Blogia
Crónicas Tamaganas

Verín

Eleccións 2008

Miña cara señora: “todos gañaron”. É curioso que no concello de Verín todos os partidos políticos gañaron e ninguén perdeu.
Sempre hai que arrimar a ascua a súa sardiña. Este pensamento é froito da presa por aparecer como gañador.

Coma sempre o Partido Popular recibe máis votos neste tipo de eleccións que nas eleccións municipais, onde se vota ao alcalde.
Isto demostra que a estratexia destas eleccións é máis obxectiva e o voto está menos mediatizado polo colocar unha lámpada ou asfaltar o camiño do momento, a calquera veciño. É dicir, non hai favores. Os veciños séntense libres de ataduras políticas da persoa ou persoas que chaman a súa porta, no período electoral.
Este é o verdadeiro voto do Partido Popular, porque se nota no aumento de votos con respecto das eleccións municipais.

De todos os xeitos, que ninguén bote as campás ao voo, porque agora os votantes só tiñan tres formacións políticas a quen votar e non aos Independentes de ADEI, nin aos Verineses Independentes, polo que só o Partido Socialista subiu uns catrocentos votos con respecto doutras eleccións, sendo a mellor votacións de todas as eleccións democráticas, deste partido. Parabéns para Xan Carlos Francisco.
O Partido Popular, a pesar de ser o gañador, baixou uns catro puntos con respecto das eleccións do dous mil catro. O BNG baixou unhas décimas.

Chama a atención que cando se fala de eleccións analízanse os resultados buscando datos para quedar ben, porque hai que demostrar que sempre se gaña, nunca se perde. Pero hai que analizar obxectivamente e si se comparan cunhas eleccións municipais débense ver as diferenzas dunhas as outras.
Nas municipais o candidato é máis preto, case é veciño, polo que se é boa persoa debería acumular máis votos, pero no Partido Popular dáse o contrario. Nas eleccións xerais hai sempre moitos máis votos, case mil, que nas eleccións municipais. Algo se deberían preguntar os afiliados e non deixarse enganar por andrómenas como sucede case sempre.

Felicitamos aos votantes libres por manter sempre esta tendencia no Partido Popular. Pero que non se durman, que os socialistas subiron moitos votos, e pasiño e pasiño vai cambiando a tendencia dos veciños á hora de dar o seu voto.
A xente está cansa de ver pola súa porta as mesmas caras, buscando o voto, polo que tamén desconfían, porque algo buscan.

Unha recomendación a tempo, os candidatos dos partidos non deberían estar máis de oito anos de representantes políticos, para ben dos partidos e para ben dos administrados.

¡Somos libres!

A señora Lola

Miña cara señora María: debe loitar todos os días para que a súa dor non a relegue a unha cadeira. Colla o seu caxato ou a súa muleta e salga á rúa. Non se deixe vencer e faga que o seu xeonllo se exercite para non ter que estar todo o día no seu piso.
Vostede, que vive soa, aínda que, de cando en vez, a súa filla faille algunha visita, non debe estar pendente de se a dor vai a máis ou non dá dobrado o xeonllo.
Non se achique e camiñe, camiñe. Aínda que non teña onde sentarse, porque así poderá gozar dunha conversa coas veciñas, aínda que se arrimen a unha parede ou se senten no chanzo dun portal.

As beirarrúas deben estar ao servizo dos veciños, polo que en vez de tanto cabezón, deberon colocar paralelepípedos de granito cunha altura axeitada para cumprir unha dobre función: impedir aparcar e servir de descanso para vostedes.

Que non lle pase coma a señora Lola. É unha historia triste, pero ocorre todos os días en calquera recuncho do concello. Dá o mesmo en Pazos que en Queirugás, en Mandín que en Tintores, porque persoas da súa idade están espalladas por todo o municipio.
A señora Lola fíxolle caso aos fillos e alugou un piso na vila. Así o matrimonio non ten que percorrer cada mes cada unha das vivendas de cada fillo. Visítanos a cotío e reciben o cariño de fillos e netos. Están máis a man para ben de todos.
Ocorréuselle a un dos fillos facer unha solicitude nos Servizos Sociais, porque a señora Lola acabou sentada nunha cadeira de rodas, polo que necesita axuda persoal para tal enfermidade.
Foille concedida a axuda a domicilio. Perante o mes que o fillo se fixo cargo de súa nai, tal persoa, apareceu un día, deulle de comer un iogur e despediuse cun ata mañá. Non apareceu máis naquel mes. A desculpa é que hai máis persoas que necesitan deste servizo en todo o concello.

Hai uns días, don Alberte Prieto, na súa intervención, perante o pleno do orzamento municipal, manifestou que esta partida, en vez de aumentar, decreceu uns seis mil euros, é dicir, un millón de pesetas. Este é o trato que reciben os maiores, por iso señora María, debe baixar e camiñar. Non se deixe dominar polo seu xeonllo.

A partida do orzamento que se refire ás dietas sufriu un aumento considerable, que por certo só cobran os membros do equipo gobernante, destacando un sobre os demais, e logo pregoan aos catro ventos que non se cobra. Como verá, señora María, é máis importante facer recados viaxando que coidar das persoas maiores. Algún di que son "xestións"·

O asunto ten aínda máis que pregoar, pois o fillo da señora Lola tamén solicitou o da Lei da Dependencia. Mandou os impresos e, ó pouco tempo, recibiu unha misiva na que lle reclamaban a renovación do D.N.I., porque lle está caducado. A señora Lola ten case noventa anos. ¡Que longo mo fiandes! -diría o poeta.

Con todo isto, señora María, non debe facer moito caso do que pregoen na televisión, nin nos medios de comunicación, tanto politiquiños do Concello, como da Xunta ou como do goberno de Madrid, porque o exemplo está na señora Lola.

Cóidese, señora María, ¡que só se vive unha vez!

“Non hai camiño cara a liberdade, a liberdade é o camiño”, -di o pensador.

¡Somos libres!

Plenos

Miña cara señora María: está ben que de cando en vez colla o teléfono e me recorde de que lea o xornal. Non me decataba da noticia pero é interesante, sobre todo na boca do rexedor verinés.
Para min é máis importante o seu xeonllo e todas as persoas que viven na vila, porque hai que pola ao servizo de vostedes, facéndoa acolledora para novos e menos novos.

As novas non teñen nada de novo, porque hai un ano, que nos medios de comunicación, saían case todos os días. A bancarrota financeira do Concello estaba acotío en prensa, porque había que gañar as eleccións municipais, aínda que iso non fora certo.
O que si chama a atención é que aínda se siga con esa cantilena e ninguén se ruborice, cando se está no poder e pódese pór remedio a tanto desaguisado.

O que si está claro é que dende que se fixeron cargo do Concello coa nova maioría absoluta, non se solicitou ningún préstamo bancario e, para máis inri, a recadación municipal, en concepto de urbanismo, tamén baixou, polo que é incomprensible que se siga acusando de “bancarrota” á anterior corporación.

Visto isto non se debería entender que se tomen acordos onde se nomean tres dedicacións exclusivas con soldos moi altos e dous postos de confianza do rexedor, sen ter aprobado un novo orzamento, para facerlle fronte a esta situación, que se cualifica de desastrosa.

Fálase dunha contención do gasto e de moito “rigor financeiro” e lévanse convocado catorce plenos entre ordinarios, extraordinarios e urxentes. Na lexislatura do noventa e cinco os plenos celebrábanse o último venres dos meses impares, é dicir, ó ano eran seis. Na do noventa e nove tamén foron seis. Nesta lexislatura celébranse o segundo luns de cada mes, polo que ao ano son doce, e fálase de “contención “ do gasto.

Cada pleno cústalle aos veciños de Verín preto de medio millón de pesetas.

Hai plenos que non se deberon convocar, porque aos poucos días celebrouse o ordinario. O único Pleno fóra dos ordinarios que ten xustificación é o da composición das mesas electorais.

Neste pouco tempo desta lexislatura o que destaca é o número de convocatorias de plenos. Deben ter un fin non moi claro, porque os puntos da orde do día non son da categoría dunha convocatoria, polo que se debería esperar ao ordinario. Como por exemplo o de onte, xa que o orzamento no se aprobou cando correspondía, esperar uns días, non lesiona administrativamente ao concello, pero si ao bolso dos veciños.

Tendo unha experiencia política e unha clara perspectiva desta situación económica municipal non se deberían aumentar este tipo de convocatorias, porque fan que aumente o gasto. Así demóstrase que tal situación non corresponde coa realidade e os veciños deben saber como está o erario municipal. A contabilidade lévana os técnicos. Os políticos só fan gastar e cobrar. Aquí radica o problema.

Co orzamento aprobado pola corporación anterior lévase gastado en dedicacións exclusivas, en dous postos de confianza e en convocatorias de plenos, coma nunca se recorda, en tan poucos meses e faltan as miudezas, ¡que vaia se suman! Logo fálase de situación económica desastrosa.

¡Cando se vexa que nun ano racionalizáronse estas convocatorias, poderanse crer esas verbas!.

“Non estou de acordo co que vostede di, pero pelexaría para que vostede puidera dicilo”, di o pensador.

¡Somos libres!

Entroido 2008

Entroido 2008

Miña cara señora María: debe chamar á netiña para que veña gozar do carnaval. Aínda que os cigarróns fixeron acto de presenza no San Antón, os actos do Domingo Fareleiro non foron o que desexaban os membros da Comisión. Pasoulle o mesmo ao Xoves de Compadres. Moito fume, pero poucos compadres. No Domingo Corredoiro a orquestra tocou, pero ás nove e corenta só bailaban sete cativas na praza. Deberían programar horas máis axeitadas para tratar de compensar o gozado co pagado. Anos levan, polo que este desaguisado non debería suceder. Unha hora adecuada podería ser de seis a nove e trinta da noite, posto que ao día seguinte hai que traballar e as xeadas nótanse entre lusco e fusco.

Toda a enerxía se gardou para o Xoves de Comadres, así a xente queda cansa para o resto dos días de Entroido. Rompendo os días tradicionais deste tempo precoresmal incluíron o Venres de Compadreo, para tratar de gañar un día máis e entreter aos visitantes e veciños. Hai que competir con Xinzo pola duración. O eterno rival. Por días que non sexan, pero o que non contaron foi co pouco tempo que transcorreu dende os Reis, resultando que coa costa de xaneiro e con tanto festivo, entre domingos e xoves, os cartos non chegan nin ao medio do mes. Algúns ata lle botaron culpa á gripe, porque lle impediu preparar algunha carroza ou a súa vestimenta.

De todos os xeitos, algo deberían xurdir para tratar de solucionar estes problemas, para que non se repitan outros anos. Alguén debería propor que o carnaval de Verín se celebrara nun data fixa, como pode ser a primeira semana de marzo e tamén que os días festivos do medio da semana pasaran ao fin de semana. Isto axudaba ás empresas e aos estudantes.

Miña cara señora María, non debe preocuparse pola netiña, pois este ano ten servizo de autobús para viaxar dende Laza a Verín e viceversa. Bo exemplo dan as institucións con esta medida, porque están dicindo: “bebe, que conduzo por ti”.

As boas ou malas linguas din que isto foi froito dos celos, porque buscando axudas o señor alcalde de Laza para levar xente á cea gastronómica do venres de Entroido, comentou a idea do autobús, polo que lle contrarrestaron o efecto por mor das próximas eleccións xerais: Se el pon, nós tamén, pero cobrando.

Grazas aos oíntes da COPE, polos apoios recibidos. ¡Somos libres!

“Nun pobo libre, lingua e mente deben ser libres”, di o pensador.

Xoán Carlos

Miña cara señora María: ó adversario político hai que tratalo con sumo respecto. Coido que nas Cortes do Estado creouse un status para o líder da oposición, na época de D.Manuel. Non estaría de máis que o rexedor verinés se mirara nese espello e tratara á oposición co mesmo respecto, porque son representantes dos veciños o mesmo ca el, e non insultalos como aparece no xornal de hoxe.

Vostede, señora María, insiste en que “a educación mámase”, quere dicir que é no berce onde se empezan a coller bos modais. Pois ben, o rexedor verinés debería beber políticamente dos señores Baltar e Fraga, porque sempre primaron nas súas actuacións políticas o respecto ós seus adversarios. A pesar dos malos momentos polos que teñen que andar nas súas vidas políticas. Só as persoas faltas de argumentos e de recursos toman o carroucho máis curto que é o insulto.

Os veciños, señora María, desexan que a pesar da diversidade de opinións, busquen solucións para os problemas que ten a vila. Mal camiño elixe insultando, amedrentando e nesa postura de prepotente, para que os membros da oposición acouguen e arrimen o ombro, cando tanto se necesitan para o PXOM.

Hai un dito que di: ”según me trates, trátote”. Pero iso tampouco debe primar na vida municipal, aínda que o rexedor xoga a iso, porque así ten a quen botarlle a culpa da súa inoperancia, como fai sempre. A culpa é de calquera, menos del.

A señora María non desexa que tornen os tempos do señor Cid Harguindey e da señora Lovelle, cando Verín aparecía nas primeiras páxinas dos xornais provinciais, por noticias deste tipo. Non se preocupe, señora María, porque Xoán Francisco sabe templar as súas actuacións políticas, a pesar de que lle chamou novato e inexperto, ademais das de hoxe. Gasta as enerxías buscando insultos.

Verín é unha vila onde nos coñecemos todos, polo tanto cada veciño sabe moi ben quen é cadaquén, polo que Xoán Francisco non debe preocuparse ao recibir estes insultos, xa que os veciños están afeitos a oílos de cando en vez, adicados a outras persoas. Polo que coñecen ben ao insultador.

Non fuches a primeira, nin serás a última persoa que os recibiches. Outros estivemos antes, polo tanto recibímolos tamén antes.

Grazas aos oíntes da COPE, polos apoios recibidos. ¡Somos libres!

Poder absoluto

Poder absoluto

Miña cara señora María: é triste vivir nunha vila onde os esforzos institucionais consisten en silenciar á COPE, en vez de acelerar o PXOM, para manter os postos de traballo. As necesidades dos veciños non están nas diferenzas de opinión, senón que están en satisfacelas adecuadamente dende a vida municipal. E para iso non fai falta ir contra ningún medio de comunicación local, como neste caso, contra a COPE.

Na diversidade de ideas está a riqueza dunha democracia. E cantas máis opinións cheguen aos veciños, mellor informados estarán, polo que se sentirán máis libres, pero aquí é onde radica o problema: en que os veciños poidan contrastar opinións e sentirse libres para formar a súa idea dos dirixentes locais que os administran. Por iso hai que afogar esta emisora local, porque é libre e desexa que os seus oíntes teñan criterios de liberdade.

O intento de acalar non é novo en Verín. Persoalmente tiven que ser un sepulcro namentres estiven na política local. Pensei acabar no psiquiatra, por iso tomei a decisión de irme. Non podía falar con ninguén. Nin gozar dunha conversa con amigos ou con veciños. Non me podía arrimar, nin á sombra do “Toca” . Nunha palabra: non era libre para falar, nin para dar opinións.

Por certo, nunha comisión de goberno preguntei polo informe de secretaría e recibín o maior insulto da miña vida. Polo tanto todas as miñas actuacións estaban baixo sospeita. Vivía nun calvario político. Pretendían amedrentarme con reprimendas. Pero non o lograron.

Estes personaxes séntese mal porque a COPE é libre. Non sei que fan no Partido Popular. O seu lugar está neses partidos que intentan que desapareza a COPE. Calarán á COPE local, pero xurdirán outras “copes”, porque eles non representan a liberdade e menos a liberdade de expresión. As súas actuacións son impropias de demócratas e por suposto de falta de humanidade, porque xogan co pan de comer das familias que dependen desta empresa.

É triste, pero a realidade é que nas democracias haxa persoas desta calaña, amparadas por siglas de partidos políticos, que na súa esencia está a defensa dos dereitos e deberes individuais.

“O poder corrompe, o poder absoluto corrompe absolutamente”, di o pensador.

¡Somos libres!

2007

Miña cara señora María: Remata dous mil sete e todo sigue igual.

-Desculpe. Todo non sigue da mesma forma. Dúas cousas cambiaron a vida municipal.

A primeira a falta dunha solución ao impax da construción e a segunda a dos soldos dos munícipes do equipo gobernante.

É a primeira vila en cantidade asignada ás dedicacións exclusivas e parciais, polo tempo empregado no concello, polos respectivos concelleiros.

É a primeira vila que soporta os desaguisados do mandamáis en materia urbanística. É unha vila de sufridores.

É a primeira vila de promesas incumpridas e todo sigue como antes.

É a que soporta máis débeda, pero o gasto sigue a mesma marcha como se fose a máis rica.

Nunha palabra, é vila, sen vertebrar, porque calquera asociación que xurda, aparece algún “comisario” do poder municipal, para manipulala.

Promesas e promesas coma a Cidade do Motor, da BMW, do Circuito Galego de Automoción, do PXOM ou dunha transitoria que evitase os desaxustes coa nova redacción urbanística, ao ter que facer os proxectos polas normas do oitenta e seis. Seguen sendo promesas.

Están, por fin, coa explanación da futura autovía cara Portugal, para enlazar coa autoestrada, que os os veciños lusos teñen rematado, na fronteira, hai un tempo. Acórdase, señora María, de cando se falou en Verín desta construción¿ - Aló polo ano noventa e cinco prometeuse nun mitin por parte dun membro da administración central. Xa choveu|¡.

E agora séguese a escoitar a mesma cantilena: Eurorrexión, Eurocidade, Eixo Atlántico. Dous parquins. Dous polígonos industriais. Dúas Cidades do Transporte. Claro, como unha é privada a outra non vai ser. Todo, señora María, empeza por bi de dúas, pero non se ve nada.

O refrán di:-” xente nova e leña verde todo é borralleira”. -Por aí van os tiros. Os novos aínda non se decataron.

Non debe preocuparse porque acordouse con Vicepresidencia a creación dunha galescola, polo que haberá a quen colocar. Non debe despistarse e xa sabe, vaia a onde teña que ir, para que súa netiña teña un traballo preto de vostede.

Por certo, como gozou dela, neste Nadal. A rapariga medrou pero sigue coma sempre. Facía dous anos que non a tiña a seu lado, polo que tivo que estar moi atenta a calquera das súas espontáneas actuacións.

Miña cara señora María, que o ano que entra sexa algo diferente e que nos deixen de trolas e fagan realidade o que os veciños desexan.

Seguramente haberá suba de impostos municipais. Chámase IBI.

A rúa Lisa

Miña cara señora María: Debe estar contenta. Por fin colocaron bancos nas rúas.

Agora pode pasear e percorrer a vila porque ten onde descansar e así seu xeonllo practica un pouco de exercicio, para que non se atrofie máis.

Sei que vostede non está de todo leda, porque para chegar a esa rúa debe coller un taxi.

–Non debe preocuparse porque a intención é seguir sementándoos por todas as rúas, xa que os veciños necesitan deste mobiliario urbano, porque están entrados en anos, coma vostede.

Dende o Concello están por este labor e desexan facer da vila un lugar de humanidade colectiva, por iso tratan de axeitar os servizos ás necesidades.

Andan na procura de revitalizar algo que está nas últimas, pero insisten e así debe ser, para entreterse facendo algo para que non os acusen de deixados.

Seguramente que a eses bancos fáltanlle as mesas correspondentes e tamén un telladiño, tipo alpendre, para protexelos das inclemencias do tempo. Logo virá o xantar. Logo a partida e logo o xadrez. A rúa Lisa está orientada norte e o aire dá de cheo nas meixelas dos veciños que a pasan, sobre todo en época invernal. Coa calor ninguén para nela. Deben convertéla nun mercado oriental, ou senón copiar de Sevilla para o verán. Por favor, recupérena como antano.

Chocoulle ver tanto banco en tan pouco espazo. Hai tantos como na praza, a pesares de que a rúa só mide de ancha nove metros e de lonxitude algo máis de cen. Demasiadas macetas que, en conxunto, poden ser e son un estorbo nos días de afluencia de público. Retiráronas no Carnaval. Colocáronas de novo. Miúdo traballo!. Paga o pobo!.

Miña cara señora María isto vai ser unha pasarela máis ca un paseo. Pasarela de pasar como foi sempre a rúa Lisa.

Non gustou da transición da rúa cara a praza, porque habilitaron un espazo para aparcadoiro, polo que ao rematar “o paseo” encontrouse cun feixe de coches e os contedores do lixo, facendo do recuncho un lugar indecoroso. Deberían recuperar o corredor como antano.

Albiscou detalles coma que fronte de dous establecementos non colocaron ningún moble urbano e diante de dous portais colocáronos para ser retirados no momento que os inquilinos necesiten rubir algún moble ou electrodoméstico á casa.

Sucederá o mesmo ao iniciar as obras do solar aberto. Isto non debería tardar moito.

Como parte do peche colocáronlle os contedores do lixo. A isto chámanlle decorar a vila.

- Diante do vao do Hotel Aurora ubicaran un banco! Tainas foi presentar súa queixa. Coa retirada do mobiliario, no Carnaval, axeitáronlla

A señora María non sabe o que fixeron os propietarios dos comercios para non ter fronte a eles o mobiliario, pero se se chega decatar si que bota unha gargallada que a oen en Chaves.

De todas as formas aínda hai algún problema máis, porque a rúa Lisa foi das primeiras que colocaron o parquímetro, polo que

a empresa concesionaria ten algo que dicir na futura peonalización.

Pode que os comerciantes correspondentes soliciten unha rebaixa ou a anulación da taxa de escaparates, polo estorbo das macetas, polo que principiamos un ano novo con reclamacións.

Noraboa a todas as persoas que escoitan a Cope e que o aninovo veña cheo de agasallos que satisfagan as súas inquedanzas.

Susana

Miña cara Susana: Nacida fóra de Verín e pronto te deches conta de quen é cadaquén na política local verinesa.

Os apelativos que describes na túa crónica semanal están a ben de analizar e describir a quen sempre nas ondas practica a falta de respecto.

Soubeches buscar e darlle contido as verbas que corresponden a vida pública da vila.

Non che fixo falta ser amiga dos cultivadores políticos, nin beber nas tertulias de bares, nin dos parques, para cualificar, desa maneira tan certa, a quen dirixen a vida municipal.

Sen te perder polas cloacas políticas locais defines os comportamentos municipais como se foras un membro da Corporación Municipal, para dar a coñecer a túa impresión sobre os personaxes que administran a vida pública. E para iso, recorres a uns simples apelativos que definen axeitadamente cada edil.

Débeste por en contacto co Xerardo, porque lle faltarán estes apodos, para telos no seu álbum. Seguramente que non chos quere tal e como os tes ti, porque a cada alcume tenlle o nome da persoa a quen pertence.

Sabes que ten recollido máis de mil, só na vila de Verín. Porase moi contento cando reciba a túa misiva con este contido, porque leva tempo sen aumentar súa lista.

Deste xeito debes aproveitar a ocasión para que che ensine o álbum orixinal. Cada mote teno co seu nome correspondente, explicando o significado e por que llo puxeron a cada persoa.

É moi reservado, con estas cousas, polo que debes ir con moito coidado, para que acepte a túa proposta, pero non lle pidas que chos deixe fotocopiar, porque estragas a ocasión de ver unha especie de papiro con notas arredor de cada sobrenome.

De todas formas espremiches moito as verbas para acusar aos personaxes, desexando buscar unha significación que fora asequible aos lectores da crónica xornalista. Xogaches coas palabras para dar corpo a túa definición do sentir popular, por iso rebuscaches cualificativos que serviran teu maxín.

Seguramente que os lectores recolleron ben a túa intención, polo que pasaron uns momentos divertidos coa lectura.

Desexo verte para que me expliques iso do “sobatetas”, para ter clara a definición que lle dás. A que máis me gustou foi a de “palanganero”, porque vivín esa situación non hai moitos meses.

Pero a de “llorones” presencieina perante oito anos. A de “silente” é unha obrigación submisa con posible perda da personalidade, senón tes que marchar.

Miña cara Susana, grazas por entender este pobo en tan pouco tempo. A non ser que estes personaxes estean espallados por toda a xeografía galaica.

O sapo

Miña cara señora María: Menudo esforzo tivo que facer co seu xeonllo para chegar ata O Sapo!

Desexaba corroborar o que o veciño lle decía das obras que están a facer no prado, adquirido polo Concello, no seu día, aos propietarios de Queirugás.

A señora María non se percataba de que o veciño estaba metido na mencionada familia, de aí que sentía simpatías polas obras e tamén de que,como natural da Rasela, tiña que orgullecerse daquel acondicionamento, posto que sempre que viña de vacacións, encontraba a mesma diatriba de comentarios, pero ninguén facía nada por arranxar aquela fonte, para atraer augüistas, polo que se sentía contento.

Costar íalle costar chegar ata aló. Arrancou, olvidándose do xeonllo e paseniñamente rubía pola estrada de Castela ata que atopou a primeira cadeira. Sentouse e diulle un descanso a todo seu corpo. Levaba tempo sen saír, posto que as tardes son moi curtas e o frío aumenta as dores da perna.Catro paradas máis e ten frente de si a pradería toda “bonita”. ¡Tiña razón o veciño!

Ao pouco tempo de observar a obra chega a primeira persoa, que necesita ou busca o remedio na auga, para curar a súa enfermidade.

A señora María non ve nada diferente. Todo segue igual. -Colle a auga na botella, que leva, e ponse perante á fonte a lavarse, como se fixo sempre. Regresou a casa e chamou ao veciño, decíndolle que o que máis lle gustara fora o aparcadoiro dos coches e o muro ao longo do camiño, a pé das arbres. –Por certo, non protexe á fonte nin ao prado das crecidas do regato! Non ten funcionalidade algunha. Os sendeiros serpenteantes do prado están a gusto dos moteiros.

Olvidáronse de darlle servizo aos que necesitan da auga para curar. Aos que van por necesidade e teñen fe na fonte.

¡Moitos cartos para seguir todo igual! ¡Só máis curioso e ”bonito”!

Non foron capaces de facer un par de pozas estilo Ourense, para poder lavar os pés ou calquera parte do corpo que a xentiña desexa curar, dille a señora María, a seu veciño. Máis aínda, certos lavatorios débense facer nun recuncho máis axeitado. Simple e llanamente por sanidade e por estética.

Indicándolle tamén que por alí só pode circular un coche en ambos sentidos, sen deixar zonas nas que apartar para poder pasar
adecuadamente. O mesmo que o adoquinado do camiño rural, por onde ten que pasar a maquinaria agrícola en tempo de traballo e recolección.

Puideron aproveitar os cinco metros de servidume do regato e facer por alí o paseo ata a pradería, deixando o camiño liberado para o servizo das leiras e separar aos paseantes e visitantes.

Esperemos que unha treboada na zona non encha de terra todo o camiño, como sucederá.

Algo de culpa ten vostede señora María, por non preocuparse de facer alegacións aos proxectos cando se expoñen no concello.

Para iso están os políticos locais, pois a min non me chega esa información a tempo.

A culebra

Seguramente que a señora María aínda se acorda daquela culebra, que oteando dende o mirador do cruce de Sousas, foi cheirar as viandas que enchían aquel galiñeiro aló polo mes de setembro, despois da conmemoración correspondente ó ano en curso.

Aquela culebra está despertando do letargo político e ponse a divagar conxeturas que nin ela mesma as cre. Chama a casas de veciños para comunicarlle que seu irmán debe estar con el e debe ir na súa lista das municipais, sen saber o interesado nada e menos quen escoita.

Explícame a señora María que algún favorciño debeu facer e agora quéreo cobrar na política. Pero o mellor do caso é que tamén llo comunica ós seus superiores, afirmanndo que tódolos veciños están arroupándoo de cara as vindeiras eleccións locais.

Nembargantes hai que desenmascarar esta culebra. Quitala do seu letargo invernal para que todos saiban que clase de animal é. Foille ben, polo que non lle importa os resultados da marca que representa, o que lle importa é seu bandullo. Por certo nestas datas hai que probalo para ver ó gusto que ten. Debe ter moito coidado señora María, pois a grasa a vostede non lle vai ben. Dentro duns días ten que ir a revisión e o doutor débea encontrar ben.

Quere presidir a candidatura e deséxaa con toda a alma, pois considera imprescindible ter veciños que a veneren, pois polo contrario non se sinte realizada. Haberá que recurrir a mitoloxía exipcia para ver que deus é o que lle corresponde para levarlle agasallos e facerlle sacrificios. Aínda lle resta por facer o seu panteón ou pirámide con todos os enseres para mantelo na eternidade, porque ten que permanecer incólume para os futuros arqueólogos teñan que estudar nela a clase de animal e forma de vivir.

Dende hoxe ata maio a moitas portas chamará, facendo moito dano, sore todo naqueles veciños que non queren complicacións políticas, polo que aportará sinsabores a moitas familias, creando refeitas e malos momentos, por mor de non querer lesionar a ninguén.

Tallón

Meu caro Tallón: Nado en Vilardevós, eres un producto máis desa terra que tantos eruditos lanzou ao mundo da cultura.

Hai que lembrarse de Eloi Luis André, Silvio Santiago, Jacinto Santiago, Manuel Núñez e Angel Barja.

Eres xermen da sementeira destes antergos que souberon colocar o gran axeitado para que persoas coma ti soubérandes beber nas fontes que eles escarvaron.

Non podía ser máis. Medraches ao carón das Penas Libres, para ser tamén libre e seguir os pasos de autores que están en “Varones Ilustres de la Comarca Verinense” de Taboada Chivite.

Pasaches polo Colexio dos Padres Mercedarios de Verín e creciches cosas influencias dos cultivadores relixiosos que souberon pulirte para por en ti as bases adecuadas que algún día te levarán a estar no cadro de autores desa terra.

Seguramente nos bares do teu pobo practicarás o que oirías de D.Eloy Luis André e do poeta D. Manuel Núñez, cando se encontraban de vacacións nos veráns. Exercían de intelectuais en calquera recuncho e o novel André sostía as súas posturas e a súa opinión en contra do poeta provocando unha división entre os paisanos coma se se tratara de loitas de galos. –Rivalidade aldeana, chámalle Taboada Chivite, a estas discusións que non escapan nin aos intelectuais, destacando a erudición de D. Eloy Luis André e o lirismo de D. Manuel Núñez.

Aínda que te adicas a ecribir textos que outros len , debes seguir na línea da publicación semanal. Non te deixes dominar, nin sexas escravo do poder.

Sabes que ninguén é profeta na súa terra. Non podías ser excepción por iso non estás no tríptico publicitario das “xornadas da raia”, que se celebraron hai pouco no teu pobo. Pero si o poeta premio Cervantes 2006.

Aínda non saben de ti, nin queren saber que existes, porque te colocaches no outro lado, cando pertences a ese bando. Espallas o

nome de Vilardevós por doquier, dándoo a coñecer, para que saiban que esta terra dura tamén dá froitos apetitosos cheos de cultura.

Noraboa por este segundo libro titulado:”A autopsia da novela”. Tamén polos premios que tes acadado en diferentes certames.

A novela que escomenza coas pautas clásicas da literatura negra, rapidamente toma unha trama narrativa na que ponderas a evolución psicolóxica das personaxes sobre a trama. Co típico trazado dunha novela negra rompes cos clásicos costumes para meterte de cheo nos problemas internos deles. É decir, o drama interno das personaxes pode coa estructura do xénero negro. Destripas a novela para ver a dialéctica da escritura.

Grazas pola dedicatoria. Síntome orgulloso de ter un exalumno recoñecido coma ti.

Peregrinatio

Meu caro Pepe: Peregrinatio é unha novela que trata da purificación da vida do seu protagonista ao longo do camiño que debe facer e fai a Santiago de Compostela.

Sería interesante que antes de emprender a túa peregrinación, coma do luns, que leras este libro.

A peregrinación do protagonista é detallada nunha misiva que seu pai manda á corte de Barcelona para que abandone a vida especulativa e vividora que leva e se puirfique ao longo do camiño nos lugares que lle popón, para ser membro da orde militar.

Voso camiño, meu caro Pepe non foi de purificación. Voso camiño foi para que deran solución ao impax constructivo que ten paralizado á vila de Verín.

Seguramente que o documento que puxestes nas dependencias da Xunta non recollía as líneas marcadas por Iacobus, polo que non lle deron o visto bo.

O caso é que o Concello ten un “Iacobus”, que leva tempo decindo e propondo a solución transitoria, pero daquela mandárono ao cuchitril e agora téñeno no olvido.

Ti, meu caro Pepe, non che fai falta peregrinar, porque viviches na túa pel situacións de sufrimento coma a de derruir parte do construído no edificio do camiño vello de Sousas. Por certo, na comitiva ía tamén quen firmou o decreto de derrumbamento. Alí quedou o recuncho latrinario para os usuarios nocturnos.

Non debes, nin debiches rodearte de “Marios de Feira”, nin de embaucadores interesados, porque non te levan polos santos lugares do bo camiño, buscando a túa salvación. E iso que o camiño coñéceo ben. Só busca a súa.

Direiche meu caro Pepe que o campo de estrelas ao que peregrinaches está noutra dirección, pero a túa confianza fixo que creras nesas verbas e así encontraches o lugar descomposto para a túa salvación e a do resto dos constructores verineses.

Necesitabas oír o que oíches naquela oficina, aínda que ti xa sospeitabas algo, pero quixeches que che confirmaran a situación instancias superiores.

A resposta que sabías foi confirmada: -Aprobe dunha vez e rapidamente o PXOM e traiga o que fai uns meses se lle dixo que trouxera e non esta transitora. Tome o que teña que tomar das normas do 86 e deixe de facer un mini-plan do 98 que non é admisible.

A túa peregrinación non recibiu unha bendición. É normal tes que pensar que alí moran outros. Teñen outra cor polo que as portas ábrense, pero deixan entrar só o que eles queren. Os lugares do camiño polos que pasaches non foron axeitados para a túa purificación e iso que hai que pagar doce mil euros pola misiva que levastes.

A rúa Galicia

Miña cara rúa Galicia: Encherónte de cabeciñas ou de cabezóns.

Non te debes preocupar porque o que hoxe parece horrible, mañá parecerá máis “bonito”.

Os amantes dos graffitis farán delas unhas obras escultóricas, calquera día, e así cambiará a túa fisonomía.

É innecesario ter polas rúas representacións deste tipo, porque recordan a personaxes que desexan perdurar. Cadaquén quere facer o seu pobo a súa imaxen e semellanza. Non faltaría máis. Verín non pode nin debe faltar a esta cita.

Non convencen aos veciños da súa utilidade, porque os servidores desta rúa son conductores de un ou dous minutos. Tempo máis que adecuado para realizar os recados no centro da vila.

Estabas, miña cara rúa Galicia, ao servizo daqueles que descubriron en ti o recuncho axeitado para deixar o utilitario e situarse no corazón verinés, namentras facían as súas xestións comerciais.

Aquela virtude que tiñas para os conductores que se aproveitaban da túa ubicación e non ter que ir ao parkin, agora encóntranse sen ese lugar no que aparcar seu coche, convertíndote nun entramado máis de despropósitos de cara tratar á xente que desexa visitar a vila e facer as súas compras, como comentaba un empresario da hostelería, non moi lonxano.

Ti, colocada no centro da vila. Ti, que eras o descanso do habilidoso, abandonas, por imperativo municipal, o teu acougo para convertirte nun paso obrigado sen poderte aproveitar.

Co fácil que sería regularizarte coma as demáis rúas, quixeron facer de ti un exemplo de como se impide aparcar sen vixilancia e sen parkímetro.

Deste xeito sínteste diferente e ata celosa. Normal, tes que ser imaxen do teu dono. Porque ti fuches sempre diferente, ata tal punto, que houbo un tempo en que te quixeron pechar cun muro e moitos usuarios foron desprazados polo teu uso privativo.

Pobre cara rúa Galicia, puxéronche un nome grande, para que tiveras grandeza polo curta e estreita que eres e agora aínda te achicaron máis con este mobiliario urbano.

Fixeron de ti a incomodidade para os teus moradores, porque os “pivotes” impiden a normalidade de levar unhas simples bolsas da compra. Non queren que sexas cómplice da conversa dos teus usuarios, por iso non se pode ir á par polas túas beirarrúas. Ata che botarán a culpa de ser causante do desgaste das cadeiras pola forma que obrigas a andar, tendo que erguir un ombro máis co outro para non rozar coas bolsas nas “cabeciñas”.

Co “bonito” que serías peatonal¡ Agora é moda verinesa, aínda que sexa mínima e tardía.

Nembargantes miña cara rúa Lisa dás a entender que segues como rúa privada, polo uso que fai de ti certo automóvil, a certas horas, que non é privado.

 

 

 

 

 

Pancho

Meu caro Pancho: baixaches da aldea e establecícheste na vila. A isto, nestes e naqueles tempos, non lle chaman emigración, nin inmigración, porque a distancia das localidades é moi curta. Pero os que tivemos que abandonar a casa paterna choramos moitas veces baixo as sábanas, a pesares da reducida lonxitude.

Empezaches moi novo no oficio e fuxes medrando pouco a pouco, a pesares do atrancos. Fixeches os teus "pinitos" de aprendiz, como daquela, e covertícheste nun empresario-promotor da construcción, fóra do teu Concello. Nembargantes, fuches un produto máis da emigración, aínda que só botaches tres anos aló na Suiza.

Nestes intres estás ben situado, pero as circunstancias polas que pasa o sector son para sortear eses problemas alleos ó desenvolvemento normal da túa actividade.

Ten razón o teu presidente ó afirmar que non sabe a quen crer. Convócano a unha reunión e ós vinte minutos é chamado para outra. Non dá feito. Non sabe a quen atender. Só desexa que se faciliten as licencias dende o concello, aínda que sexan noutra zona.

Algo de culpa tamén ten, polo que debe asumir a súa responsabilidade ó non crer nas verbas da anterior corporación, porque pasan os días é estase na mesma situación de impax. Montou aquela ”marcha verde empresarial” en plena campaña electoral, e agora está cobrando coas mesmas moedas. Deixouse convencer doutras promesas, polo que non debe piar moito, xa que foi o que sementou.

Unha asociación debe ser autónoma e independente. Os seus intereses non deben supeditarse ó político de turno, para ter a libertade de poder facer propostas que defendan o sector, e así os postos de traballo correspondentes. Pola contra, estase a xogar coa comida de moitas familias por estar baixo interes políticos que camiñan noutra dirección.

Meu caro Pancho: cando hai vontade e xestión política non fan falta reunións nin acusacións sen contrastar, porque sábese o que necesita o sector e a vila. A transitoria non é solución para ninguén. Nin a Xunta debe entrar neste xogo, porque sería favorecer só a uns poucos.

Estase a pasar o tempo con estas posibles solucións, cando o que se debeu aprobar, neste último pleno, foi unha partida económica para negociar co equipo redactor un urxente remate do PXOM.

E non poden decir que non hai cartos, porque se xuntan o que cobran os concelleiros, máis os que se van pagar pola redacción desa transitoria, a cantidade é intersante para ofertar un acortamento de tempo, que é do que se trata.

¡Non vai pasar que, tramitada a transitoria, entreguen no Concello as carpetas do PXOM!

Alberto

Meu caro Alberto: tratas de que a xustiza repoña o teu bo nome, a túa boa fe, a túa boa honra, o teu bo honor.

Só unha cousa. Na vila todo o mundo se coñece, aínda que haxa veciños que miren para outro lado. Todos sabemos quen é cada quen, polo tanto non debes tomar a cousa tan en serio. A vida pon a cada un no seu sitio, e Deus colócanos a todos.

A falta de educación perante os anos que estiven na política local é o que máis lembro. Ti non fuches o primeiro. Nin eu tampouco, e iso que ti fuches testemuña daquel insulto que recibín naquela Comisión de Goberno, por solicitar un simple informe de secretaría para poder votar aquela licencia do lavadoiro de coches de Queizás. Por certo, as condicións polas que se concedeu, aínda hoxe, non se cumpren.

Era o ano 1989 e presidía a corporación o señor Cid Harguindey. Na oposición estaba ADEI, Agrupación de Electores Independentes de Verín.

O señor alcalde deu orden de cumprir unha ordenanza municipal na que se estipulaba unha tasa de vintecinco ou trinta pesetas por cada escrito que se rexistaba nas dependencias municipais.

ADEI considerou que iso era pór atrancos ó desenvolvemento normal da vida municipal da oposición, polo que levou ós tribunais ó señor alcalde.

Todos os veciños saben que o señor Cid Harguindey foi retirado da política local perante dez anos por este “simple” feito.

Este acto político foi produto da soberbia naquel entonces, e podése afirmar aínda máis: de chulería.

Meu caro Alberto, non hai moito tempo o señor Cid Harguindey contestaba na prensa respecto do “mandamáis” actual dicindo: “Quiere colar las mociones sin presentarlas en tiempo y forma evitando los informes técnicos. Pero yo tengo más experiencia que él, pues cuando hizo la primera comunión yo ya tenía novia. A mi no me las cuela”.

Estas declaracións, que son máis respetuosas que as que recibiches ti, están na onda do “mestre” e do “discípulo”, pero evidencian a maneira de vivir a política local.

Por iso os insultos que che dedicou o “mandamáis” actual públicamente nos medios de comunicación, deben ser tidos en conta á hora de analizar a túa denuncia. Que, por certo, volve ser ADEI a que leva ós tribunais de xustiza ó actual rexidor.

A comparación dos feitos é que son alcaldes, e a denuncia é presentada por concelleiros de ADEI, estando na oposición, pero aquel foi un acto administrativo e agora foron un sen fin de insultos persoais fóra das dependencias municipais, produto tamén da soberbia.

Os insultos, meu caro Alberto, só veñen de persoas acomplexadas e con falta de recursos, polo que non debes porte á altura delas. Non soporta, nin admite, que montaras unha plataforma de cidadáns independentes, aínda beneficiándose políticamente.

O refrán di: ”pola boca morre o peixe”. Esperemos que a xustiza restitúa o teu honor.

Débeslle regalar un texto de “Educación para la ciudadanía”. De tódalas formas, a educación “mámase”.

Irmandiños

Irmandiños Meu caro Lete: un ano máis para romperche a tranquilidade no Castelo.

Os “irmandiños” acudiron chamados pola administración para desenvolver un xogo de “rol” na acrópolis. Os estrépitos entorpeceron a sesta e as noites do Manoliño. O Bento non puido dormir ningún día e a Conchita tamén se sumou á queixa.

Voceríos, gritos e insultos para encararse e quentar o ambiente entre ámbolas contiendas, tratando de conquistar o que noutra época non pudieron. Aínda así, só se escoitaban eles e os poucos seguidores deste tipo de xogos, porque daquela, apareceran nos xornais, non por moi educativos.

A falta de propaganda para visitar este acontecemento que sucedeu perante tres días en todo o monte da acrópolis fixo que non houbera espectadores, para aclamar aos vencedores en cada revolta.

Tal vez haberá que popularizar o xogo para que sexa un reclamo turístico para a bisbarra. De tódalas formas, algo leva consigo, porque é a segunda edición e aínda non caíu, como lle sucedeu a tódalas festas que se teñen programado.

Un ingrediente novo, como foi a visita guiada, xa é algo de apertura cara a xente, en contra dos puristas do xogo, pero os veciños tamén desexan que ademáis de divertirse os participantes, sexa algo que lle dé vida esta bisbarra.

Nembargantes, meu caro Lete, engadiron un aspecto máis ás túas explicacións ciceronianas, e non te trabucarás cando te poñas diante dos visitantes, xa que alguén preguntará pola revolta irmandiña. Deberás porte ó día estudando a historia de Galicia.

 

 

Dominaches de pe a pa a vida dos Condes ligada ao castelo de Monterrei, e agora tratan de que remates a túa andaina dando leccións de historia de Galicia.

Agora, que estás a punto de xubilarte, aparécenche con estas monsergas e ti, meu caro Lete, o que necesitas é que che fagan caso, sobre todo cando mandas esas misivas reclamando gardas para protexer a acrópolis de desaprensivos, como sucedía con aqueles que rubían as súas motos por enriba das murallas, ou aqueles que rompen os proxectores que iluminan pola noite tódolos edificios.

Debes dirixirte ós responsables da organización para que ó longo dos rueiros coloquen non só caixas con botellas de auga, senón tamén os correspondentes contenedores para que os “loitadores” non espallen os envases por doquier. Deste xeito, aforraríanlle traballo ós membros de Protección Civil e o xogo sería máis didáctico.

Meu caro Lete, de tódalas formas cos irmandiños entendícheste mellor que cos “malfeitores” e iso que non colocaron palco para sentarse os políticos, que por unha vez, estiveron a ras do reducido público. Non era dos teus.

Soldos

Miña cara señora María: unha vez máis estamos diante dos micros para comentar feitos, historias, costumes ou vicios da bisbarra a través das ondas da COPE, que tan ben nos acolle.

Como vostede sabe, os oíntes son moitos e espallados pola xeografía tanto galaica como lusa. Ata as terras de Braganza, de Vilarreal e polo Lindoso os oíntes desta emisora escoitan a cotío cada unha das novas que saen ó espazo.

Diante dos micros intentamos ver as cousas dende outro punto de vista, para que os afeccionados ás ondas teñan máis perspectivas coas que crear tertulias e entablar coloquios, dando opinións que logo poden introducilas nese “buzón” colocado nas dependencias municipais, para que algunha poda realizarse por parte de quen suxeriu a idea.

Miña cara señora María: que non lle suceda o mesmo que ó buzón do 95. Son as primeiras medidas para impresionar e darse a coñecer e que cambiou o equipo de goberno. Logo convértese todo nunha aburrida rutina e esfúmase coma tódalas promesas electorais.

Sei que non disfrutou da presencia da súa querida netiña neste verán. Nembargantes, estivo moi arroupada por tódolos seus. O seu pai comentou que debe asegurar o posto de traballo. Xa terá ocasións e tempo para vir.

Coido que debeu aproveitar o tempo de eleccións para colocala na lista do partido, e logo a vivir, que son tres días.

O bonito do caso é que ninguén é obrigado a presentarse, senón que cho propoñen e aceptas porque cho envolven coa parte máis bonita, de aí que non rexeitas a oferta.

A súa neta é disposta, resolutiva, moi comunicativa e ten “título”. Daría unha boa concelleira e sobre todo con esas pagas, que algunha delas resulta ser das mellores de todo o estado.

Un exconcelleiro tivo a ben de visitarme nun lugar inapropiado, para comentarme que se sentía denigrado polos soldos actuais, cando na súa lexislatura traballaran a reo e ninguén cobrara. Perdón, cobraba o de sempre, aínda que a veces saía nos xornais o contrario.

Ese pensamento, señora María, pasara polo meu maxín, polo que xa somos dous exconcelleiros que sentimos o mesmo. Outros fixeron comentarios que tamén ían nesa mesma línea.

Non se debe despistar para as próximas eleccións municipais e así terá sempre preto de vostede a netiña, e con eses soldos aínda mellor. Sobre todo se consegue o da media xornada, que é o mellor. Porque así ten máis tempo para disfrutar dela.

Participou da novena da Virxen da Merced e intentou coller un caravel daqueles que adornaban a carroza. O seu xeonllo non llo permitíu, pero un alma solidaria, vendo a súa intención, prestouse rápidamente a conseguir un para satisfacela.

¡Canto ten que interceder a Virxen da Merced para que algún gañe o ceo!

 

Mateo

Mateo

Meu caro Mateo: fuches ubicar a túa casa no mirador máis axeitado do pobo. No recuncho do monte onde as pedras son rochas de afiar. Por iso abasteces a tódolos amigos e veciños coas lousas que arrancas cando a auga deixa de manar.

Claro que estás preto do monte, por iso tiveches o problema co lume. Agora estando desértico durmes tranquilo, pero aqueles apuros ninguén chos sacou da alma. Pasará medio século ata que as árbores que están a repoboar sexan grandes, e volverán ter o mesmo destino: ser pasto dos incendiarios. O único problema é que non volverás durmir a sesta baixo ningún deles.

As pistas da concentración parcelaria deslindaron ben a túa casa, facendo de cortalumes, en caso de perigo. Nembargantes, a túa vida sempre estivo chea de sorpresas, porque o contrabando, o teu medio de vida, foi quen te mantivo fixo na raia.
A política nunca che interesou, porque, segundo ti, votaches sempre para o alcalde. Representas o típico personaxe que vas cos da feira e vés cos do mercado.
Agora, xubilado, tes máis tempo para falar cos veciños dos problemas cotiáns e, cómo non, tamén do concello, porque é a administración que está máis preto de ti.

O domingo pasado, ó saír da misa, observei cómo participabas na tertulia veciñal defendendo as verbas que oiras na radio, pero os teus contertulianos desdecíante.
Ti defendías a colaboración solicitada no discurso de investidura, porque a democracia é diálogo, chegar a acordos e, sobre todo, transparencia. A isto contestáronche que colaborar é participar en tódolos actos municipais.

Estes días celebrouse unha reunión no concello cos artífices da “marcha verde municipal”, en plena campaña electoral, para aupalo de novo á alcaldía, para falar do futuro PXOM, e tampouco foron convocados os concelleiros da oposición. Asimesmo na homenaxe ó Verín Fútbol Clube.

Por iso, meu caro Mateo, os teus veciños recriminábanche o da transparencia ou colaboración co equipo gobernante por mor da incongruencia política.
Se na vida cotián recolles según sementas, na política non vas esperar menos, sobre todo, estando nesta situación de arrogancia.

Alguén, perante a reunión, despois do éxito da manifestación en plena campaña, propuso ir a Santiago, como se aquilo fose unha festa.
Debe estar facendo méritos para conseguir dúas cousas: unha, recoller todas as súas propiedades no futuro plan urbano, e outra, entrar na lista do partido para conseguir o mesmo fin.

Estes son os nosos "polítiquillos", e seguiremos votándoos.

Verino

Verino Meu caro Verino: o teu artigo nun xornal de ámbito estatal, dando unha visión diferente de cómo se deben administrar os erarios públicos dun concello, demostra a túa visión de xestión dunha gran empresa como a que dirixes.

Seguro que a señora María non te leu, porque a súa filla só lle leva os xornais da comunidade autónoma pola tardiña, entre lusco e fusco, cando xa está cansa de escoitar a radio. Ademais ,se non baixa dar unha volta, séntese moi incómoda co seu xeonllo e trata de meterse pronto na cama.

Polo telefóno, coméntolle que tes outra maneira de ver as cousas. De forma sinxela e directa, non andas a rebuscar ideas, que lexislatura tras lexislatura outros prometen pero que nunca executan, porque lles falta financiación, sobre todo se o goberno local non é da mesna corrente ideolóxica que o da Autonomía ou do Goberno Central.
Chama moito a atención que, nunhas pinceladas literarias, expoñas un simple programa de goberno, dándolle outra dimensión a este concello, aínda que misturas territorios, porque estás por enriba de localismos, xa que o teu mundo non ten lindes, porque te moves na aldea global.

Esa experiencia de empresario-deseñador colócate nun ángulo distinto, para ver outra vila con ingredientes diferentes que a poden proxectar cara un futuro posible, que dende o Concello nunca se pararon a pensar.

Nembargantes, a túa aseveración sobre Tirso de Molina, colocándoo en Monterrei coa súa obra literaria “O burlador de Sevilla”, fai que o teu maxín fabule tamén sobre a bisbarra, dándolle unha dimensión que sexa capaz de atraer foráneos buscando este recuncho xeográfico. Como maestro do deseño permíteste figuras que os demais non poden manifestar.

Persoas coma ti deberían prestar ou exercer de asesores aos rexidores dos concellos, ou formar parte de comisións veciñais con persoas de idade e ricas en experiencias para consultas, unhas ou dúas veces por ano.

As túas xuntanzas de empresarios ou de xornalistas, que ano tras ano realizas en Monterrei, proxectan esta bisbarra cara ao exterior. Sendo prácticas que outros colectivos locais deberían seguir, para darlle máis impulso a esta terra.

Partes de realidades que ás veces dende o sillón hai que plantexar, por non ser reclamo dos veciños, aos que hai que satisfacer de inmediato, xa que son os que mandan, porque emiten o voto que manteñen a un alcalde.

Namentras a política sexa así, meu caro Verino, non hai programa que se leve a cabo, porque se está sempre na dúbida, nin orzamento que aguante. Rómpese con todo e séguese o que a realidade máis preta te condiciona. É triste decilo, pero os "politiquillos" seguen estos pasos, sobre todo cando non teñen claro o que queren para o seu concello.

Non te das conta que non hai Parque Empresarial completo, e agora imos ter dous. Cando estamos rodeados do de Cualedro, do de Monterrei, do de Oimbra, do de Vilardevós, do de Castrelo do Val, do de Riós e do de Chaves... ¿Somos serios? Este minifundismo non se debería permitir.