Simplezas
Verín- CRÓNICAS TAMAGANAS- Simplezas…..?
Miña cara señora María: -Os xornais galaicos reproduciron os datos das eleccións da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que a maxín da señora María deu voltas e máis voltas para poder atallar o tema e versar sobre o caso.
Non lle foi fácil, xa que no corro da praciña conseguida, da única área de reparto, que se levou acabo no Pxom do 1998, ninguén mencionaba a nova. Como persoa dedica só a chismorreos locais non daba entrado en asuntos de máis aló da Estivadas, por iso desexaba que alguén dixese algo sobre a política, para largar o que consideraba unha simpleza.
Nas eleccións autonómicas podían votar 2.701.932 galegos. Participaron emitindo o seu voto 1.448.962, polo que houbo 1.252.970, que non se arrimaron polos colexios electorais, é dicir, abstivéronse. Por múltiples razóns quixeron non emitir o seu voto, xa que non ven claro isto de elexir, elexir…….para que salga sempre o mesmo. –Señora María vostede levaría a papeleta á furna ou non?-.
Decataríase, señora María, que a nova dos xornais daba por finiquitado o tempo de reclamacións, polo que xa está todo atado e ben atado. Ninguén pode mover nada. -Os resultados son os que son-. Así quedaron as cousas e polo tanto temos que ter o que nos puxeron os votantes.
Deberíase preguntar, señora María, como se pode gobernar un territorio sen ter unha maioría cualificada con respecto do censo electoral e non ter que ser a maioría dos que votan. -Non debería ser lexítimo que uns poucos dirixan os destinos do lugar-.
Vería na nova xornalística que as cantidade de votos emitidos foron 1.420.381. En branco houbo 14.037, nulos 14.544, polo que válidos foron 1.434.418.
Os votos válidos repártense entre os partidos políticos, seguindo unha norma, que lle chaman lei D´Hont, que consiste nunha serie de divisións (con matizacións), partindo do número recibido de votos ata chegar ao número total de candidatos e non reste ningún. –Hai que dicir que os partidos que non consigan, en cada demarcación, un tanto por cento de votos emitidos, xa non entran no reparto-.
Se vostede bótalle unha ollada a cada cantidade de votos recibidos polos partidos participantes verá que o partido con máis votos, só, consigue 682.150, polo que lle corresponden 41escanos e ten maioría absoluta. Se suma os votos do resto dos partidos, máis os nulos e en branco teñen máis co gañador . Entón, como se produce ese resultado nos escanos?. –Simple e llanamente, señora María, está na concentración do voto. Por iso, a simpleza está, que os outros partidos teñen que unirse para que o voto non se disperse e non se perda en nada. Buscar estratexias para sumar e incidir en baixar a abstención, que é onde máis votos se reclúen. Resumindo, presentarse baixo unhas mesmas siglas o resto das candidaturas e así poderíase formar un goberno alternativo-.
Outra simpleza sería que todos os cidadáns deberían estar representados no parlamento e para iso hai que ter vontade política e querer. –A voz non se debe quitar a ninguén, señora María-.
Verín, 21 de outubro, do 2016.
Adolfo Rolán.-
0 comentarios