Blogia
Crónicas Tamaganas

correr o carnaval ?

  Verin-CRÓNICAS TAMAGANAS-. “...Correr o carnaval...”?.

 Miña cara señora  María:  -Cando vostede chegou á vila, aló polos anos sesenta, o carnaval estaba prohibido, pero, daquela, corríase  o Carnaval.

 O que si encontrou, vostede, foi un val, que pensou que era o Edén, porque a súa terra da estepa zamorana era,  e é, moi escarpada e seca. – A familia debeu recordar aquilo do imposto que Zamora lle cobraba aos  galegos para ter voto nas Cortes de Castela e, como pagaban ben, pois esta terra ten que ser boa e pódese facer capital. Así asentou acá e foi onde sacou á familia para adiante, a pesar de quedar soa. –Os galegos para Europa e os zamoranos para Verín-.

 E que agora, señora María, todo é diferente. Daquela había os elementos necesario  para poder facelo, porque a borralla e a caldeira, coexistían na casa coa familia. –Agora, ata nas aldeas, todo é vitrocerámica-. –Hai que ir cos tempos!.

  Naquelas lareiras estaba todo disposto para que, en calquera momento, os rapaces e rapazas, ó saír da escola, colleran a cinsa e fregaran as mans no cu da caldeira, para ir correr ás veciñas e veciños, tisnándoos coas chisnas e botándolle borralla. -Pódese dicir que o ataque non era como que se experimenta na actualidade, onde non hai respecto por nada.

 –As carreiras entre veciños o longo da rúa principal e tratando de esconderse, nos recunchos,  para non ser collido, era a teima de todas as tardes, do tempo de Entroido-.

 Hai que ir cos tempos, señora María, e agora hai que facer batallas campais de fariña na praza. Contaríalle o Cesariño o que viu pola tardiña o luns de Carnaval.  Nun establecemento da praza entrou un individuo correndo e repartiu fariña sen ton nin son; o empregado chamoulle a atención e tivo quer ir a buscar aos donos, porque estragou todas as consumicións da barra chegando a fariña aos estantes da parede, deixando aquilo feito un adefesio. Chegados os donos, tomárono con moita calma, e déronlle solución ao problema. –Isto non debe ocorrer-.

 Sen embargo, señora María, o Cesareo de Vilamaior comproulle todos os globos a un vendedor e logo ía reparíndoos aos raparigos- Outra maneira de divertirse e facer Carnaval-.

  Pero onde estivo a festa foi en Ábedes. Pola noite na adega do Miguel Chita, celébrase, dende un tempo para acá, un espectáculo circense onde cabe todo o que queira perder o medo nunha actuación con programación concertada de: Demis Roussos, Salomé, Los Pecos, Baccara e baile andaluz......

 De camerino facía o lagar e de escenario a parte exterior contigua; onde estaban os aparatos que reproducían as cancións correspondentes e a onde rubían os artistas noveis vocalizando e xesticulando como se fosen os auténticos. Ademais do Damorín, do Mirito, da cativa do Xosé Lois, da súa dona, o Chicho e o Quintas, O Cazoleiro, a Concelleira de Cultura e a dona Consorte do señor Alcalde, tamén presente, todos baixo a dirección do Miguel fixeron unha velada, onde se representou todo o ciclo do Entroido, porque...- botaron petardos- e tamén houbo sermón a cargo do anfitrión. Por certo, a parella radiofónica (Mirito e Miguel) non sería mal invento para algún pregón do Entroido.  Todos estiveron de gloria, ata os espectadores.

 Hai que dicir, señora María, que houbo incomodos por parte de amigas de certas actuacións, porque non foron informadas dos ensaios para tal evento. Iso quere dicir que os artistas souberon levar adiante a súa programación con todo o sixilo, que era condición para que a espontaneidade non se estragase.- E conseguírono-.- Iso das bodegas debe ir a máis-.

 -Os Zamarras Negras van ben--. Que sigan aí-.- Na Viriato-.

                           Verín,19 de febreiro do 2018.-

                          Adolfo Rolán.-

0 comentarios