filón.-
Verín. CRONICAS TAMAGANAS. Filón.-
Miña cara señora María: O señor Presidente da Xunta de Galicia aínda non explotou o filón posto a seu servizo polo senador autonómico e alcalde de Verín, D. Juan Manuel Jiménez Morán.
Individuos así deberían ser propostos para conselleiros de Facenda ou ministros de economía dun estado en crise. Persoas desta estirpe non se poden malograr, colocándoas en postos de tanto aburrimento e baixo calibre, recostados nun sofá de senador.
Preguntado un familiar sobre o que facía en Madrid a resposta, non era a esperada, deixou ao interlocultor descolocado,- por iso a conta, porque a contestación foi: “nada, chega, séntase, levanta a man, colócaa cara a tras e regresa”. –Todo isto é o traballo dun senador das Cortes de España, en boca dun parente. _Logo din, que hai crise neste país!.
O filón que descubriu o”taifiñas-senator” e moi sinxelo, pero había que dar con el e, mira por onde, aparece esta mina no concello de Verín.
-A cada metro cadrado de rústica, en Galicia, corresponderíalle máis dun euro. -Menuda recaudación!
O diario de Prisa, El País, en Galicia, o día30 de novembro do 2011, publicou que:” un alcalde y senador del PP pagó como rústico suelo que acababa de recalificar”. A continuación sigue o xornal: “ en escritura ante notario Jiménez certificó haber pagado 46.000 euros por el terreno “de suelo rústico” y haber liquidado 6.440 euros por el impuesto de transmisión patrimonial”.
-É unha finca ou son dúas xemelgas?. É un prezo ou falta outro?. - A liquidación é moi alta para tan baixo prezo.
Na mesma páxina continúa narrando:- “ Jiménez alega además, que una valoración de la Xunta de 2008, -cuando aún no estaba en marcha la recalificación- estimó el precio en 12.000 euros”. -Hai que dicir que esta propiedade –zona Infistela_ xa quedara urbanizada no PXOM do ano 1998.-
_Por que 12.000 euros?. Porque é a valoración mínima que a Xunta de Galicia ten como referencia catastral, para facer a liquidación da compra, pero oculta a superficie correspondente a esa valoración, que é a hectárea, 10.000 metros cadrados. -É aquí onde está o filón: 10.000 metros cadrados, valóraos a administración en 12.000 euros, en todo o territorio da Gallaecia, para pagar o imposto.
O filón está en que o solo rústico está infravalorado catastralmente, según esta compra, polo que lle está abrindo os ollos á Xunta para recaudar máis. – Se se pagan por 6.000 metros cadrados de superficie de ”rústica” 6.440 euros de imposto de transmisión, a admistración está perdendo moitos cartos, cando por 10.000 metros cadrados á Xunta, valorando en 12.000, sáenlle menos de 1.000 euros de cobranza. _Probes galeguiños!.
Estalle dicindo ao señor Feijóo que se poña ao día, porque este vendedor pediume tanto e paguei canto, polo que a vosa valoración non concorda coa realidade e a Xunta perde moitos cartos no catastro de rústica. -Ou non é rústica a finca?.
Suban a valoración mínima no catastro de rústica en toda a xeografía galaica e terán parte do filón, polo que non fai falta recortar en sanidade, en educación, lei da dependecia, subvencións, altos cargos, funcionarios, etc..
A outra parte do filón está a cair. En próximas datas a propiedade cambiou de calificación urbanística, porque pasa a urbana, xa está na aprobación inicial do PXOM de Verín, polo que tamén a Xunta debería adapatar o catastro de urbana a ese novo prezo establecido pola compra deste “solar”.
O señor Pedro Puy, no mesmo diario El País, o día 24 de xullo do 2011 titulou o seu artigo: “Fraude fiscal: dichos y hechos”. A nova conselleira de Facenda, señora Muñoz Fonteriz, no xornal El Correo Gallego, do día 11 de marzo do 2012, declaraou: “La Xunta ya ha dicho que no tiene previstas subidas impositivas. Actuaremos a través de medidas de ahorro del gasto y de lucha contra el fraude”.
-Deben porse a traballar de inmediato no filón, porque debe estar espallado por cada recuncho de Galicia.
-Hai que atallar aos que se esconden baixo este tipo de operacións para eludir o ter que aportar a unha sociedade, na que debería primar a solidariedade entre humanos, e non recurrir a artimañas deste tipo para pasar como listo e deixar aos demais como ignorantes .
Os políticos de turno deben falar menos e actuar máis. Tomar medidas sobre unha nómina faino calquera o interesante é buscar o que se oculta e descubrilo para polo ao servizo de toda a sociedade galega. Isto é o que os galegos din cando van votar. Sobran palabras. Feitos son os que fan falta.
Ninguén está en contra das compras nin da adquisición de bens o que ocurre é que os que predican politicamente deben dar exemplo.
Verín 17 de marzo do 2012.-
Adolfo Rolán.
2 comentarios
J.M J.M -
Jeje un saudo
Fran -