Blogia
Crónicas Tamaganas

Xornais

Xornais

Non me chamaches, miña cara Rosa Mari, para que lera as noticias dos xornais do día 29 de abril e do día 5 de maio. Seguramente que botache ese sorriso irónico cando as liches.

O bonito do caso é que son de dous personaxes que ti aprecias moito, xa sabes, tesme que perdoar, por permitirme esta licencia.

Sei que canto máis lonxe estén de ti, moito mellor. Nos tes que torcer a cabeza, nin tes que cambiar de beirarrúa, cando os albiscas. Ademais a túa man non está para cambiar as bolsa do supermercado e cruzar a rúa. Debes seguir o consello do doutor, se queres mellorar, porque levas moito tempo con esa venda, apretando os músculos e non das recuperado a forza nela. Seguramente a túa vida na vila sería moito máis sinxela, porque sería difícil encontralos, pero as cousas son como son e contra iso non tes nada que facer.

As gargalladas que te botaches non chas quita ninguén e ese momento de felicidade tampouco, porque sen desexarlle mal, cando tes ocasión, como neste caso, de rirte, falo con toda a túa alma. Eses momentos nos que estás soa o sorriso aparece nas túas meixelas ó ver o que pon a prensa, sobre todo coñecendo ás persoas que fan tales aseveracións.

Porque te das conta de que son como se declaran, por iso a prensa, entre comillas, recolle as súas verbas, para atestiguar de que saíron da boca deles.

Nembargantes sei, miña cara Rosa Mari, de que a ti ninguén che ten que decir como son, porque, por moito que se solten nos diarios con estas ou con outras manifestacións, ti viviches experiencias onde se descubrían tal e como son.

Non te collen por sorpresa porque o teu xuizo sobre estes personaxes é claro. Esperas que algún día non representen a ningún veciño no Concello, porque sería nefasto que Verín seguise con persoeiros desta estirpe.

As frases das que estou a falar transcríbochas textualmente:

“Houbo moito barullo, cando o avance é papel mollado”. O traballo duns profesionais non se debe tratar así e sobre todo pagándoo os veciños de Verín, que son os que lle deron o voto para desempeñar o cargo que ocupa. Algo de respeto e consideración débese ter cos votantes e cos profesionais e senón para que mandaches aquela misiva ós diarios nos que te queixabas do trato político cando non gobernabas.

O outro texto di: ”Se fai iso un edil meu, tería o cese ó día seguinte na súa mesa”. Fíxate nese posesivo. Indica propiedade privada. Dono dos concelleiros, de Verín, dos votos, do Concello, do partido, etc. A democracia e a liberdade aínda non botaron raices nese maxín. Hai reminiscencias feudais. "Espero que non exerza o dereito de pernada, pois estamos no século XXI", di Rosa Mari.

¡Non saben que somos grandes!

 

 

2 comentarios

BORYS -

BOAS SON BORYS, ANDO A PROCURA DUNHA FOTO, PUXEN UN ANUNCIO NA WEB E RESPONDERONME ISTO... En el libro "Verín y Comarca", de Adolfo Rolán Fernández. ed: Everest. sale una del castillo de monterrei de noche, en la pag. 75. Espero que os sirva de algo.
PODRIAS PASARME A FOTO SE A TES POLO PC? O NOSO E-MAIL... UN SAUDO

Felipe Rodriguez Ferreiro -

hola son f.ferreiro qtl? ten que vir con nos a escursion iso espero