Aquiles...bicicleta.
Verín-CRONICAS TAMAGANAS.- Aquiles...Bicicleta.
Miña cara señora María: -O Carliños nunca entendeu a teima do mestre por querer levar aos rapaces ao monte San Salvador, para localizar as ruinas da capela do santo.
Chegada a primavera o mestre anunciou o preludio do que ía ser a camiñata.
Arrancarían da veiga encamiñándose polo Meiral para rubir polo carroucho ubicado entre as dúas parroquias situadas ao pé da serra.
O Carliños, daquela, cando xogaba, na veiga, cos veciños do outro lado do Támega, ríase e burlábase deles, porque tiñan unha hora menos de sol. Así podía comprobar que o fenómeno era certo a pesar de que o empregaba para insultalos. -Era unha maneira de empezar a loita, entre os rapaces, situados a ambas orillas do río, lanzándose pedras do areal.
O mestre díxolles que tiñan que levar un pau para axudarse na subida e que non esqueceran o bocadillo, xa que auga encontraríana en calquera fonte a beira do camiño.
Tardar tardaron e a costa, costar costoulles, pero chegar chegaron e a sorpresa foi que non encontraron restos da capela do San Salvador e, sobre todo, o Carliños non puido coller o ceo.
Pasáballe o mesmo co dito mitolóxico do talón de Aquiles. O mestre recórdaballo de cando en vez, pero, non comprendía nada. Tiña ben o seu calcañal e non vía defecto algún nos seus pés, polo que se enfurecía cada vez que o mestre lle dicía: -"ti, tes un talón de Aquiles".
O Carliños tivo que escoitar o berrido do "taifiñas", dicindo adiós, a dúas persoas, que ían pola beirarrúa, para descubrir que toda persoa ten o seu talón de Aquiles. -O mero feito de cortar relacións e, sobre todo, deixar de falar a un individuo é suficiente para descubrir as súas debilidades.
-Unha das persoas facía tempo que deixara de dirixille a palabra, por iso este berrido, descubriulle o "talón".
-Pode ser iso, pero son tempos de eleccións e hai que falarlle a tódolos veciños, aínda que non lle falen, nin os distinga e nin os coñeza, por se acaso. Hai que arrastrarse. Dignidade cero.
Enterouse de que os emprendedores de Vilela tiñan no mercado unha bicicleta de madeira, polo que esperou ás Festas e Feiras do San Lázaro para vistar a vila e vela na exposición.
Dirixiuse ao stan da esquina e observou a peza completamente rematada; parouse,logo, un pouquiño cos fabricantes, enterándose da nova reconducción da fábrica e alegrouse que, os seus amigos, encontraran un producto co que poder ir tirando.
Na conversa saíron todo tipo de asuntos a tratar para fabricar e o montón de trabas, por parte das administracións, para que a bicicleta vira a luz. Entre conversa e conversa viron aos poiltiquiños de turno e observaron que se encamiñaban cara o stan; colocáronse onde a bicicleta e sacaron unha foto co propietario. -A foto saíu, ó día seguinte, nun xornal.
Tanto o "taifas" local como o provincial estiveron ao tanto do proceso de fabricación da bicicleta, pero a disposición de ambos para axudar a que este producto tomase corpo e dese postos de traballo en Verín foi case nula. -So lles servíu para a foto. -E iso que se empregaron distintos camiños para chegar ao Ente Provincial-.- Do PXOM e a fábica é mellor non facer comentarios. -Houbo de todo menos cousas bonitas-.
-Señora María, o Carliños non se enterou do que aconteceu máis tarde. -A hora de ir a comer o señor propietario, o "taifiñas" verinés aprobeitou o memento para coller unha bicicleta do stan e subir nela, dando unha volta polos pasillos do recinto feiral. -Unha persoa que observou o comportamento do individuo gravou, co seu celular, a escea do personaxe. -Que personaxe!. -É o que hai!. -O que tiña que facer era comprala para colmar os seus "antollos".
-Vote ben e non mire a quen, señora María.
Verín, 14 de maio do 2015.-
Adolfo Rolán.-
0 comentarios