IIII Carrada
Miña cara señora María: O que lle son as cousas. Eran as nove da mañá e o Mirito e o Alfonso turraban do carro coma se fosen dúas vacas xungidas.
Acordeime do Isaac, cando se tivera que desfacer dunhas das dúas vacas, para facer fronte a unha deuda e logo botou man dunha novela, que estaba sen amansar e aínda non tiña a medra axeitada para compaxinala con súa nai. O Isaac desxunguiu a xata e “xunguiuse el. Eran outros tempos, pero a veces rememóranse desta forma.
Seu sobriño, fillo do Alfonso, ía acompañándoos. O rapá, que vive en Lisboa, desexa coñecer os costumes da bisbarra tamagana, por iso apúntase a toda manifestación cultural, que xorde por estas terras, sobre todo, nas que promociona seu tío. Agarrado ao carro tamén axudaba a que camiñara cara a punta da beirarrúa, fronte a bar que leva o nome de “Canteira”.
O curioso non foi que colocaran o carro no lugar estratéxico. O curioso é que ese día estaban de “Boda”. Casaba o José Luis e había que estar preparados para o evento, porque era o último que quedaba para cambiar de estado civil, na familia da Morena, que en paz estée.
Foille un día moi atareado, por iso madrugaron para deixar todo listo. Querían regresar pronto e presidir a marcha da “carrada”, polas rúas da vila. A carrada é deles, polo que ninguén debe tratar de capitaneala, e aproveitarse de algo que xorde espontáneamente da cultura do pobo.
O Mirito estaba contento, porque seu enxendro ten continuidade, xa que os veciños foron quen de preparar todo para tal evento.
- Non quere que se faga coa carrada o Concello, porque no momento, que a institución queira mangunealo pasaralle, como todo o que se fai, na vila, que non perdurará no tempo.
Estaba animado, porque a pesar dos atrancos do día, coa boda do irmán e a visita do Papa a Santiago, a marcha presentouse atiborrada de amantes de Baco, para encher os bandullos, de viño e marrao.,
Aínda que hai que pensa, que isto é unha montaxe, para seu negocio non se desanima e cada ano intenta programar novas actuacións, para que a carrada non decaiga.
Pouca axuda económica recibe dos compatriotas do negocio, pero el é de peñon fixo e a pesar da cerimonia presidiu a marcha polas rúas da vila. Ía alegre, notábaselle nas meixelas, porque relucían, aínda que o viño non chegara a seu fin.
Debe ter coidado, para outra vez, e correxir antes de vender a xarriña, a pañoeleta coa cinta, e o sobre, das verbas escritas no decorado da xarra.
Un urra para o Mirito e os seus compinches, que grazas a esta carrada, congrega aos veciños, dando vida a esta vila, que tanto necesita os fins de semana.
0 comentarios