monterrei ...ocasión perdida?
Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS- Monterrei....ocasión perdida...?.
Miña cara señora María: Cando as persoas xogan a políticos ábrense dous camiños: -“ os que aspiran a manterse no cargo e os que aspiran a facer algo distinto, diferente, porque non lles importa o tempo político e porque teñen oficio e beneficio e van a servir e non a servirse.
Os que queren materse no tempo obran ao ditado, esperando que lles veña do ceo o maná e que pase o tempo, para aproveitarse das complacencias políticas e que chova, porque saben que unha obriña por aquí e outra pola acolá son suficientes para vivir. -Pódeselle catalagogar como “políticos funcionarios”-. Examináronse das “oposicións políticas” e tómanas como seu oficio. -Estes saben o que queren da política-.
Os que teñen claro o tempo político, porque teñen oficio e beneficio, teñen claro a súa finalidade política. Poden que accedan ao cargo por estar aí, pero o seu tempo é de entrega total para servir aos cidadáns, aos contribuíntes. –Toman decisións, que aínda que sexan cativas, configúranos como “homes de estado”. Nunha palabra, arriesgan.
-O castelo de Monterrei prestábase e préstase para demostrar a calidade política dos que gobernan os destinos da cidadanía galega-.
-Co anuncio de convertir o Castelo de Monterrei nun HOTEL-MONUMENTO, polo aspirante a tomar as rendas en Madrid e poder dirixir os destinos hispanos, quedouse na categoría de “taifiñas” e non en “home de estado”, como debía ser.
Escomenzou por reducir o número de deputados autonómicos, pero, só foi iso. –Debeuse cansar!. -Un xesto, simplemente-.
-Esta decisión foi e é unha “ocasión perdida”, para quen goberna Galicia, porque en Monterrei, tiña e ten a oportunidade de empezar a reducir o Estado, configurando na acrópole, a futura sede da BISBARRA de Monterrei, como experiencia piloto, para comarcalizar Galicia e ir eliminado INSTITUCIÓNS, que son un “cargo” para os contribuíntes.
Obrigaría ao Goberno Central a cambiar determinados artigos da Carta Magna, porque ao reducir localismos erradicaríanse institucións, que só fan duplicar funcións estamentais.
É máis, podía empurralo a ir perfilando unha nova distribución territorial de acordo cos tempos e sobre todo, cos tempos de crise, pero non. -Chegoulle con competir co taifiñas local. –Non hai para máis.
Nembargantes, quen demostra ser home de estado é o actual presidente da Deputación, arriesgando ao propor a elección dos deputados provinciais nunha circunscripción única. -Só lle faltou reducir o número, para que a carga dos contribuíntes ourensán fose menor, pero vese que ten ideas e exprésaas, como debe ser, sen ter medo a perder o posto político.
Non é a primeira, nin será a última proposta deste xoven presidente, para que nas altas esferas do Estado se fagan eco da súa idea, porque volverá a expresala nos medios de comunicación, para que non sexa esquecida.
Non fai falla saír da provincia ourensá para ver como se fan as cousas. Unha visita ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa-Lansbrica- e vese que se queren facer algo positivo na fortaleza aos pés do San Salvador, poden facelo. –Porque saber, saben. -Defenden outos intereses?.
E seguro que as visitas ao Castelo aumentarían e non só para uns poucos, quens serán os que disfruten, oteando, un acontecer do val do río Támega, máis escuro que ningures. Eses, quéreno, só para iles e non que o resto dos “tamagani” poidan acceder, pero para ver un val cheo de vida e non froito do esquecemento político.
Deberíaselle comunicar a algún Comisario Europeo a finalidade dos cartos e mostrarlle que aló, no mesmo montículo, a menos de seiscentos metros, hai ,xa, un Parador de Turismo. A que ven, outro, no mesmo emprazamento?. –Que expliquen e que dean conta a Bruselas deste despilfarro.
Señora María: -Temos o que votamos.
Verín, 27 de marzo do 2014.-
Adolfo Rolán.
0 comentarios