Verinchaves
Verín-CRONICAS TAMAGANAS. Verinchaves...
Miña cara señora María: Curioso o que ocorre con isto da eurocidade Verinchaves.
Os da vila sempre miraron aos do outro lado da raia coa mesma mirada. O taifiñas non o dimsimula nada e de vez en cando da a nota.
O señor Presidente da Cámara de Chaves despois de participar na inaguración da “excelente sé” fixo unha invitación ás autoridades españolas, dígase galegas, para que fixeran acto de presencia nunha ampliación dunha empresa no cercano polígono industrial de Outeiro Seco. Os galaicos coma se non oiran, fixeron oídos sordos e disculpáronse, facendo ostentación de que tiñan que visitar un futuro viñedo, produto dun banco de terras, aló en Vilardevós.
O que non contan os galaicos é que lle daba vergoña participar en algo que se lle escapou das mans o rexedor verinés, por incompetente político.
O industrial fartouse de buscar terreo para a súa implantación en Parques Empresariais da bisbarra de Monterrei. Teñen unha nave en Oimbra pero como non puideron aumentar esperaron a ver se nos futuribles parque de Verín podían cumprir a súa idea, pero só os lusos foron capaces de por a súa disposición e no tempo adecuado as naves para a súa ampliación, polo que o señor Presidente da Cámara Flaviense estaba na situación adecuada para inagurar e ademais todo se englobaba na eurocidade.
Isto demostra a fe na eurocidade que sinten os políticos verineses, ningunha, porque ningunha é a simpatía que lle teñen aos raiotos dende a política local. Servirse deles si, pero só paea seus intereses. Prestarse apoio, ningún, e menos se son eles os que quedan ben.
Da participación do señor Feixoo hai que dicir que non se debe estar en algo que é un estorbo, nesta época de crise. Porque crear gastos administrativos e nada de ingresos e ir en contra da súa forma de gobernar, porque iso é o que lle vende e fai sufrir aos galegos. Se se reducen gastos en áreas imprescindibles, como educación e sanidade, non se pode gastar, non só en algo que non xenera riqueza, senón que vai ser gastador, porque agora hai que abrila e colocar algúns “enchufadiños” para ocupar aquelas dependencias.- Non van estar baleiras de persoal!.
Tampouco dixo nada sobre as referencias que ambos mandatarios locais fixeron sobre que ambos estados teñen que lexislar para que este tipo de institucións teñan máis competencias, cando se está nun momento en que calquera institución pública pasa por momentos de pouca ou ningunha solvencia e credibilidade. Demostra pouca actitude crítica sobre pronunciamentos poucos serios por parte dos taifiñas de ambos lados da fronteira.
Tampouco é isto serio, cando se deixa fora desta organización ao resto dos concellos de ambos lados da fronteira. Queren mamar iles sós desta vaquiña que xa está esquelética de tanto tirarlle dos tetos, que se chama Europa.
Diante do concello exhíbese a “cartao” da eurocidade como se fose a solucionadora de todos os males dos raiotos. Os eurocidadáns teñen que solicitar esa identificación para que poidan beneficiarse de todo o que hai a ambos lados da fronteira. –Non haberá problemas porque os identificados non porán obxecións a algo que non lle corresponda, polo que deberán comprender cales son os lugares onde a deben presentar. Seguro que non, cando se senten a comer o bacallau.
Entón para que serve? . -Para dicir que son eurocidadáns raiotos. Iso xa están fartos de sabelo. Para iso non lles fai falta, porque cheos de “cartaos” están ata o nariz. O que necesitan é menos control e menos identificacións, porque chegará o momento en que non distinguirán a súa verdadeira nacionalidade.
Xa está ben de organismos controladores. O que necesitan os raianos é que os deixen seguir facendo o de sempre. Chégalles con ir ao mercado os mércores pola mañá, para comprar, naquela praza, produtos da terra e tomar un cafeciño sical a sesenta céntimos, que menos non se consegue con ese “cartao”.
Dar unha volta polos xardíns e espacios de ocio e lecer a ambas ribeiras do río Támega. Ver como teñen todo coma unha postal. Rubir, baixar por rúas que envolven a quen transita por elas enchéndoo de historia, que por algo son flavienses. Bebendo da auga das termas a calquera hora do día, porque é necasaria para calquera doencia, sabendo que Chaves ten o que neste lado non se ten, nin se consegue e menos con “cenadores” , que non ve o que calquera ve. -Copiar deles. Que non haxa vergoña!.
Canto deben aprender, pero para aprender é necesario ter e querer para saber coller o que os outros fan para polo ao servizo dos cidadáns sen pregoalo por doquier, porque no silencio está a bondade de facer.
-Teñan coidado ca “cartao” a ver se lle dan unha falsa!.
Verín, 24 de abril do 2012.-
Adolfo Rolán.-
1 comentario
Maruxiña -
Canta razón vostede leva no que dí.Que pena de casco vello!!..Tanto prohibir de pintar asi ou asá..que hai que pintar de vermello ou de azulón,que se non, por outras Patrimonio non pasa..e namentres moitas casiñas derruíndose....sen pedirlle contas a naide,que calquera día haille unha desgracia e logo ninguén ten a culpa.
Con todo o proveito que se lle poderia sacar,e estano deixando perder...
Meu caro señor..¿Que e o que nos podemos facer??