o denunciante.
Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS-. –O Denunciante.-
Miña cara señora María: -Os obreiros estaban tratando de rematar o traballo, porque o permiso xa chegara e a necesidade cundía nos bañistas.
Pola media mañá intentan paralizar a obra persoal dependente de tódalas institucións baixo as cales está o río Támega. Todos facían a mesma pregunta:- “Teñen licenza para colocar a presa no río Támega?”. A presa era ou é a que está por baixo da ponte, no barrio do Olivar. -A resposta sempre era a mesma: -“No concello”-. Houbo un momento que unha das persoas respostou da seguinte maneira: -“pero se o teléfono que está gravado no meu é o 410000, que pertence ao Concello de Verín. -¿Cómo?.
-Se a chamada ás Institucións foi feita dende o propio Concello, preguntábase o encargado da obra, cómo nos encargan colocar as chapas e deixar a presa lista?.
Non houbo que esperar moito tempo para ter a solución ao que acontecera toda a mañá. A resposta non se fixo esperar e o que son as cousas, señora María, un “paparazzi” apareceu pola ponte e púxose a sacar fotos cara a presa. –Mira…, quen foi o que denunciou?, e, fíxoo dende o propio Concello. –Todo estaba claro. –Botara toda a mañá no despacho-.
A denuncia apareceu no señor Fiscal por arte de birlebirloque. –Un mago-. Iso é unha maneira de tirar a pedra e esconder a man. Pero iso é o comportamento de persoas malas. -Cando un individuo se síntese perxudicado acude directamente aos Xulgados, a través dun letrado,e fai a súa denuncia, persoalmente ou baixo un poder notarial, dá a cara, porque non ten nada que ocultar-. Cando unha persoa intenta desviar a denuncia, buscando outros camiños ou atallos, como neste caso, a esa persoa, en calquera aldea, chámaselle “denunciante” .
Hai que dicir que obras provisionais tamén se deron noutras lexislaturas, baixo o mesmo articulado, das leis do solo. Quen puxo coñecemento desta “solución” foi unha aparelladora de Vilamaior ao solicitar un cerramento dunha vivenda no acceso a esta parroquia, na lexislatura, do 1995-1999.
-Señora María, se o señor Fiscal fai caso dese anónimo, entón debería buscar a folla do xornal “El País” do día que foi nomeado senador, pola Comunidade Autónoma, e ver que alí se que hai base xurídica para abrir dilixencias e comezar unha investigación-.
-O Maneco recordaba que ao saír da escola, daquela e de cativo, escondía a careta ou máscara para que non lla vira o seu pai, logo, ao chegar á casa, e diante del, colocábaa para meterlle medo. -Que medo!. -Un rapaciño?.
Disfrute das ferias señora María.
Verín, 1 de agosto de 2016.-
Adolfo Rolán.-
0 comentarios