Blogia
Crónicas Tamaganas

Aprobación...PXOM.

Verín- CRONICAS TAMAGANAS. Aprobación…PXOM.

 

Miña cara señora María: -Todo este traballo do PXOM  pódese calificar e determinar coas verbas: Oscuro, á carta ou ao dictado e á presa.

 Botando man de Esopo ou de Horacio e pensando que os montes que rodean ao concello de Verín ían ter un parto normal e equilibrado, resultou que o “rato” que naceu saíu ao antoxo do equipo de goberno municipal. –Salváronse todos. - Os montes só pariron para eles zonas urbanas, o resto dos propietarios ao ostracismo. –Tiñan razón estes autores clásicos, tanto anuncio para só isto, pois para isto non fai falla tardar tanto tempo, porque a promesa electoral foi duns meses.

 -Nin o deus Larouco  que preside os cumios do redor, nin o deus Bantua, nas faldas do San Salvador, que protexe aos lares da bisbarra , foron capaces de que este parto contentase a todos os propietarios.

 O oscurantismo foi a estratexia primordial ao longo da redacción. Dirixido todo baixo o mando único, ningún paso sen autorización dictatorial. A información que chegou aos veciños foi a base de escritos ameazantes e a que chegou aos membros da oposición, tarde, mal e a destempo. Recibiron, fará un mes, nun CD o PXOM e o día 23 de xullo teñen noticia de que no rexistro de entrada entra outro CD co PXOM. E para máis “inri” non hai posibilidade de imprimir un mapa completo, senón que hai que ir cuadrícula a cuadrícula e logo ter que conxuntalas con cola. Traballo de chinos!.

 Solicitados os informes correspondentes, dos técnicos do que concello, que avalen o documento, respóndese coa premura dun deles entregado un par de horas máis tatde. – Cando o tempo recomendado para este tipo de documentos sería duns quince ou vinte días polo voluminoso do texto. Non hai que preocuparse, porque destes fangos recóllense estes lodos, pero quen paga son os contribuíntes. -Así vai a ocorrer co empresario que gañou o litixio da” muralla” ao concello. –Paga o pobo!. -E os goles que algúns arquitectos lle meteron ao do 1998.

Hai que recordar que o informe da Conferderación Hidrográfica saíu á luz, porque un empresario solicitouno baixo a Lei 9/2002 do 30 de setembro, artigo 100. O mesmo que a setencia, que por certo aclara moitas cousas, entre elas, que había coñecemento da muralla, estaba no caixón dos recordos, pero un chivatazo á oposición fixo que vira a luz.

  Do estudio escónomico é mellor non falar, porque neste pouco tempo, é de supoñer que o informe do técnico correspondente responda ás mesmas caracteríticas. O informe técnico de urbanismo é outro cantar. O máis seguro é que o informe xurídico recolla todo, polo que resultará un PXOM mutilado. -Pódese engadir que volve ter o mesmo fallo co Plan do 98. Non se pode pasar dunhas Normas a un Plan sen un estudo riguroso.

Ao comparar o plano das Normas co Plano recén aprobado compróbase que tal magnitude de ampilación debe pasar por unha financiación axeitada. A pregunta é: -quen corre cos gasto de tanta urbanización?. – A resposta fácil é:  -o concello. -Ten cartos?. -Estamos en crise!. 

  A carta ou ao dictado responden unha serie de catalogacións que se nota a falta dun criterio a seguir para darlle unha uniformidade e estructura urbanística a todo o plan.

Hai alineacións que non teñen en conta a licencia concedida polo concello, senón que colocadas unhas simples pedras ou tellados por adiante da obra, recóllense como se iso fose o correcto.

  Deberon botar á palliña curta ou á moeda ao aire o de catalogar o solo urbano en parcelas de trescentos, seiscentos e mil douscentos metros cadrados, xa que se encontran por doquier sen un criterio. O normal é seguir un modelo de  menos a máis dende o núcleo central, pero debeuse practicar o de: - este é amigo, este non é amigo- O mesmo lle sucede ás areas de reparto e ao solo urbano delimitado.

 A  presa está determinada polas súas vacacións e polas próximas eleccións autonómicas. Meterá medo en Santiago, dicindo de  que non se pode ir a unhas eleccións e faranlle caso e resultará que logo os veciños terán que pagar os erros cometido por esa premura. Premura que non ten argumentos, porque o tempo da promesa xa pasou e todo segue seu camiño a pesar de que non hai unha luz que o ilumine correctamente.

 

Posdata: Correuse a voz de ían cambiar a feira do día 11 para a Canella Cega. Os industriais da zona do Pavillón reclamaron a Feira do viño para a súa zona. A Praza García Barbón era lugar elexido. Un industrial avispado falou cun membro da etnia xitana e comentoullo. -Sacou o seu teléfono e chamou ao rexedor, -de vacacións-, polo que non tivo contestación. A segunda chamada foi o XR. –Conclusión: -A feira do once faise na Alameda. A feira do viño na Praza da Merced e a etnia xitana manda en Verín.

-Que aprendan os do Casco Vello!.

 

                                                          Verín,  9 de agosto do 2012.-

 

                                                         Adolfo Rolán.

0 comentarios