Agosto 2013...pxoum...
Verín-CRONICAS TAMAGANAS. Agosto 2013.....pxoum....
Miña cara señora María: Corría o agosto do 2013 e facía falta tomar as ferias correspodentes. O lugar xa estaba predeterminado, polo que non facía falta buscar demasiado, porque o “taifiñas” fixérase cunha vivenda no lugar axeitado, pertiño do mar, aló na Lanzada. Entre Sanxenxo e o Grove. Equidistante dos lugares mediáticos da política galaica. Por unha banda os do birrete e pola outra os da boina. -Chámase así en roman paladino-. Os do Raxoi e os do Baltar-Cuíña (en paz descanse).
Nesa mesma urbanización conseguíu que un curmán de Verín se fixera con outra vivienda. –Isto xa é máis dificil de entender, porque as relacións nunca gozaron de boa saúde-, pero, o que é a vida, aló, vense as caras.; e de cando en vez hai que gardar as apariencias compartindo algunha mesa, aínda que a conversa trate do tempo.
Nesta ocasión non houbo mesa, porque o curmán estaba e está moi doído polo que lle ocorreu coa redacción do PLAN XERAL DE ORDENACION URBANA MUNICIPAL, nunha propiedade na estrada 525 na parroqia de Pazos. A mencionada parcela, na primeira información do Plan era urbana, pero na definitiva quedou como rústica. O problema non foi só iso, senón que as seguintes propiedades continuaron como urbanas, a pesar de ter que recortar o casco urbano, mentres que a do curmán, máis cerca de Verín, quedou clasificada como rústica de protección agropecuaria.
É normal que o curmán se sentise moi disgustado e logo tamén axuda aquilo de que ata teu curmán non te defende, gozando do poder da alcaldía, polo que a familia botaba lume por doquier.
O curmán presentou un recurso contra o PXOUM, porque desexa defender os seus intereses e as súas propiedades, polo que non sentíu necesidade de recorrer a seu curmán, porque considerou que se mantería a clasificación urbana na súa finca e se se recortaba, recotaríase para todos, pero non a el só. – Pois si, viuse só ante o perigo e o perigo era seu curmán. -Manda narices!.
Nesta situación nada familiar acontece o que tiña que suceder, verse no mesmo lugar, que comparten como propiedade e dirixíndose a curmá política, cando saía da piscina, vestido de albornoz e tapado coa toalla para que lle dixera a seu curmán que quería falar con el. A curmá política chamoulle de todo, más que diálogo foi un monólogo por parte dela e atragántabase con tantos apelativos que lle dirixía, porque non soportaba que despois de facerlle o que lle fixo, aínda tivera a cara de querer falar con eles.
A conversa, máis que conversa foi un monólogo. -Pregúntabase e contestábase-, porque o curmán non estaba para escoitar a quen coñece moi ben. O caso é que a conversa ou monólogo comeza preguntádolle por que non acudíu a el para subsanar este problema. A resposta estaba clara: -como?.. se na primeira exposición estaba ben, non tiña necesidade de acudir a ti, nin a ninguén.- Estaba satisfeito coa clasificación inicial.- E logo, cando preséntaches o recurso, por que non viñeches a que te asesorara?, -pois coñezo un avogado moi bo en urbanismo e gañarías o recurso, porque é o único que pode botar o PXOUM a baixo. –Para rematar e coma sempre botando pelotas fóra a culpable foi a Xunta de Galiza. –Hai que ter narices co personaxe!.
A conversa manifesta todo o que é un personaxe. Impórtalle un bledo que a economía de seu pobo vaia para a diante, sabendo, sobre todo, que depende dun Plan de urbanismo.
Se o anterior Plan do 98 foi a baixo, polos recursos presentados polas persoas que se viron perxudicadas, este, debería tratar de que non teña a mesma defunción.
Pois non, pero a xente ségueo a votar e logo fai estas falcatruadas. Se se llas fai a un curmán que nos espera aos outros?, -encomendémonos a deus, para que enmenda a este personaxe.
A finquiña......así a ten.....
Verín 17 de outubro do 2013-10-17
Adolfo Rolán
0 comentarios