Blogia
Crónicas Tamaganas

Benita

Miña cara señora María, só eran tres as sentadas na cadeira da urbanización. Faltaba a señora Benita. A súa ausencia será polos séculos, pero vostedes seguirán téndoa presente, para que a conversa sexa máis amena.

Recurrirán a ela para matizar asuntos relacionados coa vila, porque polo seu mostrador pasaron moitas persoas e de todos os tipos. Pense que a rexencia dunha armería é fundamental para coñecer intencións persoais, moi privadas, en cada bisbarra.

Dende o máis aló seguirá outeando as súas tertulias e non permitirá que fagan tema de conversa a súa ausencia.

De cando en ve,z mandaranlle misivas para pola ao corrente dos aconteceres do concello.

E pediránlle opinión, porque consideran que o seu pensamento sempre foi un correcto comportamento. Ela tiña como orgullo a educación que imprimiu ós seus fillos.

Diránlle que se aprobou inicialmente o PXOM.  Ela contestará que esa promesa do mandamais verinés fora de tres meses, pero pasaron tres anos e aínda está no limbo.

Coñéceo ben, porque lle toca de refilón na familia. Sempre tivo pouca fe no personaxe. Mellor dito, ningunha simpatía sentiu nin tivo oportunidade de dicirlle o que pensaba sobre o atraso en que ten o concello.

Sempre con promesas ou encantos de serpente, para entreter aos veciños, namentras pasa o tempo e Verín segue coma de costume.

Recordarálles que lean o programa electoral e fíxense nas promesas que recolle, e cantas se cumpriron. O hotel Spá escola esfumouse. Botarálle a culpa á empresa, que non foi capaz de levar adiante o que negociaran, nunha conversa municipal, porque estamos en plena crise.

As verbas que se pronuncian no búnquer municipal, nunca terán efectividade, porque non son reflexadas, nin gravadas, para ser testemuña dos compromisos, polo que as leva o vento.

Aló enriba enterouse de que aparece unha promesa nova, a creación dun "campus". Non sabe de que titulación. O máis seguro é que sexa de técnicos para o paro ou para atender aos xubilados, dos que está enchéndose Verín.

Sen embargo non é capaz de promover ou recuperar o que moitas vilas están a facer, que é recuperar o que foron antano. E Verín foi unha vila de augüistas.

Cambiarán a estación de autobuses de ubicación, porque hai que facer rentable o solar no que está colocada. Marcharán con ela, para asustar aos futuros visitantes de Verín ou para que as persoas da bisbarra deixen de vir a comprar, cando experimenten que non dan chegado coas mercadurías ata o autobus.

E seguirán facendo da vila un deserto nunha terra chea de auga.

1 comentario

Manolo -

Gustoume o comentario, pero a estas datas xa se sabe que titulación quere traer para Verin o sr alcalde, é nada máis nin nada menos que menciña, carallo como se van a por os da Cruña ou os de Vigo, saliulle un forte competidor, o alcalde dun concello alo perdido. No que se refire ao hotel Spa, que queres que che diga, o convenio esta colgado na rede. O que lle deu o alcalde os do balneario de Cabreiroá sabrao él, tivo que ser moito, pois ahora para levar a clientela o Spa metelle os de Abedes unha circunvalacion que escaralla o pobo pola metade. Seica estan que botan lume, tanto e que falan de ir protestarlle o Presidente da Xunta, van bos, o Jimenez é a sua arma para fundir o Baltar, vailles facer bo caso, defendeo como sexa, ademais o Presidente xa ten esperiencia en romper pobos coas carreteras, os de Santa Cruz en Ourense dividiulles o pobo de maneira que ahora o dia da festa do patron cada parte fai a sua independente da outra. Menudo presidente