Pxom 2012.-
VERÍN-CRÓNICAS TAMAGANAS- PXOM 2012.-
Miña cara señora María: -A vila de Verín debería colocala ás aforas para que fixera de oráculo, ao estilo grego. Así sabería que marzo é maldito nas novas que afectan negativamente aos intereses dos veciños.
-Deben preguntar ao oráculo sobre o futuro de cada un deles e non tería que aparecer o “defensor”, da oposición municipal, dando roldas de prensa, tratando de defender o que ninguén entende e botando as culpas a un de “dentro”, cando o único responsable de que un PXOM caiga xudicialmente é dos redactores e dos informes, xurídicos e técnicos, que pretenden avalar tal documento, con erros posibles de impugnación.
E, sobre todo, se os redactores non traballan como eles queren facer e ademais se hai chamadas telefónicas e visitas interesadas aos responsables das institucións correspondentes, que afectan ao Plan, de que dean saída rápida e non esperar a subsanar posibles defectos causantes de actos xurídicos posibles, porque hai que marchar de vacacións.
-Non “perden” todos, senón que gañan aqueles propietarios aos que se lle recolleron dentro da trama urbana as súas fincas rústicas, polo que non pagarán o imposto de natureza urbana, sobre todo nas aldeas. –Quería moita contribución……pero..xa non manda!.
-Sempre acontece así-, se hai causa, calquera persoa pode acudir aos tribunais e, se o Tribunal Supremo o anula, o Concello de Verín quédase sen planeamento como sucedeu con este segundo PXOM.
- Un Concello con dous Plans de urbanismo, baixo o mesmo “rexedor”, botados abaixo, pola xustiza, debería levar a unha reflexión do individuo “responsable” e presentar a súa dimisión, para ben de todos, -tanto do partido que o avala, como dos veciños-.
Debe haber poucos Concellos en todo o territorio, tanto galaico como hispano, que pasaran pola situación de contratar dous Plans e gastar cartos dos veciños, que tiveran este final, tan funesto e desastroso, para as arcas municipais, polo que, para estas responsabilidades debería unha lei facer responsable, co seu patrimonio, aos responsables do feito.
- Verín non ten “oráculo”, pero…, Verín ten “bruxo”-. Señora María, búsqueo e parole con el. Quedará abraiada do que lle pode acertar.
Buscan “dentro”, cando vive, dende sempre na vila, e camiña pola noite e o mellor de todo é que se permite fardar de que ten a estratexia para cargar calquera planeamento. –E tamén buscaron por Madrid, cando o firmante non é de moi lonxe.
-Notouse, señora María, que se corresponde coa estratexia planeada para levar ao planeamento ata o seu final- .
Darase conta señora María de que planearon as súas impugnacións con propietarios particularidades, que caeron xudicialmente, sobre todo en Galicia, para que logo un “foráneo” , sen propiedades, no Concello de Verín, presentase o seu recurso en Madrid, conseguindo a anulación de todo o PXOM.
-Só unha persoa pode permitirse o luxo de facer isto. Esa persoa existe na vila e ten medios e coñecementos-.
Verín, 26 de marzo, do 2017.-
Adolfo Rolán.-
0 comentarios