A Placa
Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS- A PLACA..?
Miña cara señora María: -Vostede criou os fillos con sorte, pero sobre todo, con educación e cumpridores cos seus. Daquela, só a mirada do pai ou a zapatilla da nai, sobraban para saber o que tiñan que facer os fillos. Por iso os costumes fanse ordes e así o seu fillo levouna a ver “a placa” no novo sitio.
Contou que a súa expresión debeuse oír lonxe e os viandantes que ían pola beirarrúa mirábana como se vostede perdera as casiñas, pero vostede só berrou o que tiña dentro da alma: “a placa quedou sen praza”!.
A volta do busto do “amigo verinés” aos xardíns do colexio dos Irmáns da Salle, levando a placa no seu pedestal, deixou sen inscrición da “inauguración” da lexislatura do 1995-1999, á praza García Barbón.
Nunca unha escultura, busto, estatua, monolito ou calquera grafía de persoeiros representativos ou homenaxeados por un pobo sufriron tantos cambios como este de García Barbón. _ Na Praza chegou a estar ubicado en tres sitios. -No medio, na praza da Estrela e ao principio-. E no inicio tamén sufriu cambio e xiro.
Este busto, obra de Enrique Barros, natural de Oimbra e primo de D. Agustín Mascareñas –pai do Mon, da Marichús e do Tin-,- persoas moi coñecidas na vila-, soportou, daquela, feixes de humillacións, mentres presidiu a praza que leva o seu nome, de persoas, case sempre, fora de si e colocadas con tragos de máis.
As frases máis comúns que se escoitaban nos arredores do busto pronunciadas por un tal Piroca, un tal Morán e tamén polo Pilís eran de mal gusto, sen embargo parecían responder a algo que debía estar no subconsciente dos persoeiros porque seguían a ringleira de aqueles que lle fixeron difícil a súa estadía na vila e ao parecer foron causas da fuxida de García Barbón de Verín. Algunha das frases recollidas de veciños que as escoitaron foron: -“levaches os cartos para Vigo”-, -“comunista”-, “que te leven de aquí, que ti es da la (do Colexio)”-.
- E, como non?, tamén foi burla do Genaro de Tintores, -persoa con tratamento psiquiátrico- que lle colocaba unha garabata e un sombreiro ao estilo cubano-.
-Señora María, tamén hai que dicir, que a vila apreciaba a García Barbón. Como mostra están as ansias da realización do “busto” patrocinado polo Concello e os bonos de cinco pesetas dos exalumnos do Colexio dos Irmáns da Salle, promovida por D. José Pereda Alvarez . -Non foi adiante-. – Sen embargo no ano 1930 outra comisión de verineses, apoiada tamén polo concello, fixo posible a realización do busto, inaugurándoo o 31 de marzo do 1931, na praza que tiña e ten o seu nome.
O primeiro alcalde que trasladou a estatua foi D. Manuel Pérez Sabugo, no ano 1959, aproveitando unha homenaxe ao Irmáns das Escolas Cristiáns e a instalación do busto de San Juan Bautista, nos xardíns da entrada ao Colexio.
Verín, 21 de febreiro, do 2017.-
Adolfo Rolán.-
0 comentarios