Blogia
Crónicas Tamaganas

Pili

Miña cara Pili: é bo que as persoas que estades fora da vila teñades añoranza dela e que dedes unha opinión como ti nos fas no xornal do día 24 de marzal. A túa sinceira e histórica visión sobre o noso caro Verín está chea de verdades. Non fai falta un agudo olfato para catalogar as carencias das que adolece en beneficio da nosa moi amada Aquae Flaviae. Perdeu o tren no que soubo rubir Chaves.

A culpa non a quere ninguén. Gobernouse sempre dende a dereita e a base de decretos, chámalle didactorialmente. Poucos gobernos de esquerdas e sempre en comnivencia con outros partidos. O seu tempo foi insignificante e pouco influínte no desenrolo da vila.

Podo suxerir unha simple anécdota sobre algo que puido axudar a camiñar, pero que ainda a día de hoxe non hai nada de nada, como foi a inclusión de dous puntos no programa do Partido Popular do ano 1995, que son a comunicación coa autovía das Rías Baixas, do Polígono de Pazos, por Queizás e unir Verín con Chaves, con sendeiros a ambos lados do río Támega, colocando pasarelas e adecentar áreas de recreo e lugares de pesca.

Estou convencido de que non lle interesa que este pobo esperte a certos grupúsculos, que viven das esmolas municipais, polo que non se deben tocar as estruturas sociais, porque se poden perder as prebendas que se teñen.

Cando se lle entrega a “xoia da coroa” a unha empresa privada a cambio de cobrar cinco anos seguidos, para pagar débedas, e se deixa ao pairo o soldo dos empregados municipais e non hai ninghunha manifestación... algo falla nesta triste terra tamagana.

Cando só se ve crecer Infistela e non hai quen revolucione o pobo e cando saímos nas páxinas centrais dunha revista semanal, de ámbito estatal, e non se enche a vila de fotocopias, algo moi forte ten que pasar, para que non haxa un tipo de manifestación ou espontaneidade, que denuncie todas estas agresións.

Claro que Chaves creceu e rubiu no tren do progreso, porque soubo crear as bases adecuadas para estar aló nas europas, dende o ano 95-96.

Verín non soubo estar ás alturas, porque o orgullo de estar por enriba da vila lusa, naqueles anos, non lle permitía estar nas mesmas asociacións que deron o froito que hoxe se ve. Aquel “chovinismo” verinés foi o culpable deste atraso do que ti ben falas no teu artigo.

Chovinismo de perxonases que dirixen o Concello de Verín, pero que en épocas de vacas fracas quixeron aproveitarse, pola lonxanía co goberno do bipartito santiagués, creando a eurocidade Verín-Chaves, para saír nos medios de comunicación e por se aínda quedaban algo de cartiños en Bruxelas. Por agora, o único que trouxeron, foron postos de traballo para os amiguiños.

Como exemplo pódese ver a obra do río Támega en Verín e a obra do río Támega en Chaves. Que pertos e que lonxe estamos!

Pero se miras, simplemente, a maneira de acondicionar as beirarrúas xa che demostran como se fan e como queren as obras públicas. O gusto polo ben feito é a mellor propaganda de vender as súas vilas e cidades por doquier.

Para que vexas como progresou Chaves, debes saber que os nosos cativos disfrutan do parque infantil flaviense porque os seus pais os levan aló. Isto algo quere dicir. Unha aperta.

 

2 comentarios

Xoán -

Sr.Rolán,daquiles polvos veñen istas borralleiras.
Anos 50,meus PAIS EPD.
Meu Pai,traballou durante-25-anos,nunha casa de Verin,"manexaba"aos bacelos é as adegas.Podar,ervidar,cavar,asolfatar,vendimar,pisar,trafalgar ao viño xa feito.De todo isto,faia meu Pai.Pero non foi "un camiño de rosas"a boa fé que non.Bernardino,que esi se chamou sempre(coñecido graciamente por ferreiro)ia de Tintores a rua de Luis-Espada de Verin,no coche de san fernando.Chegaba a casa do señorito,esi se tiña que nomear,ao"personaxe".descubria a sua boina,buenos dias tenga usted señorito.¿Traballamos hoxe?señorito,ollaba para enriba,si veia,unha neboa,decia,NO,hoy no,mañana si hace sol.Xa ves a meu Pai(coma tantos das aldeas)marchando para casa sin gañar,nin as-20,pesetas(4 duros)nin siquera a-parte-proporcional do camiño andado.
Motivo polo cual eu chorando,con bagoas de sintemento de deixar meu LAR,meus Pais,é toda a familia,collin iste CAMIÑO,e dou Grazas aos Deus,por habelo collido.Eu aquil rapaciño meio descalzo,sabendo pouco de letra(na escola só cantabamos ao cara al sol,e rezabamos ao rosario),pero non sabia ao que era,a raiz-quadrada.Pois hoxe Sr. Rolán,dous dos tres fillos meus,son UNIVERSITARIOS,un con 2- carreiras de inxeñeria.Poño todo isto,para que,vós,valoreis,ao que aos cataláns valoran aos traballadores,cada quén no seu saber,non todos vamos ser inxeneiros,"na viña do señore hai de tudo".
Despois aos entosicadores,queren que nós vaiamos en contra de CATALUNA.
Pasa coma no futbol,aos galegos(non todos afurtunadamente)són do Madrid,é a sua cultura.
Señores españoles,todo canto gastou-nun ano de crisis-ao Madrid,para que despois veña un ALCORCÓN,e zás a puta rua......¿por qué non se faran do BARÇA,que vai a canteira é arrasa.Vostede sabe,é por referencias,eu coñezo.Sr. Rolán,en España ao futbol é ao espello,da politicasocial do Estado.
Si hai algun"madridista"podolle dar"clases"de canteira......
Unha aperta,Xoán.

Xoán -

Señor Rolán,pero que verdades di Vostede.Daqueles,polvos(borralleiras)veñen istos lodos.
A mentalidade-politico-socil-relexiosa,da nosa TERRA,sempre foi a mesma.Vostede di dictatorial,nós dende máis lonxe(pero preto no corazón)decimos"fascismo".Vostede pon un exemplo,ao"punto"que puxo no programa do 1995.Visto dende Catalunya,era moi interesante,PROGRESO-RIQUEZA.Pero non interesaba aos grupúsculos,que Vostede nomea.Si fan iso tan fermoso,aos aldeáns dos pobos non saberian camiñar cas changas.
Sempre foi,Verin(xentes de Verin)ollando,que non mirando para Madrid,pero sin valorar,respetar,nunha palabra,QUERER ao que teñen a beira.
Eu tamén poño meu exemplo,nos anos 50¿quen levou a Barreiros de Ourense para Madrid,penso que mal mandaba un galego de direitas.Nos 60,tiven que coller ao camiño,para ESTA SANTA TERRA,CATALUNYA.
Ahora outro"politiquiño"de dereitas-galego,promove ao boicoot aos productos cataláns(para gañar votos en España)pero sua SEÑORA,ven aq ter aos fillos a unha cara-clinica-barcelonesa.