Blogia
Crónicas Tamaganas

Sentencia...?

    VERÍN, CRÓNICAS TAMAGANAS.- Sentencia….?

  Miña cara señora María: -Tenlle que dicir ao David Barreira que non dou feito e, que non se preocupe, que en calquera momento falaremos da señora Pardo.

 Nestes intres, señora María, hai que atender aos escritos do señor Alcalde-presidente do Concello de Verín, D.Gerardo Seoane, a través dunha carta aberta:

  -Ao recibir a súa PROVIDENCIA, na cal se me solicitan ALEGACIÓNS contra a responsabilidade PATRIMONIAL, que se me reclama, en canto ás INDEMNIZACIÓNS aportadas polo CONCELLO ao ADQUIRIENTE do solar, onde están ubicados os restos da Muralla de Verín, teño que dicir que vostede sabe moi ben, quen foi e quen é, o responsable de todo este asunto.

 Esta PROVIDENCIA vólveme a responsabilizar de algo que fun consciente cando votei, e, volveríao facer, porque non cometín ningún delito, votando algo que tiña tódolos informes técnicos favorables, tanto MUNICIPAIS como das CONSELLERÍAS respectivas, en canto ao PXOM aprobado o 3 de agosto do 1998. -Se non fose así estaríanse socavando as bases da DEMOCRACIA, porque ninguén se presentaría ao cargo de CONCELLEIRO.

  Daquela tiven que saír ao paso cun escrito, no xornal LA REGIÓN, onde manifestaba que a RESPONSABILIDADE era do exalcalde, Sr. Jiménez, por OCULTAR un DOCUMENTO de PATRIMONIO, que entrara nas oficinas Municipais, con data 4 de abril do 1998, no cal se recollían os restos da Muralla e viña dirixido ao SEÑOR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLLO DE VERÍN. –Se a este Documento se lle dera a publicidade adecuada, seguramente, que o PXOUM do 3 de agosto do 1998, non se aprobaría, porque os técnicos e os REDACTORES do PXOM, non o permitirían, polo que neste caso, hoxe, non estaría baixo esta  posible responsabilidade.

 Pódense argumentar DÚAS  posibles CAUSAS da OCULTACIÓN do DOCUMENTO. Unha delas está relacionada coas vacacións do señor Jiménez , que non podían ser máis tarde do tres ou catro de agosto; a outra CAUSA, esta si que é CAUSA, o seguinte ano era ano de ELECCIÓNS municipais, polo que non se podía ter o PXOUM sen APROBAR.

  Todo este tema da Muralla empeza no ano 2004 e case a totalidade dos exconcelleiros, xa non estabamos no CONCELLO, polo tanto, señor ALCALDE, vostede sabe quen ten a máxima RESPONSABILIDADE, porque na PROVIDENCIA, que nos remitiu, hai un parágrafo, no que se di, que nin o Concello, nin o promotor, RECORREN a SENTENCIA. -Nese momento, o alcalde de Verín, era o señor Jiménez, que como veciños e posibles afectados deberíanos informar, - outra ocultación?, polo que nos provocou e provoca unha INDEFENSIÓN  manifesta.

 Hai que dicir que a sentencia resultou, por orden xudicial, empate técnico. –Houbo que negociar a indemnización cun técnico neutral.

 Sen quere entrar en outras consideracións máis desmenuzadas da SENTENCIA, como poden ser as negociacións para chegar aos acordos, co promotor, _que tampouco se nos informou- hai detalles importantes que se deben expor, como por exemplo no PXOM aprobado no ano 2012, ofrecerlle compensacións noutros solares. Porque todo é posible, e dende o posto de ALCALDE, moito máis.

 En canto ao escrito de RECUSACIÓN  contra o INSTRUCTOR , presentado polo señor Jiménez, o único escrito que debería presentar é o que recollese a súa RESPONSABILIDADE de todo, tratando de exculpar aos excompañeiros e -non “colaboradores”-.

   Para rematar, señor alcalde, D. Gerardo Seoane, aínda ten máis delito que un SENADOR vote a favor dunha lei, na que se pode ver afectado, -pero para iso hai que lela- e,  non ser capaz de chegar ao Concello de Verín e, como alcalde, dar ORDEN DE PAGO, finiquitando a deuda co promotor.

  Atentamente, esperando do seu ben proceder, continúe así.

           En Verín 25 de novembro do 2017.-

          Adolfo Rolán.-

0 comentarios