A. feito...
Verín –CRONICAS TAMAGANAS. A.Feito...
Miña cara señora María: O día vinte e dous do mes de outubro quedaron moitos teléfonos bloqueados. Todos querían dar a nova que aparecía nunha columna do xornal da Coruña.
O columnista abriu súa maxín e deixouse levar por tódalas ocurrencias que recordaba das actitudes e comportamentos do individuo, porque non soportaba o silencio no que se colocara, en vez de darlle publicidade en cada momento que tiña a noticia correspondente. Así foi medrando ata que chegou a necesidade de pregoala.
Aquel estigma que non o deixaba tiña que botalo fora para sentirse cómodo consigo mesmo e cos lectores que, a hora da verdade, son os que lle dan de comer. Esperou o momento no que moveu fichas ou intentaba algo, para colocarse na peana política, e lanzar seu pensamento, definindo ao personaxe, coa idea que tiña formada. –Non se equivocou en nada. Dixo o que a xente pensa e di nos cenáculos políticos e na vila. –
-O xornalista abriu seu corazón e deixou levar polos seus adentros e expulsou todo o que sentía e levaba dentro para librarse daquel estigma que o aterraba.
Cadaquén pode facer preguntas, aínda que a resposta a esta crónica, pálpase no artigo, pero nunca tomará corpo nun xornal, aínda que será tema de conversa en reunións.
Serán comentarios nos cenáculos e ata producirá enfados momentáneos entre os tertulianos, aínda que non haxa defensores do cuestionado, pero intentarán colocalo no se lugar, nestes intres, da confección das lista electorais.
Notoriedade tivo o artigo, aínda que pasada a tormenta todo escampa.-Morto estaba –ou orfo-, só facía falta soterralo.
O narrador seguro que non afirma sen contrastar a súa información, polo que séntese coa autoridade adecuada para lanzar as afirmacións, que manifesta adecuadamente, tildando ao individuo como lle corresponde.–E non se acobardou, nin se quedou curto.
-O que escribiu foille comentado por altos cargos, por iso non se amendrentou e xogou ben, co político de turno, que era o que buscaba.
A cornada que lle pegou levaba dardos envenedados, aínda que é necesario descubrir o por que deste artigo, na Voz de Galicia. O fondo da narración non se deixa ver, pero vislúmbrase que algo moi importante tivo que ocorrer entre ámbolos dous amigos, para que se teñan que ver as caras deste xeito.
O que si se pode engadir é que a noticia pronto se expallou pola vila. Pendurada das paredes con frases destacadas con fosforitos relucian polas cabinas telefónicas e portas. Cara o mediodía, alguén se encargou de arrincalas, pero pronto lle contestaron con outras a toda cor, ao día seguinte,deixándoas polos bares.
-Dáselle moi ben iso de tapar a boca ou de privar da liberdade de expresión, aínda que só eran fotocopias dun xornal.
Nestes intres o xornalista e o xornal pasaron ao ostracismo da economía publicitaria pública.
Verín, 2 de novembro do 2011.-
Adolfo Rolán.
0 comentarios