Blogia
Crónicas Tamaganas

Cenizo...?

  Verín-CRÓNICAS TAMAGNAS-.- Cenizo…?

 

 Miña cara señora María: -Iso se que é estar arroupada!.  Tódolos veciños do barrio en ringleira e vostede, dende a súa cadeira, coma se estivera nun escenario, como centro de atención, mirando para as bancadas do “anfiteatro” do recuncho da rúa.

 O “Castellano” facía de moderador na conversa, pondo  un acento crítico, porque as cousas que suceden na vila están en boca de todos os veciños e todos queren ter razón.

 Ata o locutor da única emisora local foi calificado de “cenizo”, polo actual alcalde, señor Gerardo Seoane, nunha entrevista que lle realizaba.

 O parecer sentiuse desnivelado no trato, por parte do responsable da radio local, polo que expresou, nun ton coloquial, o que lle pareceu máis acorde co que estaba a suceder.

O problema, señora María, xorde cando se quere diferenciar, por ser persoas distintas, os tratamento. -A imparcialidade debe estar presente en tódalas actuacións que saen nas ondas-. Polo contrario, as respostas de quen non ten pelos na lingua, non espera, polo que a primeira palabra que sae do subconsciente aparece instantaneamente e é escoitada por todo oínte da emisora.

  A diferenciación está en que o Juanito, aquel, que a súa tía política, largou ao ostracismo sae no canal cando se antolla e sobre todo, cando remata calquera entrevista, con calquera asunto do Concello, para contrarrestar o anunciado ou dito polo señor alcalde, Don Gerardo Seoane.

  -O responsable da emisora intenta provocar unha refeita entre ámbolos, no que a última opinión tena que dar o Juanito e senón, ao día seguinte, ten que ocupar todo o tempo local para contar as súas versións, que moitas e moitas veces, non coinciden coa realidade.

 -E así sonlle as cousas, señora María, un, o señor alcalde, Don Gerardo Seoane, que non lle importa o que digan e comenten, porque está nunha dinámica de colocar a Verín nun lugar privilexiado en canto a crear prazas de aparcamentos e darlle un aire novo,  escoitando aos veciños, e darlle solucións aos problemas que tiveron anos atrás. –Chámaselle a isto, señora María, sentirse contribuínte. –Pago, pero vense cousas-.

 -Toda a persoa quere ter a súa casa curiosa, o seu andar cómodo, pois isto é o que están a facer e só levan un ano-. Porque téñena para vivir e criar unha familia, pois a vila é o mesmo. Ocorre que as veces non se pisan as rúas e polo tanto non se ten coñecemento das súas necesidades.

 -Ten que vir un novo alcalde, Don Gerardo Seoane, a coidarlle da “finquiña”. O que son as cousas diría o noso Castelao, pero a historia escrébese así.

 Que todos vostedes disfruten dunhas boas vacacións.

                           Verín, 5 de xullo do 2016.-

                                         Adolfo Rolán.-

 

 

 

0 comentarios