A revolta
Miña cara Mari Carme: debéronte ouvir os deuses da acrópoles porque, nesta ocasión, houbo visitas guiadas.
Os de Santiago déronse conta de que o xogo de rol, parodiando aos “irmandiños”, debería estar aberto a tódolos veciños da bisbarra e aos foráneos que gustan de ver este tipo de entretementos.
Fixéronse eco da túa reclamación e programaron, publicando con antelación, cada unha das actividades e as horas correspondentes, para ir ata os participantes na “revolta” medieval.
Juan José explicaríache en que consiste un xogo de rol. Non te quedes con que é un xogo de rapaces. Nun bo xogo de rol non deben participar máis de cinco xogadores. Aquí baten o Guinness.
O que tamén se notou foi a limpeza e recollida do lixo en cada lugar de posición das seccións da contenda.
Progresan, a pesares de que non van contentar a todos, e deben seguir adiante. Foi a terceira revolta irmandiña, en versión de xogo de rol, pero deron vida e entretiveron á xente perante estes días. O Campo do río, na parroquia de Mixós, serviu para revivir aquelas loitas do século XV entre as distintas capas da sociedade galega.
No campo de batalla, que por certo, acertaron co lugar, deberían colocar unhas gradas, para que os espectadores teñan unha visión máis axeitada de como se executa a loita entre fidalgos e irmandiños.
Se aquilo serviu para que Galicia entrara na idade Moderna, pois este xogo de rol debería ser o arranque do espertar desta bisbarra, para abandonar xeitos pasados, que a manteñen parasita.
Interesante sería que dende as institucións, tanto locais como comarcais, visen no xogo, algo máis que diversión e cousa de rapaces, recollendo a parte axeitada para ser guía no campo cultural.
Unha programación conxunta entre este xogo de rol e aquela “Lluvia como risa furiosa” do Antonino sería algo tan novo e completo que moitas cidades, que teñen este tipo de actividades, estarían celosas deste quefacer tamagano e farían da bisbarra un referente dinamizador que outros lugares quixeran para si.
O que si hai que ter é a suficiente sutileza para atraer e levar adiante o que a Xunta programa, capitalizándoo dende os concellos, e converter este “xogo” en algo parecido ao Entroido, para facer da bisbarra un lugar de encontro de todos estes afeccionados. Que non se faga coma coas xuntanzas dos motoristas.
De momento, celebrouse a terceira “revolta”. É un éxito de permanencia no tempo dun acto cultural. Participou Verín coa praza e coa Preguiza. Só resta adecualo, para sacarlle a rendibilidade cultural, económica e social.
¡Que non empecen os politiquiños, curtos de maxín, a estragalo!
Miña cara Mari Carme, a pesar de que “os irmandiños” asediaron e destruíron, total ou parcialmente, case cento trinta fortalezas galegas, non chegaron a Monterrei. Chegan agora. Así temos touriños, quintanas, feixoos, ximéneces, etc., pero non se sabe quen fan de fidalgos e quen de irmandiños.
2 comentarios
Barnikel -
¡Vivan os Mercenarios!
Xoán -
As cousas si se ten vontade,fanse.
Dou fé dun acontecer-galego en Barcelona.
Hoxe encetase,a 14ªfesta dedicada,ó Sr.Patron de Lugo,San-Froilán.
Abrese con unha"izada"de bendeiras,Catalana-Galega,ós acordes da Banda de gaitas do Centro-Galego,onde con letra e musica,cantanse ós Himnos,Galego,é Catlán,Els Segadors,e Aires Rumorosos.
Orquetras,Nueva-Generación de Vivero,Satélites de A Coruña.
Sabado,Sesión vermut.Concert da Banda Municipal de Barcelona.
Atuación Agrupación-Cultural Sudade de Horta.
Domingo.Pasaruas,Banda de Toxos e Xestas de Barcelona(fudada por Xosé-Luis-Foxo).
Misa,en honor a San-Froilán,oficiada por o Crego,Homero-Val-Pérez,acompañado por a Coral Irmandade a Nosa-Galiza de Mollet.
Procesión por varias ruas de Nou-Barris,o són de Toxos e Xestas.
Vermut musical,coa orquestra,Satélites de A Coruña.
Rematan as 22´30horas,os mismos Satélites.
Colaboran,entre doutras entidades comerciales,Diputación Provincial de Lugo.
Diputació de Barcelona,Concello de Nou-Barris.
Si queres-Podes.
Para todos ós Galegos un bón Sant-Froilán.