Blogia
Crónicas Tamaganas

Inquisidor

Miña cara señora María: Os historiadores deben estar errados cando só colocan no termo municipal de Verín dúas casas da Inquisición. Unha está no lugar da Granxiña, na parroquia de Tamagos, e a outra na parroquia de Vilamaior, preto da igrexa.

Esquecéronse da máis importante, que está nestes intres, na casa concello de Verín.

Dende alí trátase de exercer todo o control sobre todo o que se move en todo o concello. Hai que levar á  fogueira a todo aquel que non comulga co inquisidor politiquiño.

Cóntolle, señora María, en que pasa o tempo o mandamáis da vila. En vez de preocuparse de cumprir coas promesas electorais que lle fixo ao pobo, perde o tempo en dar orde de eliminar da páxina web do concello a fotografía e a páxina web do que neste momentos se está dirixindo a vostede.

Na anterior lexislatura e co goberno tripartito, a estas CrónicasTamaganas podíase acceder a través da páxina do concello. Era un enlace máis, pero iso non lle daba máis categoría, senón que o único é que aparecía nela.

Todo estaba tranquilo. Todo pasaba desapercibido. Ninguén se percataba do asunto ata que chega  o torquemada verinés e decide  xulgar o feito  e condena a esta persoa ao ostracismo da páxina municipal.

Podo dicir que a esta páxina web das Crónicas Tamaganas acceden estudantes de Verín espallados por toda España. Emigrantes que comentan que grazas a esta páxina teñen noticias da súa terra.

Pero o que máis me gusta é recibir a noraboa das persoas que escoitan a COPE, e polo tanto as miñas Crónicas Tamaganas, cando vou pola rúa.

Non gustaba da anterior páxina, e reformando a actual, preocúpase máis de borrar da páxina a quen lles fala, que a ver se o novo contido recolle cousas e temas importantes de Verín.

Para este personaxe o tema importante é controlar e ter a xente como súbditos, máis que como persoas.

No seu maxin só pesa o control da súa “finquiña”, como dicía cando o levaba cara Santiago, referíndose a Verín.

A culpa de todo tena vostede, señora María. Siga a votar para que siga medrando, e vostede busca que te busca un posto para súa netiña querida. Darase conta de que este pobo só medra en Infistela. Os demais teremos que pasar por Cáritas.

Aproveite a ocasión, que hai sete prazas para a Eurocidade. Algunha pode conseguila se sabe onde tocar a gaita, pero non a galega, senón a que da o posto de traballo.

Señora María, estou moi contento e motivado porque a partir de agora son importante. As miñas Crónicas Tamaganas fan o que teñen que facer, para iso as escribo e a través da Blogia lenas en moitas partes.

Narran aconteceres, historias e as miñas experiencias neses anos de política local, que non teño nada que ocultar, porque sempre din a cara, o mesmo que fago agora.

O que ocurre, señora María, é que a verdade manca!

Se se preocupara de colocar a baldosa, que un veciño cuidadoso arrimou á parede do edificio dos Peláez, que leva máis dunha semana alí. E logo di que anda pola rúa. Será en coche do trinque.

 

3 comentarios

Un de Verínou eso creo. -

Ahora que falamos de inquisición:
Adicolle estas liñas os Torquemadas do concello,(por que hai moitos) e de pe feito pregúntolle se estudiaron metereoloxía, nunca vin tal habilidade para ver para donde vai cambiar o vento nin capacidade semellante para saber donde vai estar o sol que mais alumea.
Miña querida gaiola , eu pensei que cando se elexia un alcalde (e asociados ,por que aqui é así) despois era alcalde de todos, pero non, aqui ou fas boas predicions metereoloxicas ou comes merda.
Esto vaise a pique e ninguén ten a culpa,claro que ahora xa temos licencias , o carallo e donde están as empresas que tiveron que pechar.
Pero non teñades presa , queridos parados, todo se vai arreglar,Non vedes que o concello nos axuda a pagar as hipotecas dándonos traballos en "jrumires" e outros chollos nos que se accede por valia (ay non , que esto non vai por valia, si non estudiando climatoloxia) e co planE "con cartelito" que en vez de ós locales dalle chollo a futuros pagadores (¡¡JA JA!!) de impostos no concello de Verín.
Nada mais , agradecerlle o noso “Ilustre Capo” que se acorde da xente de Verin , que as pasa pu… , bueno, “que as pasa” ; que Viva o fondo de inversión local para o emprego
e que mire con vista amplia para todos (si é que recorda que é alcalde de todos) si e que o séquito lle deixa (¿Por qué se me viran escenas de “Bienvenido Mr Marshall” a cabeza ?

Bugallo -

Somos moitos os estudantes que nos enteramos da política local gracias a esta bitácora. Moitas gracias por ternos informados e haberá que facer una visita por Infistela haber como medra aquelo!

Un saúdo dende Madrid,

ivan y dani -

muchas gracias don adolfo por aprobarnos y enseñarnos k penas k para ela ño no nos dara clase cuidase
k pase un buen verano adiosss