Blogia
Crónicas Tamaganas

Mirian

Mirian Por primeira vez Mirian non disfrutou, en persoa, do Carnaval. Tampouco quixo que súa avoa lle contase nada, pois apénase moito. Non quere recordar os seus anos de cativa percorrendo as rúas da vila. Agora é moza. Traballa e aínda non aprendeu a conquerir ó xefe, nin buscar a maneira de compaxinar carnaval con feiras.
O traballo foi un agasallo, por parte do empresario, a seu pai; de aí que non desexa nin enfadar ó pai, nin comprometer ó xefe. Fala e fala da festa, pero non queren entender o que a rapariga desexa.
Aínda así, cando lle permite o horario entra en Internet e paséase polos fotogramas do entroido que aparecen na pantalla. ¡Cánta morriña!, ¡cánta envexa! Non pode máis e remata chamando a súa queridiña avoa.

- ¡Ai miña filliña, canto frío! - Fixeches ben en non vir. Este ano en Verín non cabía unha agulla entre tanta xente, a pesar de que carrozas e comparsas van a menos.

- Xa lin que hai queixas no trato e que desexan cambiar o desfile para a tarde.

- Os grandes sacrificados do entroido sempre foron as carrozas e as comparsas. Ninguén se acorda delas. Nin os hosteleiros nin o Concello. Como se cansen, dan ó traste co desfile.

- Saín cedo para coller sitio na beirarrúa. Encontreime coa falta de previsión para saíren os autobuses da estación. Ó final invadiron a calzada do desfile. Comentaban que na ponte estaba parado un camión cargado de gas. Alí botou todo o tempo que durou a cabalgata. Grazas que non houbo lanzamentos de petardos por alí cerca.
Para este problema de ocupación da estrada nacional, tantas horas, debería establecerse un gabinete de coordinación da Comisión de Festas coas Forzas de Seguridade, Policía Local, Protección Civil e as concellalías correspondentes, para prever estas situacións e pór solucións adecuadas. Non é tan difícil reorientar ó trafico da estación pola rúa Espido, con saída a Sousas.
O imprenteiro non quixo facerlle as pegatinas ós "PePes”, porque falaban do alcalde e o Concelleiro de festexos negoulle unha pañoleta a un membro dunha comparsa, cando se vían, por doquier, no pescozo da xente. Nun bar cobráronlle a auga que pediu un Cigarrón cansado de bregar.

- Don José, daquela todo era máis humano e o Andrés chegaba para dirixir, só el, o tráfico. ¡Claro, era Lázaro¡

0 comentarios