Alcumes.
- Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS-
Epístolas á señora María por Adolfo Rolán.-
ALCUMES
O Xerardo é un grande coleccionista. Ten un montón de pósters de Carnaval, colecciona chisqueiros, dedais e un sen fin de obxectos que, de cando en vez, trainos á terraza, para que llos observemos.
Gusta do Barsa, pero...,cando está centrado na pantalla quere tranquilidade, por iso toma unha cadeira máis adiante para ver o fútbol con máis tranquilidade.
A culpa tenlla unha cativa, que as veces, traina, facendo de padrazo. A rapaza, aínda non se preocupa polo deporte rei, pero o sangue empézalle a ferver e seguro que seguirá a seu pai e farase seguidora do Barcelona. ¡Que por certo non ve ao Barcelona onda os forofos da bisbarra!.
Ten anotados, nuns papeis, máis de mil alcumes na vila de Verín. Recolle, tamén, as distintas formas que usan ou usaban os veciños para distinguirse uns dos outros.
Como non gusto de nomealos todos, señora María, por se alguén se ofende o que si destaco algúns que empregan dúas palabras, resaltándoas ou diferenciándoas de outras que tamén teñen o mesmo mote.
Vostede, señora María, imaxínase chamando a un veciño co sobrenome de: -“Hay que Caramba”-. Pois ben, debía ser algunha persoa que sempre se estaría queixando, ben porque facía bo tempo ou, ben porque facía mal tempo. Podía ser tamén que no bar, alguén, tomando un vaso, dirixíanse a el en conversa, que non entendía ee respondía: -“hay que caramba”-. De aí que os veciños, para diferencialo, cando se referían a el empregaban o apelativo composto e, pouco a pouco, foise expandindo polo barrio ata que quedou, definitivamente, rebautizado.
Outro dos que recolle é:- “A muller de quen”-...”a muller de quen”..... Seguro que nunha conversa entre homes falando de mulleres, alguén preguntou a quen se referían, de aí, que coa súa insistencia, neste tipo de lerias, chegou a quedarse co mote.
O –“Augas Frescas”-. Bonito alcume, señora María. A este non lle debía gustar bañarse na Preguiza, cando quentaba o sol, de aí, que como frecuentaba o río Támega, pola mañá cedo, recibiu o apelativo adecuado. Debía ir, tamén, á fonte do Sapo, antes de rompelo día, por iso gustaba de refrescarse, sempre, con augas de baixas temperaturas. –Seguramente era unha persoa de moitas carnes e suaba con moita frecuencia, necesitando da auga para calmar as quenturas.
Señora María, fáltanlle dous alcumes de recente cuño. Ademais son de alta alcurni, pois foron ditos no Salón de Plenos da Cámara Municipal: -“Derribos S.L.” e “Poneplacas”.
Verín, 17 de maio, do 2019.-
0 comentarios