Blogia
Crónicas Tamaganas

Informe chd.-



Verín.CRONICAS TAMAGANAS.- Informe da CHD.-

 Miña cara señora María:  -O documento  máis gardado e ocultado viu a luz.
 Coa aquela chaviña que  esconde tras calquera dos cadros ou agasallos, que enriquecen o moble máis emblemático do despacho-búnker da casa do pobo, abriu o caixón da mesa e tivo que sacar  o “tesouro” que  todos os empresarios da construcción querían ter, ver e analizar.
 O requerinte solicitou o documento, porque ten necesidade de ver como lle afecta  aos seus solares e propiedades o informe que remite a Confederación Hidrográfica do Douro ao PXOM de Verín. Necesita gañar tempo para ter as respostas adecuadas por si é necesario chegar aos tribunais correspondentes. É dicir, un empresario precavido e coñecedor do personaxe.
 Pasaron meses dende a solicitude e non había resposta, polo que, en cada xuntanza de amigos, a pregunta sempre era a mesma: e o informe?.
 Mandou un escrito especificando que desexaba saber quen era ou eran os responsables
da non contestación á petición, polo que ante este requirimento non  houbo máis que darlle entrega do informe. –“O que ten cu , ten medo”, di o refrán popular.
 É caciquil este tipo de comportamento cos concidadáns dos que depende  directamente, tanto para votar como para subsistir economicamente, porque aportan os  impostos para que este tipo de organismos poidan manterse.
 Rídicula tamén é a contestación porque di: “Deberían pasar pola tesourería municipal para realizar o pagamento da taxa correspondente. A efectos de cálculo da taxa e de conformidade ca Ordenanaza fiscal Reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos que establece que cada copia ten un prezo de 0’18 euros, constando o documento de 29 páxinas, o importe total a satisfacer ascende a 5’22 euros”.
 Que pobreza de mente ao ter que recurrir a este tipo de actos para xustificar unha entrega dun informe, cando calquera papel se entrega a calquera veciño, que ten interés por el, porque facilita operacións que logo poden redundar en beneficio de todo un concelllo. Polo contrario leva a pensar que hai outros intereses que hai que beneficiar, pero só é un informe, non un plano, que si axuda.
 Habería que preguntarse por outras certificacións ou calquera outro tipo de papeis feitos no concello se teñen ou cobran algunha taxa por eles. -Seguro que o concello tería superavit nas súas contas se chegase a cobrar por cada papel se sae  da oficina correspondente. Unha ridiculidez ante este cobro.
 O escrito no que se basou a solicitude corresponde a Lei 9/2002 de 30 de decembro, que no seu artigo 100 di: -1.- Los instrumentos de ordenación urbana, con todos sus documentos, tanto si se encuentran aprobados como durante su tramitación, serán públicos y cualquier persona podrá, en todo momento, consultarlos, obtener copias de los mismos previo pago del precio correspondiente y recabar información sobre los mismos en el Ayuntamiento.
 De acordo con este artigo hai que pagar e sobre todo tendo o Concello unha ordenanza reguladora. Isto é así, pero tamén é da outra forma: -“non os solicites que chos fotocopio e douchos”. Isto é unha contestación normal, na vida normal dun Concello.
 Tanto o  informe de data do 15 de novembro do 2010 como o do 29 de setembro do 2011 conclúen coa mesma conclusión: -“Se informa desfavorablemente o PXOM de Verín mentres non se subsanen as defeiciencias detectadas no estudo Hidrolóxico e Hidráulico presentado.  Ademais recomendan esperar aos resultados do Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables, dado o avanzado estado no que se encontran os traballos contratados”.
 Neste consello radica o principal problema, porque alargándose o tempo a promesa daqueles tres ou seis meses para aprobalo, está totalmente incumplida e difícil de que se leve a cabo, nun tempo prudencial e positivo, para os inversores da vila.
 Escoitando unha entrevista do ministro señor Cañete casi confirma o tempo porque referíndose aos trasvases tamén comentou que se está esperando polos estudos de cunca de todo España. Isto confirma un traballo moi específico e de conclusión comprometidas, porque debe xerar boas espetativas de cara a un futuro non inmediato, pero si de boas solucións para un equilibrio territorial.
 Polo que se considera que un informe deste calibre non se debe ocultar aos interesados, senón que se debe explicar, con espertos no tema, para que cada un saiba a que aterse.
 Os verineses non se merecen ter este tipo de politiquiños, pero ese é outro problema, que aprendar a votar.
                                                         Verín, 9 de marzo do 2012.-

                                                         Adolfo Rolán.-

2 comentarios

Autentico -

Tengo la impresión de que quiere recurrir el PGOM. El tiempo me dara o quitara la razón?!!

Verinenses -

Conozco bien a ese Promotor y tiene los huevos muy bien puestos y no le tiembla el pulso. Tiembla Jiménez!!!