Blogia

Crónicas Tamaganas

Aquiles...bicicleta.

 

 Verín-CRONICAS TAMAGANAS.- Aquiles...Bicicleta.

 

  Miña cara señora María: -O Carliños nunca entendeu a teima do mestre por querer levar aos rapaces ao monte San Salvador, para localizar as ruinas da capela do santo.

Chegada a primavera o mestre anunciou o preludio do que ía ser a camiñata.

Arrancarían da veiga encamiñándose polo Meiral para rubir polo carroucho ubicado entre as dúas parroquias situadas ao pé da serra.

O Carliños, daquela, cando xogaba, na veiga, cos veciños do outro lado do Támega, ríase e burlábase deles, porque tiñan unha hora menos de sol. Así podía comprobar que o fenómeno era certo a pesar de que o empregaba para insultalos. -Era unha maneira de empezar a loita, entre os rapaces, situados a ambas orillas do río, lanzándose pedras do areal.

 O mestre díxolles que tiñan que levar un pau para axudarse na subida e que non esqueceran o bocadillo, xa que auga encontraríana en calquera fonte a beira do camiño.

 Tardar tardaron e a costa, costar costoulles, pero chegar chegaron e a sorpresa foi que non encontraron restos da capela do San Salvador e, sobre todo, o Carliños non puido coller o ceo.

Pasáballe o mesmo co dito mitolóxico do talón de Aquiles. O mestre recórdaballo de cando en vez, pero, non comprendía nada. Tiña ben o seu calcañal e non vía defecto algún nos seus pés, polo que se enfurecía cada vez que o mestre lle dicía: -"ti, tes un talón de Aquiles".

 O Carliños tivo que escoitar o berrido do "taifiñas", dicindo adiós,  a dúas persoas, que ían pola beirarrúa, para descubrir que toda persoa ten o seu talón de Aquiles. -O mero feito de cortar relacións e, sobre todo, deixar de falar a un individuo é suficiente para descubrir as súas debilidades.

  -Unha das persoas facía tempo que deixara de dirixille a palabra, por iso este berrido, descubriulle o "talón".

 -Pode ser iso, pero son tempos de eleccións e hai que falarlle a tódolos veciños, aínda que non lle falen, nin os distinga e nin os coñeza, por se acaso. Hai que arrastrarse.  Dignidade cero.

Enterouse de que os emprendedores de Vilela tiñan no mercado unha bicicleta de madeira, polo que esperou ás Festas e Feiras do San Lázaro para vistar a vila e vela na exposición. 

Dirixiuse ao stan da esquina e observou a peza completamente rematada; parouse,logo, un pouquiño cos fabricantes, enterándose da nova reconducción da fábrica e alegrouse que, os seus amigos, encontraran un producto co que poder ir tirando.

 Na conversa saíron todo tipo de asuntos a tratar para fabricar e o montón de trabas, por parte das administracións, para que a bicicleta vira a luz. Entre conversa e conversa viron  aos poiltiquiños de turno e observaron que se encamiñaban cara o stan; colocáronse onde a bicicleta e sacaron unha foto co propietario. -A foto saíu, ó día seguinte, nun xornal.

 Tanto o "taifas" local como o provincial estiveron ao tanto do proceso de fabricación da bicicleta, pero a disposición de ambos para axudar a que este producto tomase corpo e dese postos de traballo en Verín foi case nula. -So lles servíu para a foto. -E iso que se empregaron distintos camiños para chegar ao Ente Provincial-.- Do PXOM e a fábica é mellor non facer comentarios. -Houbo de todo menos cousas bonitas-.

 -Señora María, o Carliños non se enterou do que aconteceu máis tarde. -A hora de ir a comer o señor propietario, o "taifiñas" verinés aprobeitou o memento para coller unha bicicleta do stan e subir nela, dando unha volta polos pasillos do recinto feiral. -Unha persoa que observou o comportamento do individuo gravou, co seu celular, a escea do personaxe. -Que personaxe!. -É o que hai!. -O que tiña que facer era comprala para colmar os seus "antollos".

-Vote ben e non mire a quen, señora María.

                                         Verín, 14 de maio do 2015.-

                                Adolfo Rolán.-

Idus.......Pxom

Verín-CRONICAS TAMAGANAS- Idus......PXOM....

Miña cara señora María: -Debeu pasar unhas vacacións moi agradables. A súa familia veuna ver e arroupouna perante estes días de Semana Santa. As súas meixelas reflexaban e relucían alegría en cada momento do día. Os netos e fillos pendentes de vostede en cada recuncho do barrio, levándoa de aquí para acolá, sen darlle sosego a cadeira que a transporta.

- Vostede sentíase feliz e iso que no cumpleanos non foron capaces de xuntar tantas velas como anos cumpriu. -Non lle importou, o importante foi ver a familia preparando a festa para dar satisfación a súa nai, sobre todo, cando os anos se botan enriba.

 Quen non debeu disfrutar destes días de descanso foi o "taifiñas". A nova dos xornais facéndose eco do derribo de parte do PLAN XERAL DE ORDENAMENTO MUNICIPAL tivo que ser algo moi forte e digo forte, porque é o segundo PXOM que os tribunais lle botan embaixo.

 A vila debe ter algo cos "idus de marzo" porque as novas ocorren como os acontecimentos romanos, aló na historia de Roma, entre César e Bruto: -"tamén ti, fillo meu". Debe desterrar este tipo de novas, cambiando aos seus mandatarios nas próximas eleccións, para deixar de seguir este rito que ven marcando os aconteceres negativos na vida dos cidadáns. Este estigma que está na política local debe ser eliminado de raíz e como ninguén dimite, como neste caso, teñen que ser as furnas quen os aparten de vivir a costa dos contribuíntes locais.

As catrocentas vivendas asinadas a esta parte do PXOM foron e son causantes de disminuír o número de predios no resto da vila, polo tanto hai propietarios que foron penalizados con este desprazamento para estas áreas urbanísticas. Deberán reflexionar e ver que as súas ganancias foron e está mermadas nas súas propiedades, dentro da malla urbana, en favor destes terreos, polo tanto teñen que ponderar ese voto tan buscado nestas datas.

 Arreglar isto trae empezar de novo, polo tanto o tempo bótase enriba e ante a dúbida de poder construír na actualidade os donos esperarán a ver se veñen tempos mellores. Parón na vila e logo 600 postos....!

 A situación provocada por esta asinación de catrocentas vivendas a esta zona de Cabreiroá recorda o balneario de Fontenova. Fontenova foi tragada pola construcción co consentimento municipal. O seu perímetro de protección encheuse de vivendas que provocou unhas negociacións onde os propietarios o único que lle interesaba era volumen de construcción en toda a súa propiedade. -Isto sucedeu ao longo da redacción do PXOM do 1998.

Fontenova, que diu de comer a tantas persoas da vila e da bisbarra, está agonizando e non hai ninguén que sexa capaz de ver isto e trasladado a Cabreiroá, para non seguir o mesmo camiño. Pode que todo isto descubra que o do hotel-spa fose un caramelo para tapar bocas, pero no fondo da cuestión estaban as catrocentas viviendas. É dicir, especulación por especulación, pero co consentimento dos organismos públicos que deron informes favorables.

 Co fácil que é botarlle a culpa a persoas que se poñen en contra do "progreso" dun concello resulta que veñen os tribunais e son os que indican por onde debe seguir o planeamento urbanístico de acordo coa lexislación vixente.

Hai que porse no lugar dos propietarios actuais que compraron cumprindo uns requisitos porque querían vivir nese lugar e agora énchenlle aquilo de vivendas sociais, que poden romper con todo aquilo que añoraron e decidiron establecer aló a súa vida cotián.

 Hai que ver como se urbaniza unha vila que se publicita con propaganda de balnearia, termal, "rota termal e das augas" e resulta  que o futuro que se lle presenta é un campo cheo de paralelepípedos no extraurbano.

 O invento da Eurocidade só serve para arañar uns cartiños europeos. que non son europeos, que son dos contribuíntes dos países participantes, pero debería servir para ver como os irmáns portugueses "urbanizan" as riquezas endóxenas nos seus pobos. Exemplos como Chaves, Pedras Salgadas, Vidago e Carvalhelhos son espellos nos que mirar para facer ben as cousas. -Están só ao outro lado da raia.

                                                         Verín 11 de abril do 2015.-

 

                                                       Adolfo Rolán.

.....600 postos....

 Verín-CRONICAS TAMAGANAS.  -…..600 postos……?

 

 Miña cara señora María: O Bento baixou da ladeira da serra e todo el representa ás persoas que encheron á vila de veciños foráneos, pero que a senten como se naceran nela, por iso non daba creto ás novas que lía no xornal da provincia.

 Sempre oíra que o 600 fora un carro fabricado aló, en Barcelona, con licenza italiana e que só podían comprar, daquela, os que tiñan cartos, é dicir, a clase media española do outro réxime.

 Hai catro anos a nova fora un pouco diferente. Non eran 600, foran 622.

-Onde acertou foi no seis, facendo caso á sabiduría do "vello traicionado",polo que se quedaron en catro postos. Pero desexaba un oito......

 -Nin un só posto de traballo perante a presente lexislatura e ,de novo, ofertando outros seiscentos postos de traballo, cando neste presente mes de marzo,  do ano en curso,  pecharon trece establecementos.

-O Bento só vía cara dura no personaxe, porque sen facer unha análise dos seiscentos vinte e dous postos  prometidos fai case catro anos anuncia, de novo, seiscentos postos. -O normal sería que fixera un percorrido de cada un dos seiscentos vinte e dous postos, sinalando a empresa e o emprego cuberto,  para dar conta dunha xestión crible e crida, pero non, saltándose toda análise e, caendo na mesma petulancia, lánzase a prometer outros seiscentos postos máis.

 –Ninguén lle cobra e como non paga por dicir tanta barbaridade, unha máis non corre perigo. -Ese é o pensar do “taifiñas” verinés. Os veciños nin len, nin escoitan a radio, nin se enteran e ademais o que digo, dígoo porque me dá a gaña, sobre todo porque hai xente que quere que diga estas cousas. –E ten razón!.

-En calquera momento saca uns papeis e empeza a ler todo o que fixo perante a  presente lexislatura e deixa a todo o mundo coa boca aberta. Convenceu a todos ou aínda que non convencera a ninguén, os votos aparecen, que é do que vive.

-É triste, pero a realidade é a realidade!. Por iso o Bento non entende nada do que está a suceder na vila.

 Unha vila que morre pouco a pouco. A parte antiga está desaparecendo, porque non hai atractivos para ela, nin se buscan, nin se apoian, nin se lle permite que viva por si mesma, porque ten que vivir, pero a medida do “taifas” e, sobre todo, de algo que chaman “patrimonio”, que en vez de buscar solucións só pon atrancos. –Para iso fírmase un convenio!.

 O resto da vila, o seu camiñar,  está ne mente dos veciños que ven que lle ocorre outro tanto. _Non se abren negocios polo tanto hai que vivir dos xubilados, de momento, porque empeza a sentirse a falta de ingresos dos avós e isto repercute no gasto, polo que veranse novos peches de tendas.

-Sería bo que os veciños tiveran presente a hora de “votar” un par de cousas: -Contribución urbana e rústica, tratamento administrativo municipal cara aos administrados, problemas domésticos coa auga, plan xeral que facilite vivendas individuais e, sobre todo, un plan social de cara ás persoas maiores, -teñen que ir fóra de Verín-.

                            Verín, 22 de marzo, do 2015.-

                               Adolfo Rolán.-

-.....2015....ano electoral...!

 

      Miña cara señora María:- A vergoña non existe no "taifiñas" verinés. Non importa falar. Dá o mesmo dicir unha cousa que outra. -A mentira adueñouse do personaxe e tira para adiante.

-Afirmar nos xornais que a señora funcionaria municipal chegou a Verín máis tarde que o seu marido hai que ter pouco sentidiño, como di o Carliños, porque,só, con ir ás nóminas do Concello e ás da Empresa Concesionaria da Auga chega para constatar a verdade, polo cal, que intención hai de dicir o contrario?.

 Señora María, en algunha ocasión, comentouse aquilo de que non lle conta unha verdade nin a súa propia sombra, polo que está engreído e non distingue a verdade da mentira ou debe haber outro problema. -Haberá que buscalo?.

-Os veciños deben ser parvos e non se enteran, polo que digo o que me dá a gaña e punto. -Comportamento nada democrático do individuo, pero non lle importa.

Insiste en botarlle a culpa de tódolos seus males a un funcionario. -Moi bo ten que ser, porque aínda non sufriu a súa "depuración" e sobre todo porque mantense no seu posto municipal. -Hai que dicir que este funcionario "colóuselle", daquela, cando  sacou ese posto a concurso. -Hai que aguntalo!. -Habería que saber e preguntarse o porque desa teima con el. Ao mellor é que non comulga con rodas de muíño.

 Con isto de funcionarios tamén hai que ver por que o resto deles non optaron a eses postos en Portas de Galicia e por que estes dous teñen que estar na nómina só do Concello de Verín, cando esa Institución ten un Xerente que cobra directamente dela. -A resposta está clara. O presidente da Institución é a mesma persoa que exerce de alcalde na Cámara Municipal Verinesa, polo que ten que ter ás persoas adecuadas aos seus "intereses".

Se os comentarios dos munícipes dos arredores son certos, sobre todo, cando  comentan sobre relacións políticas entre os rexidores da bisbarra é normal que ningún funcionario, da mesma categoría, quixese estar baixo o mando do "taifas" verinés.

 A frase de " un funcionario me persigue" rompe coa tradición persoal de que ante as adversidades crecíase, agora,  responde cun victimismo nada apropiado, polo que debe haber temas que o obrigan a tomar este tipo de comportamentos.

-Non hai que remontarse moitos anos para ver como tratou ás persoas pondo dous exemplos: a Larry e a Lucas. Un, empregado público e o outro, compañeiro na lista electoral do mesmo partido. Polo que esa afirmación perde toda a súa credibilidade.

 -Hai quen chega a afirmar que todo este artigo foi invención del, para desorientar e así conseguer o que ten previsto.

 É lóxico e normal que os medios de comunicación informen, aos seus lectores, dos aconteceres municipais. Unhas veces serán positivos e outras serán negativos, pero como di o refrán: -" hai que estar ás verdes e ás maduras"!.

 Señora María, o ano préstase a moitos aconteceres. Debe estar atenta, porque as novas serán ávidas e irán marcando camiños que levarán a cadaquén polo seu carroucho y uns arribarán a lugares paradisíacos e outros encontrarán recunchos a súa medida.

                                  Verín, 17 de marzo do 2015.-

 

                                 Adolfo Rolán.

ano 2014...

 Verín. CRONICAS TAMAGANAS. Ano 2014.-

 

Miña cara señora María: -O ano pasou con máis pena que gloria.

O horizonte verinés hai tempo que escapou, pero ninguén intenta dar un cambio para encontrar algo que sexa camiño, na procura dun interés común, que leve á vila por un sendeiro axeitado, cargado de ilusións e poder dar algo que recompense a  tanta xente necesitada.

 Lavar a cara, aquí e acolá, é algo que debería resultar incómodo para quen intenta só comprar uns votos, porque iso non é programar nin ter obxectivos concretos que abran vieiros, que os veciños poidan elexir, para encontrar un futuro axeitado, levantado a súa moral.

Reducir a deuda municipal foi a misiva máis importante, pero, como?. –Os contribuíntes verineses sufriron un ataque de impostos que axudaron a minguar a deuda. Non foron medidas optimizadas de xestión municipal, senón carga patrimonial aos veciños, polo que non se pode vender unha redución deste tipo como unha boa xestión municipal, como anda a vender algún membro do equipo gobernante.

 Ata se paga por un “alpendre” e como dicía o Carliños que non che coincida a fotografía da avioneta coa colocación dunha pisciniña para o cativo, porque tamén cha cargan na contribución. –Non hai remedio!.

 So lle interesan os veciños para recaudar aínda que provoquen pobreza e non teñan para gastar na tenda da aldea. O problema surxirá cando isto se acabe, pero son capaces de inventar outro pago non contributivo e  ir tirando ata as eleccións. –Logo xa se verá. O malo é se isto non funciona e as eleccións non dan o resultado esperado. –Non lles importa porque xa teñen o bolsillo cheo.

 Señora María, o Carliños non concretou ben aquilo do Multiusos. E non foi capaz de comprender o problema. A empresa constructora gañou un concurso cun proxecto definido, polo que se hai que subsanar algún erro ou mellorar algo, quen carga con este gasto?, porque o do xornal afirmando que non hai gasto para as arcas públicas non ten moito sentido, porque de onde saen os cartos, entón, para este remendo?. -Da mellora ou da calidade?. -Xa se verá, como noutros casos.  

 As presas do auditorio fixeron que unha parte da planchada caese e gracias que non houbo desgracias humanas para os traballadores, que son sempre quen cargan con todos os desaguisados. –Pode ser isto froito da calidade?

 O que demostra este multiusos é o mal alumno do “taifiñas”, porque só aprendeu do seu “mestre” o malo para Verín, eliminar todos os humedais ou charcas dos arredores. Exemplos o Hospital e agora este Multiusos. -Non queda , nin quedarán restos de ningún humedal para ser integrado no conxunto do urbanismo local. –Algo que respire natural.

 O que si responde é a maneira de facer as cousas. Daquela mandábase unha copia do PXOM e a partir de aí o técnico redactaba o proxecto. Executar a obra era fariña doutro costal. O proxecto non recollía peches, retranqueos, etc.,  só recollía a planimetría do Pxom, polo que “empotrar”, levar a cabo tal execución daba o seu traballo.

 Algo parecido debeu pasar coa redacción do proxecto do multiusos. Nin coñecían o lugar nin tomaron contacto con el para que as bases do concurso recolleran todos os inconvintes.

 Algún día os veciños do lugar turrarán dos pelos, porque o levantamento das cotas, aterrando e eliminando o humedal, fará que a auga busque sitio no que recrearse, polo que  serán víctimas dos encharcamentos.

 Non hai moitos anos que a charca grande estaba, máis ou menos pola altura da rotonda da escultura maltratada. Agora a charca está onda o multiusos. Logo pasará cara Fontenova ou rúas enriba, por Obras Públicas.

 -Señora María, non hai remedio, a historia da vila estará oculta, porque estes personaxiños non queren que se vexa.

 

                                                  Verín 31 de decembro do 2014.-

 

                                         Adolfo Rolán.-

Pichi...!

 

 Miña cara señora María: -O Pichi finou!-

As montañas de Laza e sobre todo os recunchos que as conforman chorarán a súa ausencia. Notarán a súa visita cotián pero, sobre todo, daranse de conta que a súa ausencia é a ausencia delas.

O Santo, o Caudillo, os Petarós, a rota dos Marroquís, o cañón da Armada, e como non, ata a "cadeira da raíña" esperarano eternamente, porque a súa falta crearalle tristuras. O descanso e a vista cara o val xa non terán lugar ao caer o serán, nin despois, de ensinarlle a cada acompañante a fonte, que coidaba, que podía competir, para ser tida en conta, como nacemento do río Támega.

Non había lugares que non foran visitados polo Pichi. Gostaba de rubir e camiñar por eles coma se fose un membro imprescindible no seu acompañamento. O coidado e a mesura eran aspectos que mantiña sempre, pensando que todo está ao servizo das persoas. -Moi comedido e a racionalización do uso natural estaba sempre presente nel. Coñecía e diferenciaba cada planta e sabía o uso para calquera remedio caseiro, para calquera doencia.

Pichi foi un incomprendido, no seu momento, porque daquela xa reinvindicaba a permanencia no rural dos seus nados. Intuía que o futuro da xeracións vindeiras estaba naquela terra e non na emigración. -A mellor emigración é a inversión nestes montes-, escoitábaselle a cotío.

Para cada lugar dos montes tiña un proxecto que aplicar, pero os de enriba, pouco entusiasmo lle puñan, aínda así non se desanimaba, porque tiña sempre algún razoamento que o deixaba tranquilo.

 Nos oitenta buscou unha solución para que os rapaces de Camba poideran asistir ás clases a Laza, naqueles duros invernos. O problema era sempre o mesmo: -a loita entre políticos da vila de Verín e , neste caso un "coto", pero que el soubo darlle resposta adecuada, sen perder as simpatías que tiña en Toro. A estrada que había que construír debía permitir un acceso fácil ata Cerdedelo, salvando o "coto" e facilitando a chegada en menos tempo ao colexio a Laza.

Aquela mañá recibín unha chamada do responsable-xefe de prensa dos corresponsais do xornal provincial, La Región, para que o acompañase. Accedín a un coche que conducía o todopoderoso vicepresidente da Deputación Provincial e responsable de levar adiante un tal Plan Bulleiro, que recollía todos os proxectos das parroquias da provincia de Ourense e aló nos encamiñamos os tres.

O Pichi xa tiña a solución do traxecto da pista. Dende o alto de Camba escomenzou a baixar pola ladeira da montaña e, logo de camiñar un longo treito, vislumbrouse a capela da Virxen da Pena Tallada e aos poucos días as máquinas da Deputación deron co inicio dun novo acceso a Camba.

Pero o del eran proxectos que asentasen a poboación no rural. Persoa adiantada en ver os problemas dos pobos, pero sobre todo coidaba que ademais dos camiños había que dar máis servizos, incluíndo inversións que crearan postos de traballo, porque así os mozos non abandoaban o campo.

Pero foi fora da política onde conseguiu que a Brigada contraincendios tivera a Base en Laza cedendo, como presidente da Comunidade de Montes, un terreo. E tamén puxo os terreos ao servizo do Concello de Laza para que o Parque "Feiticeiro"  se establezca na localidade de Souteliño. -Responde a aquel refrán: -"o que a segue e a persegue"-. -A perseverancia nas cousas era a súa virtude por excelencia, porque non se ofendía, aínda que lle dixeran que non.

Onde máis disfrutou foi creando nerviosismos políticos, coas informacións nos xornais provinciais, cando intentaban destruír Coalición Galega. Participou sendo un "mohicano" de CG, facendo posible que houbera listas municipais en tódolos concellos da Bisbara. -Sentiuse feliz pola fazaña.

Quen máis o botará en falta será a "mesa camilla", aló na vivenda da Picota. Testemuña de todas as súas obras e compañeira con a súa dona, sabedoras de todas as súas cuitas.

 As tertulias ao redor dela, co braseiro quentando as pernas, e saboreando aquela taza de genciana, que tambén lle obsequiaba aos vistantes, sen faltar a bica e o licor café, deixarán de ser visita obrigatoria, pero manteranse no maxín dos amigos.

  Unha aperta e que descanses en paz.

                                 Verín, 5 de decembro, do 2014.-

                     Adolfo Rolán

Acuseta....

 

 Miña cara señora María: -O Paco tivo que solucionar un problema municipal e recorreu a un amigo, para que lle botara unha man. O amigo fixo unha chamada e o Paco foi atendido. -Só atendido.

Ao pouco tempo preguntou se na casa consistorial había acusetas, -como?, si, chivatos.

Aquela experiencia de ter que acudir a un concello fíxoselle grande.  Nunca  se vira no caso e sempre resolvía vía domiciliación bancaria, porque tanto os seus pais coma os seus sogros non lle deixaron facer nada. -Sentíase un inútil-.

-A situación coa que se encontrou non lle parecía normal.  As persoas deben ter un comportamento racional, polo que lle rompía o esquema mental o que estaba sucedendo.

-O técnico que ía visitar estaba sendo atropelado no seu despacho por alguén que lle tiraba todos os papeis, que estaban enriba da mesa, dando voces sen ton nin son, airadamente. Cando viu ao personaxe non daba creto do que estaba a acontecer naquel despacho. -Non entendeu nada. Todo era tan de presa e atropelado que aquilo parecía máis un esperpento que un despacho dun técnico. Nembargantes o funcionario, sentado na súa cadeira, nin se inmutou. Miraba e miraba por se as cousas podían pasar a maiores, pero...!.

Rematada a escea o Paco preguntou sobre o suceso, polo que recibiu a resposta directa do interlocutor, narrándolle os feitos.

-Estou de vacacións e comunicáronme que ía a celebrarse un cursiño, polo que vin ao despacho para facer a solicitude. Nada máis sentarme saiu dese despacho unha "empregada" e ao pouco rato aparece o personaxe coa escudeira, que por certo viches que non pasou a porta do meu despacho. -So acompañou para darlle seguridade ao "individuo".

 Os pensamentos do Paco pasaban tan rápidos e eran tantos que non daba tempo a que o seu maxín os poidera analisar.

É triste que os concellos estén cheos de pesebristas desta estirpe. Hai acusetas, chivatos, escudeiros, controladores....-como se houbese que pagar toda a vida os favores dun posto de traballo. -Que tristura!.

 -Pódese asegurar que hai certos veciños que son obxecto de control cando recaban calquera tipo de información nas oficinas da "casa de todos", e iso que todos aportan os seus cartos para mantela aberta e ben coidada, incluída a calefación, pero iso depende máis de formación e de educación das persoas que rexentan a vida pública, -a "res publica" romana-.

Co fácil que é atender correctamente aos veciños dos que reciben o seu soldo, vía impostos ou taxas municipais, faríase todo máis sinxelo e viviríase máis dignamente, pero non, sempre teñen que aparecer "taifas" que teñen que controlar todo, por iso se rodean deste tipo de persoas que, aíndan que perdan a súa personalidade están eternamente agradecidos, a costa de  degradar a vida municipal.

Ao parecer este técnico cumpre obxectivamente co seu traballo e iso parece que non senta ben, polo que, de cando en vez, sofre este tipo de tropelías taifanas.

O que lle chamou a atención ao Paco foi a resposta do técnico á  escudeira, cando lle recriminou a falta do xustificante dun cursiño. -"Búscao, porque está no concello"-. -Foi a resposta inesperada e recollendo os seus papeis levantouse e voltou a seguir disfrutando das súas ferias.

Señora María, os veciños acoden ao lugar para darlle solución aos escritos que lles están chegando do Catatro, porque se encontran con reclamacións que se contradicen asi mesmas. O Paco ten pagada a contribución da casa de Verín e reclámanlle unha regularización de algo que está normalizado.

Estará contenta porque lle están lavando as beirarrúas, aínda que o ruido da máquina faille abrir os ollos cedo.

 Os escremnetos do can, que levaban case unha semana, na esquina da rúa, perto do transformador de corrente eléctrica, por fin tomaron outro destino con esta frega. Alguns veciños deberon pisar neles. -Pense nas vivendas deses veciños!.

                           Verín, 18 de novembro, do 2014.-                           

 

                                       Adolfo Rolán.-

 

 

 

 

 

"...cinco euros".

 

 Verín-CRONICAS TAMAGANAS- -“.........5 euros!.”

 

Miña cara señora María:  -O Carliños é unha víctima da situación social que está a sufrir todo o país-.

 -Necesita trinta euros, ao mes,  para poder acollerse, unhas cantas horas, ao estudo fora  do horario lectivo-.

 -Os servizos Sociais andan a procura de poder ver en que partida do orzamento poden situalo para facerse cargo da situación, na que, ao mesmo tempo, participan outros organismos para darlle solución satisfatoria.

 Pódese dicir que mentras hai cativos que se encontran nesta situación, hai “personaxiños”que cobran das arcas municipais “cinco” euros por ir a Feces de Abaixo, en calquera visita á Eurocidade.

 Os servizos sociais poden recomendar que os trinta euros se pagan con cargo a esta partida. -Os nenos si merecen “cobrar”-.

-Tanto individuo roubando e resulta que logo recortan os gastos para este tipo de situacións.

 A historia do Carliños, señora María, é dura. –Non se entende que haxa unha asinatura chamada: Educación Para la Ciudadanía, e logo resulta que este cativo sufra a malas artes das persoas en que lle tocou vivir. Seu pai , que se casou en segundas nupcias, non é capaz de cortar as atrocidades a que é sometido. Como exemplo, pódese afirmar que foi botado fora da casa un anoitecer, polo que vendo que o neno soltou que ía  á Policía saíron correndo para recollelo. Pero aínda hai máis, a súa verdadeira nai, ao parecer, quédanlle poucos días para ir á prisión.

 -Un neno que quere vivir coa súa nai,  obrígano a vivir cunha madrasta-. Agora que leva uns días vivindo con ela, lévanlla para o cárcere. Volta á situación anterior.

-Este neno necesita deses trinta euros para poder amortiguar parte das súas vivencias, porque comparte boa amizade coa súa irmá, froito da nova maridaxe do seu pai.

 –Para este neno non hai trinta euros pero, para ir a Feces, hai cinco-.

Haberá que estar atento para ver como remata esta cativa historia deste cativo, porque poderá verse cal é a dureza dun corazón “adulto” ante este tipo de situacións que chegan ás administracións e pasan páxina expresando calquera frase manida que borra calquera atisbo de solución social de primeirísima necesidade.

- Todo pode quedar en que como hai tantas situacións semellantes e  non se habilitan partidas, pásase páxina e tratan o tema seguinte...-.

Ao mellor ata hai solución positiva porque se acercan as eleccións municipais e, un voto é un voto, polo que hai que aproveitalo por se acaso, porque a situación non está para despreciar ningún ,aínda que sexa producto dunha situación estrema, como neste caso.

 O “corazón” dos “politiquiños” non da máis para si, polo que non lles importa aproveitarse deste tipo de situacións. –O importante é a poltrona, o machiño-, non hai que pararse en analisar estas situacións e tratar de porlle remedio, porque o único remedio que encontran son os cartos para comprar o voto.

-Todos son cartos!.

-O malo será cando isto se acabe ou a paciencia da cidadanía se esgote, porque as consecuencias poden ser tamén desastrosas. E cando hai desastre o pequeno perde, pero o grande tamén sufre as consecuencias do desastre-.

 

                                    Verín, 3 de novembro, do 2014.-

 

 

                                   Adolfo Rolán.

Támega... insólito

Verín-CRONICAS TAMAGANAS-Támega…insólito.

 

  Miña cara señora María: -A vida sempre está chea de sorpresas!.

O río Támega a seu paso pola parroquia de Tintores tivo unha serie de pequenos meandros que facían desaparecer parte da veiga e cambiaba o seu curso case todos os anos polo inverno.

  Arredor dos anos sesenta, do século pasado, ocorréuselle a un “benefactor” que Tintores debería ser modelo a seguir para as Concentracións Parcelarias. -Así sucedeu. O pobo opúxose e tiveron que  mandar á Garda Civil, para poder levar adiante o proxecto. –Daquela todo era obrigado-.

 Pódese dicir que esta obra foi a primeira que desvirtuou o Río Támega. -Aquilo era un mar, no medio daquela veiga-. O molinillo para descuartizar os coios, que se arrastraban, cun cazo, dende a outra orilla, facía que máis que un arrastre para pavimentar as pistas de concentración, fosen  a construír un lago para o ocio da bisbarra.

 Dende aquela o río sufriu ataques por doquier por parte dos poderes públicos, que facían o que propietarios, das propiedades ribeireñas, solicitaban e ao mesmo servíalle para comprar votos.

 A veiga sempre estivo para remansar a auga nas crecidas, pero a eliminación dos meandros provocou que o río se deslizara augas embaixo con moita velocidade, provocando as anegacións de Verín, porque a forza do seu caudal impedía e impide que, por exemplo, o regato da Rasela, descargase as súas augas, polo que recreábanse polas rúas da vila.

  O insólito do Támega é que por primeira vez os famosos “ollos do Támega” en Tintores non apareceron, neste verán. Os vellos do lugar non recordan o río con auga. O areal, de sempre, non quixo que os canteiros de antano rebuscaran as lousiñas para asentar os perpiaños, porque o curso do río non se encondeu na capa freática e a auga permitiu que os peixes non morresen.

 A explicación ao fenómeno, parece ser que é causa do AVE.  Tivo que ser o AVE o que aportase unha solución aos “ollos do Támega”. Deberíana ter en conta as administracións para que o caudal do río non se filtrase.

 Ao parecer os do AVE tiveron que embalsar a auga das perforacións antes de vertela ao río. Fálase de moitos millóns de litros que tiveron que estar decántandose para logo vertelos pausadamente.

  Este remedio pode ser empregado para regularizar o caudal do río e que en Tintores e en Pazos non desaparezca durante o verán.

 Augas embaixo, pola zona da Perguiza, o río volve a sufrir no caudal, porque non o deixan recuperar. Pode que as bombas, que mandan a auga cara o depósito, traballen en horas de baixo prezo en vez de facelo cada certo tempo para que o caudal se recupere e faga que o río sirva tamén para regadío agrícola e manteñemento da fauna piscícola.

 O sistema de acumulación de auga para que a depuradora poida funcionar non e´a máis axeitada. Se o sistema anterior non era adecuado o de agora aínda menos. Iso de talar amieiros cruzándoos no cauce sevindo de parapeto da auga fae que na superficie do río só se vexan follas da mesma especie.

 Os veciños protestan pola “sougas”, que non son dañinas para o río, en tal caso, benefician a pesca, pero non reclaman ante esta inusitada acumulación de follas que sí poden perxudicalo.

 É curioso que non se monten plataformas en defensa do río Támega, porque o río, que se queira ou non, é vida no val que leva seu nome.

  Hai que esperar a que tomen conciencia  os veciños e mandamaises políticos para que non deixen montar esa industria “tan necesaria e tan importante”, no polígono de Pazos, que consumirá e eliminará toda a auga posible que garda o val. -Outra afrenta ao río.

 A incineradora de biomasa dará algún posto de traballo, pero a auga é a nosa vida.

 -Defendamos o río Támega!. -Recuperar as presas que recollían a auga para os moíños!. –Sen auga o val morre.

 

                             Verín, 9 de setembro do 2014.-

 

                          Adolfo Rolán.

Europa,....terra de ningures?

Verín-CRONICAS TAMAGANAS- Europa,.........terra de ningures?.

 

 Miña cara señora María: -Se vostede, señora María, fora veciña dos concellos de Oimbra e Cualedro estaríase preguntando que é isto de Europa.

 Seguramente vostede estaría abraiada das ocurrencias políticas que acontecen aló en Buxelas, permitindo unha desigualdade tan manifesta e dando pograpanda, nos xornais, de tal infamia contra estes dous concellos.

 -Quedaron en terra de ningures. Mandáronos ao ostracismo institucional, porque tal magnitude de aberración non pode tomar corpo, nin ser permitida en ningunha institución que teña vergoña.

 Pois Europa permite isto e aínda máis. –Ninguén se fai portavoz desta inxustiza que acaba de ser institucionalizada, dando categoría de Eurocidade, só por ser elemento que fai saír nos medios de comunicación a inviduos que non cren nos territorios que rexentan.

 -Institucións que só serven para colocar a inchufados políticos, -pagar prevendas- e non para a finalidade para a que se crean-.

 Pois ben, señora María, os xornais destacan a nova eurocidade Xinzo-Baltar-Montealegre, polo que os concellos de Oimbra e Cualedro quedan en terra de ningures.

 -O que chama a atención é que ninguén di nada, como se fora unha nova máis e que chova-.

 Estes veciños que contribúen cos seus impostos para manter a tanto “chupatinta”, resulta que, afectados, como todo eurocidadán, polas directivas emanadas de Europa, só serven para iso, para pagar, para mantelos. –E, isto é Europa?.

 A liberdade de acción, por parte das institucións europeas, dá lugar a que sucedan estas aberracións de demarcacións, que só producen desigualdades entre cidadáns que están baixo a mesma regulamentación.

 Crearase unha terra coutada  onde  haberá experimentacións de supervivencia, cando Europa vende e intenta dar unha imaxe de igualdade social, polo que non debe permiten experimentos deste calibre. -Inimaxinable nos tempos que corren-.

 -Tristura é o que produce ver a estes concellos arrinconados-acotados- por dúas “eurocidades” e que ningunha tendese as súas mans para integralos, cando ambos teñen máis línea fronteiriza e para máis inri o concello de Verín é o que menos fronteira ten.

-Falan dunha Europa de dúas velocidades. Vendo isto necesitaranse moitas máis marchas para poder coller o tren dos “listiños” e que ninguén se queixe se logo aparecen “Pablos Iglesias”, que lle marchan cos votos.

-Dirán que non deben de preocuparse porque a Eurorrexión ou o Eixo Atlántico enmenderán as inxustizas que se produzan. Pero chegarán tarde, porque cando cheguen esas medidas a poboación estará cansada de esperar e polo tanto emigrarán, porque hai que buscar algo mellor, porque aqueles , nos que confiaron, non foron capaces de tratalos, polo menos, igual que aos demais.

 A historia desta terra parece eterna, que non pode cambiar, cando esta terra ten todo o que fai falta para vivir. -O malo desta terra é a confianza, dentro da desconfianza-. Pero, sobre todo, o “medo político”.

 

                      Verín, 1 de xuño do 2014.-

 

                            Adolfo Rolán.

Manifestación...eurocidade!

Verín-CRONICAS TAMAGANAS- Manifestación........eurocidade!

 

Miña cara señora María: -A vila esperta de cando en vez.

 As protestas reivindicadoras dos veciños fanse ver e, perdendo o medo, toman as rúas como se algo normal sucedera, neste recuncho galaico tan denostado e esquecido por todos e, sobre todo, dando a cara. - Algo inaudito nesta terra-.

Non é que a vila sexa pródiga a este tipo de reclamacións, pero a xente vaise animando e sae a rúa ata con carteis individuais, onde expresan o seu sentir.

 Se a manifestación do colectivo sanitario foi exemplar, esta superouna con creces, e iso que agora o tema non era a saúde dos usuarios, senón temas de cultura, que son menos propensos ao interese individual e persoal. A presenza de cativos e de adultos fixo que esta explosión popular recorrera as rúas da vila, para rematar na praza, sen algarabías e alteracións da orde pública. –Un exemplo a seguir-

 -Pódese dicir que todo isto foi unha experimentación-. Saíulle como anel ao dedo. Estará contento o instigador do evento. Pululaba sonrinte, pero atento a todo o que acontecía e, sobre todo, vendo a cantidade de persoas, que percorrían as rúas, pondo en evidencia de que este nasciturus pode ir adiante e tomar corpo formativo non moi lonxano. –Será capaz?-

 Pode que se forme o embrión e chegará a adulto para cambiar os destinos da vila.-Tan necesitada!-.

 Si, señora María, unha persoa que case desdecía do resto dos manifestantes, por camiñar só, vía que a súa idea dera froito e que se podía converter nunha formación con ansias de permutar este concello. –Sentíase orgulloso de si mesmo-. Agora a seguir  traballando, aínda que aparezan atrancos, pero onde non os hai?-.

  Señora María é bo que haxa estes experimentos, aínda que sexan en protestas.

 Experimento ou falta de experiencia foi o que lle sucedeu ao Foro Monterrei presentádose de improviso ante a autoridade autonómica ou falta de experiencia nestas asuntos, aínda que algúns, tamén tiveron casos parecidos, na súa andaina política, pero as bondades e os servizos prestados non contan ante estas circunstancias. Por iso acceder ao recinto da alfándega sen invitación era todo unha odisea, aínda que, según presenciables, ninguén se acreditaba.

 Ata tal punto o control era desorbitado, que o señor Presidente da Asociación de veciños da parroquia de Feces de Abaxio, onde está ubicada a Alfándega, tamén se lle solicitou o credencial de invitación. –Non o tiña, polo que o supervisor foi a requerir auxilio e chegou coa orde de que entrara. –O señor Presidente da Asociación vendo o que estaba a suceder cos membros do Foro solidarizouse con eles e non accedeu ao acto.

Nesta xuntanza houbo dúas fotografías que recollen aos invitados. Na do exterior están todos e tamén coláronse algúns veciños do partido. Nela aparece como fondo a alfándega co logotipo da Eurocidade; na do interior só aparecen os políticos, pero non hai nada referente á Eurocidade Chaves-Verín. A fotografía foi publicada polo Xornal Provincial La Región ao día seguinte.

 Esta publicación, máis que bendecir á Eurocidade como Ente Europeo, demostra que foi un acto preelectoral do partido cara as eleccións europeas

e iso que non aparece o Señor Presidente da Deputación de Ourense, señor Baltar, e tampouco o Señor Presidente da Mancomunidade de Verín. –Por algo será?-

 

 

                                                     Verín , 23 de abril do 2014.-

 

                                               Adolfo Rolán.

monterrei ...ocasión perdida?

Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS- Monterrei....ocasión perdida...?.

 

Miña cara señora María: Cando as persoas xogan a políticos ábrense dous camiños: -“ os que aspiran a manterse no cargo e os que aspiran a facer algo distinto, diferente, porque non lles importa o tempo político e porque teñen oficio e beneficio e van a servir e non a servirse.

 Os que queren materse no tempo obran ao ditado, esperando que lles veña do ceo o maná e que pase o tempo, para aproveitarse das complacencias políticas e que chova, porque saben que unha obriña por aquí e outra pola acolá son suficientes para vivir. -Pódeselle catalagogar como “políticos funcionarios”-. Examináronse das “oposicións políticas” e tómanas como seu oficio.  -Estes saben o que queren da política-.

Os que teñen claro o tempo político, porque teñen oficio e beneficio, teñen claro a súa finalidade política. Poden que accedan ao cargo por estar aí, pero o seu tempo é de entrega total para servir aos cidadáns, aos contribuíntes. –Toman decisións, que  aínda que sexan cativas, configúranos como “homes de estado”. Nunha palabra, arriesgan.

-O castelo de Monterrei prestábase e préstase para demostrar a calidade política dos que gobernan os destinos da cidadanía galega-.

-Co anuncio de convertir o Castelo de Monterrei nun HOTEL-MONUMENTO, polo aspirante a tomar as rendas en Madrid e poder dirixir os destinos hispanos, quedouse na categoría de “taifiñas” e non en “home de estado”, como debía ser.

 Escomenzou por reducir o número de deputados autonómicos, pero, só foi iso. –Debeuse cansar!. -Un xesto, simplemente-.

-Esta decisión foi e é unha “ocasión perdida”, para quen goberna Galicia, porque en Monterrei, tiña e ten a oportunidade de empezar  a reducir o Estado, configurando na acrópole, a futura sede da BISBARRA de Monterrei, como experiencia piloto, para comarcalizar Galicia e ir eliminado INSTITUCIÓNS, que son un “cargo” para os contribuíntes.

 Obrigaría ao Goberno Central a cambiar determinados artigos da Carta Magna, porque ao reducir localismos erradicaríanse institucións, que só fan duplicar funcións estamentais.

 É máis, podía empurralo a ir perfilando unha nova distribución territorial de acordo cos tempos e sobre todo, cos tempos de crise, pero non. -Chegoulle con competir co taifiñas local. –Non hai para máis.

 Nembargantes, quen demostra ser home de estado é o actual presidente da Deputación, arriesgando ao propor a elección dos deputados provinciais nunha circunscripción única. -Só lle faltou reducir o número, para que a carga dos contribuíntes ourensán fose menor, pero vese que ten ideas e exprésaas, como debe ser, sen ter medo a perder o posto político.

Non é a primeira, nin será a última proposta deste xoven presidente, para que nas altas esferas do Estado se fagan eco da súa idea, porque volverá a expresala nos medios de comunicación, para que non sexa esquecida.

Non fai falla saír da provincia ourensá para ver como se fan as cousas. Unha visita  ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa-Lansbrica- e vese que se queren facer algo positivo na fortaleza aos pés do San Salvador, poden facelo. –Porque saber, saben. -Defenden outos intereses?.

 E seguro que as visitas ao Castelo aumentarían e non só para uns poucos, quens serán os que disfruten, oteando, un acontecer do val do río Támega, máis escuro que ningures. Eses, quéreno, só para iles e non que o resto dos “tamagani” poidan acceder, pero para ver un val cheo de vida e non froito do esquecemento político.

 Deberíaselle comunicar a algún Comisario Europeo a finalidade dos cartos e mostrarlle que aló, no mesmo montículo, a menos de seiscentos metros, hai ,xa, un Parador de Turismo. A que ven, outro, no mesmo emprazamento?. –Que expliquen e que dean conta a Bruselas deste despilfarro.

 Señora María: -Temos o que votamos.

 

                                    Verín, 27 de marzo do 2014.-

 

                               Adolfo Rolán.

Carnaval 2014....

 

 

Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS- Carnaval 2014.-

 

 Miña cara señora María:  -É Carnaval ou Entroido –antroido- ?. Carnaval é máis universal, máis global e fai que a festa chegue a outros recunchos e sexa coñecida esta bisbarra fóra das fronteiras.

 Non fai falla remontarse ás festas romanas, porque se cae sempre no mesmo, para xustificar este ou aquel vocablo, senón darlle un componente globalizador, para ir cos tempos sen caer en banalidades. Aínda que as veces haxa que botar man da cultura clásica para buscar orixes xustificativas.

 Con escoitar expresións:-"vas feito un carnaval"- ou "pareces un carnaval" estase a darlle o significado que representa máis festa, aínda que pódese entrever un significado pexorativo, cando aquilo de vestir mal ou sucio ou roupa vella ou coma un pobre.

  –Non se debe quedar só coa exclusiva, nin reducir só a este ou a aquel recuncho o que xa foi “tomado” polo “botellón”, porque compite co toxo e co cobelleiro na baixada da Morena, dende Cimadevila ata a Picota.

 -O do toxo máis grande, ata de agora, só tiña, como meta, superar ou  preparar un cobelleiro xigante. De agora en adiante a meta será inventar un botellón que destaque coma o toxo.

 As narracións pérdense nas matizacións, de aí que queda cadaquén, co que leu e, sobre todo, as présas por escrebir  fan que non se chegue a contrastar uns comentarios con outros, no mesmo lugar.

O “purismo” dálle paso ás innovacións, pero iso non lle resta ningún ingrediente ao Carnaval.

 O Bento explicaba o que vivira, cando cativo, na Picota, o luns pola mañá. Deixaba moi claro que a masificación da festa acabou con aquel purismo, porque só eran “catro” os que ían á farrapada.

 Na súa narración falaba de como os rapaces e maiores se colocaban recostados cara as paredes co farrapo escondido por detrás e cando un veciño pasaba pola praza da Picota, calquera lle lanzaba o farrapo, pero sen ser descuberto polos outros. E ata contaba que se non pasaba ninguén, pois non se tiraba. -Agora fan unha “guerra” entre os participantes. -Perdeu o carnaval?. –Non, segue o seu camiño nos tempos.

 O orgullo do lugar era que os Peliqueiros-Cigarróns visitaran as vivendas, perante estes días, e tamén pandillas veciñais pasaban por cada unha para comer e beber, agora péchanse as portas porque os foráneos imitábanos e  os donos non están por esas. -Costumes que se perden?. –Non, a globalización marca outro xeito de costumes.

 -O Pichi recibe vistas  aínda que sexa sen vestimenta-.

 Oimbra ábrelle as portas e sérveos na rúa. É outro costume que está arraigando.

 O que  se mantén é o val do río Támega e seguro que o río é testemuña da verdadeira verba e verdadeiros costumes das terras que rega, a pesar das prohibicións institucionais. Só el sabe a historia, polo tanto, coidalo porque ata pode desaparecer.

 Habería que cambiar o nome da festa e patentar un título que recolla a verba Támega. -Por exemplo: “Carnavais do Támega”: Laza, Verín, Oimbra.

 O de Entroido –antroido- parece algo diferente, distinto pero só se queda en lugares moi determinados. Está ben enriquecer a linguaxe, a cultura, pero non entrar en liortas que fan que os máis novos caigan, tamén en discusións banais, cando “todo” se perde nos tempos e ninguén é capaz de investigar para buscar algo que lle dea consistencia a toda esta “esmorga” que fai que a xente disfrute como nunca. Esta verba pode estar máis relacionada cos calendarios ou tempos relixiosos.

 -Os dous conceptos son diferenciadores entre laico e relixioso, pero hai quen xoga a mesturalos cun sentido pexorativo ou de roubo por parte dunha parte.

 Dos estudosos é de quen deben aprender os que inculcan sectarismos co uso das verbas, porque poden ser futuros erros nas vindeiras xeracións.

 Se vostede , señora María, rubise co Ponchi ao Santo, -San Mamede –Macizo Central ourensán e a ubicase diante da capela observaría os distintos vales que arrancan daqueles cumios, regados por ríos, que ao  longo dos seus cauces sitúanse pobos e vilas, onde as máscaras, cos seus particulares nomes, crean un carnaval de moitas cores, facendo unha distinción enriquecedora e diferenciadora da provincia ourensá.

 

                                  Verín, 2 de marzo do 2014.

 

                                           Adolfo Rolán.

 

Comisión....

 

 

Verín-CRONICAS TAMAGANAS-Comisión,,,

Miña cara señora María: A súa cara irradia frescura, non está queimada polo sol. A permanencia no piso, tanto tempo, fixo que a súa cor sexa branca. -Din os entendidos que así debe estar a pel-. Outras persoas non fan caso desas recomendacións e toman todo o sol nun só día.

Vela na cadeira de rodas empuxada por algúns dos fillos, dando unha volta polo redor do edificio é bo, porque comunica ansias de vida para tantas persoas que non saben que facer, mentras vostede “vive”, aínda que sexa nunha silla de rodas. Fáltalle o motor para ter a súa total independencia e ir a darlle de comer ás galiñas.

Poucas persoas saben disfrutar de aquel traballo, por iso ,agora, non dan pasado o tempo, cando nunha horta hai de abondo que facer para ter uns hortalizas máis que ecolóxicas, naturais. Se a cadeira de vostede fora autómata seguro que aínda esfaragataba na terra, cun sacho de mango longo para deleitar aos veciños, como facía daquela, cos seus tomates, pementos, leitugas, repolos e todo tipo de plantas que se empregan na lareira doméstica para darlle o sabor, que algúns andan a buscar no que lle chaman gastronomía, en vez de comida.

É curioso, un socialista mandándolle unha indirecta ao “taifiñas”, nunha destas últimas comisións da temporada.

Na Lanzada hai que estar antes do día tres de agosto. A ver se se acaba o marisco prohibido e non aparecen os furtivos para por enriba da mesa o albariño de colleita caseira, sen etiquetar, e os “santiaguiños”, escasísimos, porque hai que manter a esquisitez de probar algo que pode desaparecer en calquera momento. –Sempre difierente!.

O concelleiro da oposición foi un inconsciente ao largarlle aquela frase. -Non foi prudente e menos nestes intres-. Claro que, tamén podía ser o momento, para expresarlle que non estaba untado de tanta porquería e quedar ben con el. Ao mesmo, tratou asi de colocalo no seu lugar e non nas altas esferas do partido, dicíndolle, que moito fardar, pero hai outros por enriba que mandan moito máis e vense todos os días nos xornais.

A frase ten moita miga. O socialista dá a entender que calquera nova é boa aínda que te traten de ladrón. A conciencia da xente está tan deteriorada que non importan as actuacións con tal de vivir mellor e por riba dos demais. -Todo se mangonea co poder.

Sen embargo as novas que chegan falan de preocupación. Cando, daquela, o xornal O País, publicara a relación de persoas da trama gurtel, aparecendo unha relacionada, familiarmente, coa vila de Verín pode arrasar con moitas cousas.

As visitas a aquel chalé, naquela urbanización madrileña, que estaba fronte ao da artista, moi famosa, polos seus biquinis, nas revistas de entretenemento, en perruqerías e sás de esperas de consultas privadas poden ser motivo de preocupación e dar moito de si. Hai un refrán que di: “cando o río sona e que auga leva”, e outro: “ cando as barbas do veciño vexas pasar, pon as túas a remollar”.

O mes de agosto ten fama política polas “serpes de verán” que soen lanzarse aos medios como novas que anuncian acontecementos de todo o tipo e posibles cambios políticos, que alguén busca para mellorar e polo tanto outro perderá. -O final todos gañan, menos os contribuintes.

Señora María lea a prensa, pero lea a letra miúda...

O meu máis sincero pésame a todoas as persoas que perderon o seu querido familiar no accidente do tren en Santiago. -O Apóstolo os teña con el.

Xullo 25, día do Apóstolo Santiago 2013.-

Adolfo Rolán.

..morte anunciada...

Verín.CRÓNICAS TAMAGANAS. .....Morte anunciada.....

 

Miña cara señora María: -Se vostede tivera noticias de que un dos seus fillos non a  atendese, por non ter tempo, como consecuencia de que para pouco ou nada na casa, desconfiaría, sobre todo da lei da Dependencia, pero sobre todo da pouca categoría de persoa, cando non busca un minuto, sequera, para atender a súa proxenitora. –Pois destes persoeiros está chea a xeografía........

 -Pois ben comezou un ano novo e polo tanto o curso ponse a camiñar para dar novas desta bisbarra.

E como non, a nova que chama máis a atención é a rehabilitación do Castelo. –A vida, e como non a historia, dá tantas voltas que agora cóidase o que daquela loitábase-.

-Ninguén sabe nada e ninguén informa-. Turismo informa pero a quen non debe. Pódese afirmar que nas altas esferas da Xunta hai organismos que non ubican correctamente o Castelo, por iso comoten o erro de contestualizado en Verín, cando pertence ao Concello do seu mesmo nome.

 Dase o caso que é a mesma persoa a que preside o Concello de Monterrei e tamén a Mancomunidade, polo tanto os erros son intecionados. Ou, pódese dicir, que non llo notifican, porque non sabe mentir. -Outros si que están ao corrente do futuro da acrópole, pero négano-.

 -Non se pode marear tanto a perdiz-. Todo está pensado. Todo xurdiu cando o asunto dos PARADORES. A maxín dalgún deparrou e soltou, nunha reunión, o de convertilo en HOTEL. –Sete habitacións nos aledaños da Torre das Damas e sete na casa parroquial-.

 -Dun tiro mátanse tres paxaros: O Parador convertido en xeriátrico; o Castelo en Hotel; e por último aparece o descoñecido empresario do Balneario de Caldeliñas para rexentar todo.

 O título da novela de García Márquez: -“Crónica dunha morte anunciada”, venlle como anel ao dedo.

É difícil de entender todo isto. Os veciños rememoran as andainas  de encabezar a manifestación en defensa do Parador e agora encóntranse cun novo establecimento hoteleiro. Aqueles que pechaban o Parador son os mesmos que agora aumentan plazas hoteleiras no mesmo lugar. -Anda xa!. Isto que é?-.  -É rirse da xente de diante dos seus narices-.

 A poucos kilómetros da Acrópole hai outro Castelo, que está rehabilitado e convertido en hotel, pero non se lles ocorre polo como exemplo, porque é o faime rir dunha inversión. –O Castelo é o de Maceda-.

 Se hai este exemplo tan perto de aquí, por que non empregan ou buscan nos  Estudos Estratéxicos da Provincia Ourensana, para ver o que  propón para zona?. –Algo dirán!-. -Pois erre que erre!-.

 -Non quixera ser paxaro de mal agoiro, pero arreglar o que é necesario e imprescindible estou por afirmar que non se fai. Déixase para outra, pero hai que dar consistencia as paredes, porque son pasto das inclemencias atmosféricas-. O importante é o Hotel.

-Hai que facer algo no Castelo. Darlle vida. Exemplos hai por doquier, na xeografía europea, e sobre todo agora, que se vai convocar o concurso da faraónica obra do multiusos, na que se presentarán empresarios de Europa, porque aos de aquí debéuselles agotar a “sabiduría”. Hai que buscar recursos endóxenos que fagan do Castelo a dinamización da bisbarra.

 -Estase a perder a “nosa historia”  polo que deixen un cachiño de Castelo para ela. -Museo Etnográfico, xa!.

       

                                                           Verín, 15 de xaneiro do 2014.-

 

                                                 Adolfo Rolán.-

Plan

 

 

 

Verín. CRÓNICAS TAMAGANAS.   Plan “E” verinés..

 

Miña cara señora María:  A vila ten que ser o reflexo do individuo que manda na “taifa”. Ten que ser a mellor, polo tanto hai que acondicionar todo co material máis caro.

 Cando se fan as cousas sen planificar chégase a esta situación de querer renovar por renovar. Non importa  ter que levantar, de novo, a pavimentación ou facer outro acondicionamento tendo o servizo garantizado. O importante é facer ou refacer a obra.

 Para iso houbo suba dos impostos. Os veciños pagan e para iso votaron ao taifiñas.

 Non fai falta recordalo porque xa se encarga de recordalo cando un grupo de cidadáns ou algún colectivo intenta reclamar ante calquera barbaridade, como poden ser os taxistas, que lles espetou: -“ a ver se vos mando para San Lázaro”. –“Ademais os veciños votáronme para que faga o que me dea a gaña”.

 Debería ver “Invictus” ou outras tantas películas ou ler textos onde copiara algo de pedagoxía social. –Imposible!. –Onde bebera algo de democracia.

 Señora María o “Plan “E” Verinés” é unha copia do do señor Zapatero. -Todo se resume nunha frase: -“facer por facer”.

 -Daquela o señor Presidente recibiu críticas por doquier e sobre todo destes contrarios. -Agora, veñen e fan o mesmo.

 Obras que se están a facer: Oficina de Turismo, Sala de Exposicións, Paseo Fluvio-Termal EUROCIDADE, Rúa Irmáns Moreno, Rúa Canella Cega e aledaños e Prazuela da Merced.

 Como verá señora María todas estas obras estaban en condicións normais.  Non facía falta acondicionalas.

  A Casa do Escudo, en San Lázaro, foi comprada, en contra da opinión de concelleiros, para ubicar unha sala de exposicións, unha oficina de Turismo e un albergue de peregríns. Obra que está en perfecto estado, pois, aló algunha maxín pensante acordou que, como por Verín, pasan “moitos peregríns” habería que deixar máis espazo na Casa do Escudo, reconvertíndoa toda ela en albergue e así hai que volver aos inicios da Casa da Cultura, antigo colexio dos Irmáns da Salle.

 Ós verineses sempre lles custou moito pasar a ponte sobre o río Támega, cara San Lázaro, por iso había opinións contrarias á compra do inmoble. Ó final o tempo deulles a razón, pero xa tarde. Habería que pensar se todo isto foi maquinado con premeditación e alevosía para facer obras e obras...  -De algo teñen que vivir algúns estudos que fan proxectos-.- A casa dos soportais ou dos Acebedo, na praza García Barbón, fora mellor adquisición, pola súa ubicación, para oficina de turismo e tamén como sala de exposicións.

 En canto o paseo fluvio-termal Chaves-Verín isto ten moito miolo. -No 1995 o partido que rexenta os destinos municipais, -“xa choveo”!, levábao no seu programa-. O único que se fixo foi darlle nomes rinbombantes para que quedar ben nos xornais. –Agora non, agora emprégase a mellor madeira que un particular pode colocar as beiras da súa piscina. –Os veciños quedan abraiados do que están a ver. Chámalle a atención que no lugar, Campo do río de Pazos, no verán, non hai auga, entón a que ben este despilfarro?. –Verín non ten crise!-. -Para iso está o ibi!-.

 Pero aínda é moito pior cando o que se está a facer xa estaba feito. A obra custa  máis de douscentos mil euros e a escolleira ao longo do río xa estaba feita, con limpala xa valía, porque o arreglo non durará tanto como o que quedou por baixo. Podíase dicir que se continuaran con ela, facendo outro tramo máis, pois aínda se podía xustificar pero, desfacer para facer, préstase a todo tipo de sospeitas.

 O pavimento da Rúa Irmáns Moreno estaba moito mellor que moitas outras rúas da vila, pero había que levantar unha terraza particular e a única forma de facelo foi gastando cartos. -Unha arrogancia desorbitada!.

 A obra da Canella Cega a disculpa que se dixo foi a de construir  tanques de descarga, para cando se producen inundacións. A pregunta que se fan os contribuíntes é moi fácil: e cando se enchen para onde discurre a auga?. -Resposta: “seguirá pola rúa coma sempre”. E para isto gastar cartos?, -pois si. -Así se goberna un concello!.

A praza da Merced demostrou a insensibilidade do personaxe. Non polo colectivo dos patronos do autotaxi verinés, senón pola persoa que se sentiu perxudicada e toca na familia. Non hai palabras para describir esta situación, porque, poderíase caer en “tentacións” que podían levar a insultos con cargos. -De todas formas a pedra que tiña a praza era mellor que a que lle colocaron.

 Señora María pense o que queira, pero aínda temos moito que andar. En épocas de crise os cartos hainos que gardar para outras necesidades, como poden ser as humanas.

 -Felices festas a todos e que o ano novo vos traiga sorpresas agradables-

 

                                          Verín,10 de decembro do 2013.

 

                                                       Adolfo Rolán.

 

 

 

 

 

 

róubannos....

Verín- CRÓNICAS TAMAGANAS.    Róubannos......?

 

Miña cara señora María: -O segredo que vostede gardaba descubríronllo. Ten o “don” da ubicuidade e resulta que non o emprega. Vostede é unha “deusa” e no barrio ninguén sabía nada. Tal vez por iso ninguén se enteraba das facturas da auga e do recibo do I.B.I..

 Tiveron que aparecer os recibos da empresa concesionaria da auga potable da vila para que demostraran que unha familia que está empadronada no inmoble 0, andar 0, da rúa 0, vivisen ao mesmo tempo, as vinte e catro horas do día nas dúas “viviendas” que rezan na factura da auga.

 A vostede, señora María, que vive no andar segundo do seu edificio e que lle chegan as tarxetas do INE a ese enderezo, porque no Padrón de habitantes do Concello, cando o fixeron constataron a súa residencia, resulta que agora tamén vive no baixo, no que ten os trastos e tamén vive na bodega, na que garda as patatas que recollen, seu marido e vostede, pola parte de atrás, é dicir, na horta.

  Como na factura lle asinan “dúas vivendas” estanlle a cobrar a estadía dos usuarios no baixo ou na bodega as vinte e catro horas do día. Vostede comentara , que no baixo ou bodega só tiña unha billa, que non reúne as condicións de vivenda, nin ten  a primeira licencia de ocupación que esixe a lexislación imperante na Comunidade Autónoma. O baixo ou bodega é como se fose unha prolongación do andar, porque ali garda todo o que non lle colle enriba.

 Vostede está a contribuir entón, na financiación das Institucións, porque factúranlle a “taxas” cos usuarios correspondentes, que lle asinan e que fan vivir, as vinte e catro horas, nas dúas viviendas. –Din que hai unha lei que recolle o  equilibrio, no consumo e no gasto, neste tipo de  servicios. –Entón?. –Necesitan cartos e empregan todo tipo de argucias para recollelos, pero sempre machacando aos mesmos.

 Se vostede tivese unha vivenda nos arredores da vila tamén lle facturarían os tres usuarios, como se estivesen vivindo, tamén, aló. O bonito do caso é que o contador da auga contabiliza o consumo e cando recolle cero metros cúbicos indica que non hai uso da vivenda, polo tanto non hai saneamento, nin depuración das augas desa vivenda, polo que non deberían cobrar, porque os usuarios están pagando o andar que fan vida diaria. Hai terían que cobrar cando o contador contabiliza un consumo aos días de uso da vivenda.

 No que respecta a contribución só un apunte. Se a vostede, señora María, lle aumentan un só metro cadrado de superficie ou  un só metro cúbico de volumen, nas súas proiedades, para vostede representa moi pouco. Pero como vostede pensa que hai uns trinta millóns de propietarrios en toda España, a cantidade resultante é de abrigo.

 Se se fixa ben no recibo e ve que ao alpendre, á corte, aos cortellos, ao galiñeiro,  á bodega e todo tipo de cubertos que rodean a vivenda, lle dan o nome de “almacén” póñase a temblar, porque esta palabra ten distinto significado, polo uso, nas distintas xeografías hispanas, pero dende Madrid unificaron todo. Así aparecélle a un veciño dunha aldea, deste concello, unha cantidade a pagar de cerca de cincocentos euros. –Nestes meses non poderá comer, porque a paga de xubilado róndalle esa cantidade.

 -.Que lle parece señora María e iso que prometeron que non ían a subir os impostos. Algunha debería recoller este tipo de estafa política.

 

                              Verín, 25 de novembro do 2013.-

 

                              Adolfo Rolán Fernández.

OUTRAS NOVAS....

 

Verín.CRONICAS TAMAGAS. OUTRAS NOVAS.....

Miña cara señora María: -Tiña vostede toda a razón. Cambiárase de sitio, polo que non se daba encontrado.

 O que si se encontrou foi o Martín coas verbas do seu fillo de cinco anos. O cativo, perante as ferias, estivo participando dun obradoiro na ludoteca municipal. Nun dos días, ao regresar a casa, o primeiro que dixo foi:¨-" o alcalde é un maleducado". -Non digas iso, -pero que pasou?.

 Na programación da ludoteca estaba prevista unha visita á casa do Concello con recebimento, por parte, da primeira autoridade municipal. Resulta que "mandou" ao segundo para recibilos, polo que o raparigo sentiuse desfraudado e chegou á casa malhumorado e o primeiro que espetou, rubindo as escaleiras, foi a mecionada frase.

O Martín non entendeu ese desprecio cara os cativos, porque, non facía moi tempo que o personaxe aparecera pola casa para darlles a benvida como veciños. -Trasladárase do centro da vila cara a zona de Cabreiroá e veciños, -veciños non se pode dicir que sexan-, porque a distancia de ambas vivendas, aínda é considerada. O que si se pode afirmar é que son veciños porque as súas vivendas están na zona "cara" de Verín.

Corría o mes de agosto e como de costume celébrase a feria do viño na praza da Mercé ou Prazuela. O caso é que un empresario da vila estaba disgustado porque as súas mensaxes non tiñan resposta, polo que se sentiu ninguneado e acudiu a un par de concelleiros para poder ter unha  conversa co "taifiñas". E así aconteceu, aproveitando a inaguración da feira, ámbolos concelleiros prometéranlle que irían a tomar un café os catro, polo que acércanse o "taifiñas", para solicitarlle a entrevista co empresario e a contestación foi: -"estoy en la Lanzada".

 O empresario, con isto da crise, que non hai traballo,  quería participar nun concurso a unha obra que ía licitar o Concello e como coñece o percal desexaba ter noticias das posibilidades de conseguila, por iso mandaba mensaxes a máis "alta instancia gubernamental" da taifa, pero, como estaba na Lanzada, non lle collía ou non lle quería contestar. Recorreu aos concelleiros para contarlles o que lle estaba a suceder e eles, como o notaron moi enfadado, viron a deus por un buraquiño, cando anunciaron a inaguración da feira, porque aproveitarían o evento para ter a conversa. Conversa que non existiu, porque "el señor" estaba de "vacaciones" en LA LANZADA.

 Despois de regresar á Lanzada debeu pensar que metera a pata e chamou ao empresario para dicirlle que non se preocupara que lle "daría" un par de obras dun Plan Europeo. Ó empresario aquilo desconcertouno máis, porque o Plan xa pasara, según noticias da súa oficina. --Aínda está esperando polas obras......

 A obra en cuestión foi a remodelación e acondicionamento, que se está a facer, da casa da Cultura para albergar outra sá de exposicións e outra oficina de  turismo. Ámbalas existen na casa do Escudo de San Lázaro, que se comprou para tal fins fai máis dunha década, por certo, están en perfecto estado para ter moita utilidade perante moitos anos.

  A subasta desta obra foi moi curiosa porque se deron os ingredientes máis comúns da corrupción. Neste concurso apareceu un Comité de Expertos, como salvagarda, para ser a máis obxetiva licitación na historia do Concello. -A redacción do proxecto foi feito por unha persoa que ten participación na empresa gañadora do concurso e como non podía levar a cabo a dirección, nomearon a unha filla dun dos membros do Comité de Expertos. -Que lles parece?. -Viva a vila culé!. -Todo queda na casa. -Temos que coidar esta finquiña.....!.

 

Ás vivendas está a chegar auga turbia. A choiva barre a terra dos montes queimados e lévaa cara o río Támega, que logo rube ao Castelo para baixar a cada un dos predios, para que poidamos lavarnos e cociñar. Temos que comprar auga de Cabreiroá e Sousas para poder facer a comida cada día. Aquí non se invirte nada, só facer obras que xa existen.......A culpa ninguén a quere pero cada un de nós aportamos o grauciño de area que fixo que individuos  así mangoneen un concello. Reflexionemos............

                                           Verín, 7 de novembro do 2013.

                                           Adolfo Rolán... 

Agosto 2013...pxoum...

 

 

Verín-CRONICAS TAMAGANAS. Agosto  2013.....pxoum....

 

Miña cara señora María: Corría o agosto do 2013 e facía falta tomar as ferias correspodentes. O lugar xa estaba predeterminado, polo que non facía falta buscar  demasiado, porque o “taifiñas” fixérase cunha vivenda no lugar axeitado, pertiño do mar, aló na Lanzada. Entre Sanxenxo e o Grove. Equidistante dos lugares mediáticos da política galaica. Por unha banda os do birrete e pola outra os da boina. -Chámase así en roman paladino-. Os do Raxoi e os do Baltar-Cuíña (en paz descanse).

 Nesa mesma urbanización conseguíu que un curmán de Verín se fixera con outra vivienda. –Isto xa é máis dificil de entender, porque as relacións nunca gozaron de boa saúde-, pero, o que é a vida, aló, vense as caras.; e de cando en vez hai que gardar as apariencias compartindo algunha mesa, aínda que a conversa trate do tempo.

 Nesta ocasión non houbo mesa, porque o curmán estaba e está moi doído polo que lle ocorreu coa redacción do PLAN XERAL DE ORDENACION URBANA MUNICIPAL, nunha propiedade na estrada 525 na parroqia de Pazos. A mencionada parcela, na primeira información do Plan era urbana, pero na definitiva quedou como rústica. O problema non foi só iso, senón que as seguintes propiedades continuaron como urbanas, a pesar de ter que recortar o casco urbano, mentres que a do curmán, máis cerca de Verín, quedou clasificada como rústica de protección agropecuaria.

  É normal que o curmán se sentise moi disgustado e logo tamén axuda aquilo de que ata teu curmán non te defende, gozando do poder da alcaldía, polo que a familia botaba lume por doquier.

 O curmán presentou un recurso contra o PXOUM, porque desexa defender os seus intereses e as súas propiedades, polo que non sentíu necesidade de recorrer a seu curmán, porque considerou que se mantería a clasificación urbana na súa finca e se se recortaba, recotaríase para todos, pero non a el só. – Pois si, viuse só ante o perigo e o perigo era seu curmán. -Manda narices!.

 Nesta situación nada familiar acontece o que tiña que suceder, verse no mesmo lugar, que comparten como propiedade e dirixíndose a curmá política, cando saía da piscina, vestido de albornoz e tapado coa toalla para que lle dixera a seu curmán que quería falar con el. A curmá política chamoulle de todo, más que diálogo foi un monólogo por parte dela e atragántabase con tantos apelativos que lle dirixía, porque non soportaba que despois de facerlle o que lle fixo, aínda tivera a cara de querer falar con eles.

  A conversa, máis que conversa foi un monólogo. -Pregúntabase e contestábase-, porque o curmán non estaba para escoitar a quen coñece moi ben. O caso é que a conversa ou monólogo comeza preguntádolle por que non acudíu a el para subsanar este problema. A resposta estaba clara: -como?.. se na primeira exposición estaba ben, non tiña necesidade de acudir a ti, nin a ninguén.- Estaba satisfeito coa clasificación inicial.- E logo, cando preséntaches o recurso, por que non viñeches a que te asesorara?, -pois coñezo un avogado moi bo en urbanismo e gañarías o recurso, porque é o único que pode botar o PXOUM a baixo. –Para rematar e coma sempre botando pelotas fóra a culpable foi a Xunta de Galiza. –Hai que ter narices co personaxe!.

 A conversa manifesta todo o que é un personaxe. Impórtalle un bledo que a economía de seu pobo vaia para a diante, sabendo, sobre todo, que depende dun Plan de urbanismo.

 Se o anterior Plan do 98 foi a baixo, polos recursos presentados polas persoas que se viron perxudicadas, este, debería tratar de que non teña a mesma defunción.

 Pois non, pero a xente ségueo a votar e logo fai estas falcatruadas. Se se llas fai a un curmán que nos espera aos outros?, -encomendémonos a deus, para que enmenda a este personaxe.

 A finquiña......así a ten.....

 

                                                       Verín 17 de outubro do 2013-10-17

             

                                                Adolfo Rolán

                                                  

Verán -2013.....Fátima.

  CRONICAS  TAMAGANAS. Verán 2013...Fátima.

Miña cara señora María: As persoas, as veces, sinten morriña de algo, de alguén ou dalgunhas persoas por mor de estar lonxe.

 Cando Fátima anunciu a súa viaxe á terra da súa familia fixo que os corazóns palpitasen a moita velocidade e o día non daba chegado.

O vinte e seis de agosto pisou o camiño francés dos pelegríns en León e dende aló puxo rumbo á terra que a estaba esperando.

En Portomarín, cara a caída da tarde, e dende a cafetería que nos serviu un refresco vislumbrouse unha figura humana que facía recordar a súa primeira pisada no andén da estación de Empalme de Ourense, cando daquela a súa avoa a trouxera a coñecer a terra onde ela nacera. Terra dos antepasados por parte dos avós paternos. Aquela era Fátima e estaba en Gailicia, en corpo e en alma, e tocaríaa coas mans apretándoa contra min, coma da outra vez. Todo pasou pola maxín, pero alí estaba toda a familia emigrante, no Brasil, recordos e imaxes voaban velozmernte e non daba creto do que tiña de diante. Era soa, pero era toda. E tamén aconteceu o mesmo: -era ela-. Tanto tempo!, e repetiuse a escea. Tiña que saber se a recoñecería, como daquela, polo que a Portomarín tiña que ir de sorpresa. A imaxe era a mesma, - non importan os anos-, volvín a recoñecela. -Todo foi froito da xenética.

Pasamos a tarde, falamos, falamos e mirabámonos, con pausas, para trasladarnos no tempo e facernos recordar.

Foi decidida e chegou a Tintores de sorpresa, tamén. A seu marido ensinoulle todos os recunchos que ela disfrutara, cando cativa, a pesar das reprimendas da avoa. Pasara moito frío. Fora polo natal. E levouno a veiga e viu o río Támega e a ponte, que por certo o río non soubo estar á altura das circunstancias, pois, polo verán, ocórrelle coma o río Guadina, escóndese baixo terra.

Estivo coa familia. Visitou a cada tía e a cada curmán. Cumpriu con todos. Estivo á altura das circunstancias. Soubo gardar a distancia para non ferir a ninguén e ao mesmo tempo facer o que quería e necesitaba. Veu ver, pero tamén veu a ensinar as súas raíces e a gozar delas coa súa parella.

Tomou o polvo, na Casa do Polvo, e mergullouse polas rúas de Verín con atinos, pero sentíase perturbada porque todo avanzou pero non cambiou nada. Sentíase contenta. Tiña todo o que esperaba, aínda que faltasen as persoas que máis amou.

Os recordos facían que as súas meixelas, de cando en ves, deixaban escorrer as bagoas surcando pola pel, sempre ao natural, para botar fora todo sentimento familiar.

Tiña e sentía  necesidade de ver todo, de chegar a todas partes, pero o tempo sempre é quen marca os lindes e coma todo despois de comer o polvo coa única tía, por parte da súa avoa, partir para Madrid, porque seu marido desexaba dar un percorrido para coñecelo. Nunca estivera na capital de España e, polo tanto, aproveitaba esta ocasión e asi encher, aínda máis, os poucos días que os trouxeron a esta terra querida e recordada.

Nestas datas, xa coas malas gardadas, o traballo está presente e como se: a traballar mentras se poida. Bicos para Brasil.

 

                                           Verín, 18 de setembro do 2013.-

 

                                                 Adolfo Rolán.