Blogia
Crónicas Tamaganas

2007

Miña cara señora María: Remata dous mil sete e todo sigue igual.

-Desculpe. Todo non sigue da mesma forma. Dúas cousas cambiaron a vida municipal.

A primeira a falta dunha solución ao impax da construción e a segunda a dos soldos dos munícipes do equipo gobernante.

É a primeira vila en cantidade asignada ás dedicacións exclusivas e parciais, polo tempo empregado no concello, polos respectivos concelleiros.

É a primeira vila que soporta os desaguisados do mandamáis en materia urbanística. É unha vila de sufridores.

É a primeira vila de promesas incumpridas e todo sigue como antes.

É a que soporta máis débeda, pero o gasto sigue a mesma marcha como se fose a máis rica.

Nunha palabra, é vila, sen vertebrar, porque calquera asociación que xurda, aparece algún “comisario” do poder municipal, para manipulala.

Promesas e promesas coma a Cidade do Motor, da BMW, do Circuito Galego de Automoción, do PXOM ou dunha transitoria que evitase os desaxustes coa nova redacción urbanística, ao ter que facer os proxectos polas normas do oitenta e seis. Seguen sendo promesas.

Están, por fin, coa explanación da futura autovía cara Portugal, para enlazar coa autoestrada, que os os veciños lusos teñen rematado, na fronteira, hai un tempo. Acórdase, señora María, de cando se falou en Verín desta construción¿ - Aló polo ano noventa e cinco prometeuse nun mitin por parte dun membro da administración central. Xa choveu|¡.

E agora séguese a escoitar a mesma cantilena: Eurorrexión, Eurocidade, Eixo Atlántico. Dous parquins. Dous polígonos industriais. Dúas Cidades do Transporte. Claro, como unha é privada a outra non vai ser. Todo, señora María, empeza por bi de dúas, pero non se ve nada.

O refrán di:-” xente nova e leña verde todo é borralleira”. -Por aí van os tiros. Os novos aínda non se decataron.

Non debe preocuparse porque acordouse con Vicepresidencia a creación dunha galescola, polo que haberá a quen colocar. Non debe despistarse e xa sabe, vaia a onde teña que ir, para que súa netiña teña un traballo preto de vostede.

Por certo, como gozou dela, neste Nadal. A rapariga medrou pero sigue coma sempre. Facía dous anos que non a tiña a seu lado, polo que tivo que estar moi atenta a calquera das súas espontáneas actuacións.

Miña cara señora María, que o ano que entra sexa algo diferente e que nos deixen de trolas e fagan realidade o que os veciños desexan.

Seguramente haberá suba de impostos municipais. Chámase IBI.

1 comentario

Visiño -

Namentres outras seguen a medrar, Verín segue na mesma, coma vila residencial de emigrantes xubilados, mozos que viven das pensións deses xubilados, prostitutas e camioneiros. Dende o exilio forzado pola ausencia de traballo de calidade vexo con tristura que seguimos na mesma, que os que veñen tras de min van ter que seguir o meu camiño. E o esmorecer dunha vila chamada a ser o referente do sur da provincia e que quedou nunha especie de cloaca de puticlús e narcotráfico. Poden estar contentos os nosos governantes. Poden seguir dirixindo cousiñas na telegaita. Poden ir ó Grove no verán. eu seguirei traballando para dentro de 30 anos voltar... a vila residencial... a tomar as augas e pasear polas losas de pedra da calle Lisa. Voltarei triste, moi triste por non poder voltar antes, pero é que, señores governantes a tempo completo, non me deixades.