.
Polos finais dos setenta e principios dos oitenta, do século pasado, non hai tantos anos, rexentaba a alcaldía a señora Lovelle Alén. Por aqueles anos foi contratado D. Manuel Sánchez, actual aparellador municipal, como técnico de urbanismo. Nun determinado momento a señora alcaldesa destituíno. Púxoo na rúa, como vulgarmente se di.
O caso é que ao aparellador houbo que restituílo no posto, convocarlle unha oposición restrinxida e indemnizalo con intereses de demora.
Aqueles cartos  saíron  dos impostos que pagaron todos os veciños de Verín.
Vidas paralelas entre o técnico de urbanismo e o técnico de deportes.
O mandamáis actual contratou a Larrán como técnico deportivo do concello de Verín. Agora, abríronlle expediente e expulsárono do seu posto. O técnico acudiu á xustiza e hai que restituílo de novo, polo que haino que indemnizar co soldo correspondente máis os intereses de demora.
Os veciños de Verín, de novo cargan coas falcatruadas dos caprichos municipais, tendo que abonarlle o soldo máis os intereses do tempo que non cobrou.
Debería haber unha lei que obrigase ao político de turno facerse cargo da indemnización persoalmente, porque xa está ben de que sexan os veciños os que carguen con estes caprichos dos políticos.
A historia deste caso toma corpo cando o señor Larrán ten que ir ao paro para presentarse ás oposicións de técnico deportivo municipal verinés.
Hai que recordar que esta convocatoria foi levada ao xulgado polo BNG, por mor de algunha irregularidade. Pasou aquel trámite xudicial é o señor Larrán fíxose coa praza de técnico deportivo do concello de Verín.
Aquel rexedor que convocou aquela praza é o mesmo que actualmente rexe os destinos municipais verineses, sendo ao mesmo tempo quen continúo co expediente para expulsar ao señor Larrán e que terá que readmitilo, segundo sentencia xudicial.
Daquela valíalle. Agora expúlsao. Non importa, paga o pobo.
A vida, señora María, cantas voltas dá. Daquela, o Bloque denuncia aquela convocatoria e agora a Converxencia Intersindical Galega é quen defende os intereses do mesmo técnico.
Tan pouco tempo para os mesmos casos! Que pouco se fisga na hemeroteca do concello! Dá traballo!