Urbanismo.....
Verín-CRONICAS TAMAGANAS. Urbanismo...
Miña cara señora María: -“Pola boca morre o peixe” , o refraneiro está cheo de temas que cadaquén ten o seu.
Isto ben a que fai un mes, dias enriba, días embaixo, pola boca do taifiñas saíron unhas verbas, dicindo que PXOM estaría nun mes de volta ao concello e polo tanto xa aprobado definitivamente. Con isto as penurias da vila íanse a rematar. Pero resulta que o que veu de volta, vía escrito, foi un requerimento da Secretaría Xeral de Urbanismo para rectificar a clasificación do solo do municipio. –Isto chámase: -empezar de novo. –As cousas de palacio van despacio, ou van cambiar agora con estes¿.
Noutros tempos, arroupado polo “pai Baltar”, as cousas facíanse doutra maneira. Agora, hai que porse a cola na ringleira política. Daquela o conselleiro era amigo e o director xeral de urbanismo era de Ourense, colocado en Santiago, a proposta dos ourensáns.
O escrito di: -“ O PXOM fai unha previsión de vinte e catro mil novecentos setenta e cinco habitantes para o ano 2033, con composicións familiares de dous habitantes por vivienda, que non xustifica a necesidade das oito mil novas vivendas proxectadas.
Cómpre incidir na necesidade de acreditar demanda poboacional que xustifique a transformación urbanística de terreos en estado natural , nos que concorren circunstancias determinantes da súa clasificación como solo rústico de especial protección agropecuaria ou forestal (artº32.2).
O núcleo urbano de Verín creceu ao longo das vías de comunicación, quedando numerosas bolsas de terreos sen transformar. Aínda que o Plan propón compactar os baleiros existentes, parte da capacidade residencial materialízase en novos crecementos na periferia, en terreos que actualmente teñen características propias de solos rústicos, tal e como constan no documento aprobado inicialmente. Dos planos de información do plan dedúcese que a clasificación do solo urbano non se axusta aos requisitos de urbanización, consolidación e integración na malla urbana, que establece o artigo 11 da LOUGA”.
A partir de aquí fai unha análise moi particular e moi incisvo, a súa maneira, que non se axusta ao que manifesta no texto anterior. Divide o Plan según os puntos cardinais, tendo por centro a vila de Verín e marcando a zona norte, (zona do hospital e Vilela), sinalando só catro lugares a modificar, eliminado algunha. Destaca a “Milleira” que evitará a fusión entre o solo urbano e o de núcleo rural. É dicir, separar Verín dos restos dos pobos, pola zona norte, Vilela e A Rasela.
A zona Leste é a de menos traballo, porque en Sousas, tamén se evitará a fusión do solo urbano co rústico.
Na zona Sur, cara Queizás e Cabreiroá, non aparece a separación entre o solo urbano de Verín e o solo de núcleos rurais. Nembargantes aparece a zona de Infistela, creando unha vila nova. Pregúntense quen ten por alí ou quen comprou?.- Noticia do xornal do País, no seu día.- Buscar en Crónicas Tamaganas, esa nova.
Cara Pazos, zona Oeste, tampouco aparece a separación entre a vila e a parroquia. Hai que adentrarse nos planos e buscar con lupa para ver quen é o propietario dos posibles terreos que habería que ocupar para a separación.
-Todo queda na casa!.
Ao parecer a delimitación entre poboacións consolidadas está recollida na LOUGA. –Lei de ordenación urbana de Galicia-.
Hai que esperar a ver o novo planeamento coas modificacións, pero pódese comunicar que os membros da oposición non tiveron tempo, porque se lle entregou na mesma mañá, que se celebrou o Pleno.
-A “marchas forzadas” tivo que andar o equipo redactor para adaptar o Plan o requerimento da Secretaría Xeral de Urbanismo.
-Haberá que esperar para ver os pasos a dar pola oposición, ante este incumprimento do protocolo, que establece a lei, para estes temas.
Verín, 23 de novembro do 2012.-
Adolfo Rolán.-
0 comentarios